Laura Martínez Educadora&Terapeuta DMT

Laura Martínez Educadora&Terapeuta DMT Talleres*Vivencias*Crecemento Persoal
DANZA MOVEMENTO TERAPIA_EDUCACIÓN_BODYFULNESS
Adult@s*Familias

Traballo da man da Educación Social e a Danza Movemento Terapia (DMT) promovendo a presenza do corpo nos procesos educativos, preventivos, terapéuticos e de crecemento persoal. Descubre a DMT, unha ferramenta cun gran potencial transformador, para conectar co noso interior e axudarnos a exteriorizar vivencias, necesidades, emocións...unha terapia creativa que usa como medio o movemento dentro dun proceso que persegue a integración psicofísica, estimulando as conexións entre psique e soma, como camiño para o autocoñecemento e o crecemento persoal, coa fin de acadar o benestar psico-fisico, emocional e social. Baséase na conexión corpo-mente, traballa co movemento e a emoción, o corpo e a súa propia linguaxe, fundamentándose na comunicación non verbal, nos procesos creativos, na psicoloxía do desenvolvemento, e os sistemas de análise do movemento.

Decembro en familia🥰
08/12/2025

Decembro en familia🥰







Outono Apachu🍂🪵🍁🌳🌬️🌧️☀️🌈! Grazas familias🥰!No niño, no bosque, no regato, no camiño... coas árbores, as castañas, as fol...
03/12/2025

Outono Apachu🍂🪵🍁🌳🌬️🌧️☀️🌈! Grazas familias🥰!
No niño, no bosque, no regato, no camiño... coas árbores, as castañas, as follas ou as cabazas... ulindo, escoitando, cantando, sentindo, explorando, xogando...
Vémonos en .educacion

Inmersión na natureza para familias 0-3 anos.

Grupo aberto os Martes de 10:30h a 12:30h.
Info e inscrición: apachu@amadahi.com

Grazas a todas por escoitar, colaborar e aportar tanta enerxía, liberdade e ganas de explorar, por compartir as vosas ex...
27/11/2025

Grazas a todas por escoitar, colaborar e aportar tanta enerxía, liberdade e ganas de explorar, por compartir as vosas experiencias e pensamentos, por transmitir a vosa sabedoría💜

Moi agradecida por guiar este ciclo de sesións: "Círculo de Mulleres: Corpo e Mente", dentro do programa de promoción da saúde dos Servizos Sociais do Concello de Vilarmaior.

Agradecida a todas as familias participantes!Grazas BAO: Biblioteca e arquivo municipais de Ortigueira pola vosa acollid...
20/11/2025

Agradecida a todas as familias participantes!
Grazas BAO: Biblioteca e arquivo municipais de Ortigueira pola vosa acollida!

́nsocial ́n

Un tempiño para nós, para escoitarnos e conectar co noso interior, integrando corpo e mente. Vémonos na noite do venres ...
12/11/2025

Un tempiño para nós, para escoitarnos e conectar co noso interior, integrando corpo e mente. Vémonos na noite do venres no Ágora grazas ó programa Nocturnia Concello da Coruña !

Novembro🍂...Vémonos🥰!
04/11/2025

Novembro🍂...Vémonos🥰!

Un espazo seguro de autocoidado e  autocoñecemento para todas as mulleres sen necesidade de experiencia previa. A través...
20/10/2025

Un espazo seguro de autocoidado e autocoñecemento para todas as mulleres sen necesidade de experiencia previa.
A través das catro sesións exploraremos diferentes técnicas e dinámicas coa fin de conectar corpo e mente mediante a respiración, a consciencia corporal e o movemento.
Xuntanzas onde escoitar o noso interior, expresarnos, mostrarnos, dialogar, compartir e enchernos de boa enerxía.

Recoméndase traer roupa cómoda, esteira (se tes), e pequeno coxín.

Grazas ós Servizos Sociais do Concello de Vilarmaior.

