03/03/2026
Pequenos xestos que cambian vidas 💚
Dende AGAELA traballamos cada día por mellorar a calidade de vida das persoas que conviven coa ELA.
O noso Banco de produtos de apoio permite o préstamo gratuito de material esencial, facilitando o acceso a recursos que favorecen a autonomía persoal e o benestar das familias nun momento de especial vulnerabilidade.
Adolfo e Belén comparten a súa experiencia co préstamo dunha cadeira de rodas eléctrica, un recurso que supuxo un cambio significativo no seu día a día, achegando maior independencia e seguridade.
Este servizo é unha ferramenta clave para garantir unha atención integral e adaptada ás necesidades de cada persoa.
Seguimos comprometidos co acompañamento e o apoio ás persoas que conviven coa ELA 🍀
Se ti tamén precisas apoio, asesoramento e acompañamento, non dubides en contactarnos 👇🏽
📍 Edificio CEGADI
☎️ 981 798 094
📍 Espazo Amizar
☎️ 660 532 298
📩 info@agaela.es