Un obradoiro en familia para explorar, identificar e compartir sensacións a través do corpo, o movemento, a danza e a re...
12/10/2025

Un obradoiro en familia para explorar, identificar e compartir sensacións a través do corpo, o movemento, a danza e a respiración, con técnicas e dinámicas acompañadas pola música, a pintura e diversos materiais que nos axudarán a expresarnos, conectar, divertirnos en familia e atopar camiños e ferramentas para comezar a xestionar as nosas emocións💫
👁️Prazas limitadas!

Necesaria INSCRICIÓN PREVIA en:
https://carballo.gal/evento/de-landras-a-carballos-emocions-en-movemento-con-laura-martinez-rey/?fbclid=IwdGRjcANXialjbGNrA1eJSmV4dG4DYWVtAjExAAEeONlHikSx-7FTGxmZMN6WWcKa_LMcMkU0TX2jUBW_nK9ls56-CeV8IA8BwsU_aem_gzANpTeot6nOEIQF-Cm_UQ

Dentro do Programa "De landras a carballos", por unha crianza positiva, igualitaria e libre de violencias do Concello de Carballo, promovendo o galego como lingua de relación, expresión e afecto

Este venres 17/10 vémonos compartindo en familia taller "EMOCIÓNS EN MOVEMENTO""Un obradoiro en familia para explorar, i...
11/10/2025

Este venres 17/10 vémonos compartindo en familia taller "EMOCIÓNS EN MOVEMENTO"
"Un obradoiro en familia para explorar, identificar e compartir sensacións a través do corpo, o movemento, a danza e a respiración, con técnicas e dinámicas acompañadas pola música, a pintura e diversos materiais que nos axudarán a expresarnos, conectar, divertirnos en familia e atopar camiños para comezar a xestionar as nosas emocións".

Inscrición carballo.gal


As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística continúan a traballar en diferentes iniciativas coas que queremos contribuír á crianza positiva, igualitaria e libre de violencias, empregando o galego como lingua de relación, expresión e afecto. Froito desa colaboración xorde "De landras a carballos", un proxecto de sensibilización e acompañamento ás familias que reúne diversas propostas lúdicas pensadas para favorecer o crecemento persoal e comunitario desde o respecto, a empatía e a igualdade.

Neste último trimestre do ano imos desenvolver as seguintes actividades:
👉Emocións en movemento, obradoiro práctico, impartido pola educadora social e terapeuta de danza movemento Laura Martínez Rey.
17 de outubro | 18.00 h | Escolas do Xardín Agra de Caldas | Nenas/os ata 7 anos
Inscricións en https://carballo.gal/evento/de-landras-a-carballos-emocions-en-movemento-con-laura-martinez-rey/
👉Bolboretas, espectáculo de Sole Felloza
21 de novembro | 18.00 h | Escolas do Xardín Agra de Caldas | Nenas/os a partir de 8 anos
Inscricións en https://carballo.gal/evento/de-landras-a-carballos-bolboretas-un-espectaculo-de-sole-felloza/
👉Xogando sen etiquetas, con Laura Martínez Rey
19 de decembro | 18.00 h | Escolas do Xardín Agra de Caldas | Nenas/os ata 7 anos
Inscricións en https://carballo.gal/evento/de-landras-a-carballos-xogando-sen-etiquetas-con-laura-martinez-rey/

Prazas limitadas!

Cousiñas para familias en Outubro🍂💫!
06/10/2025

Cousiñas para familias en Outubro🍂💫!

Grupo aberto en Apachu🍃! En familia, na natureza de Dexo. Contos e cancións, xogo libre✨, camiños fermosos, mar🌊, campos...
04/10/2025

Grupo aberto en Apachu🍃! En familia, na natureza de Dexo. Contos e cancións, xogo libre✨, camiños fermosos, mar🌊, campos, bosque🌳... Queredes acompañarnos? En .educacion

Inmersión na natureza para familias 0-3 anos
Grupo aberto os Martes de 10:30h a 12:30h.
Opción grupo os xoves de 16h a 18h.
Info e inscrición: apachu@amadahi.com

Dirección

A Coruña

Teléfono

+34667312569

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Laura Martínez Educadora&Terapeuta DMT publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Laura Martínez Educadora&Terapeuta DMT:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Categoría