Chus Rodríguez

Chus Rodríguez Son psicóloga social, e xurídica. Activista social e cultural.

Necesitamos unha cidade pensada para vivir
22/01/2026

Necesitamos unha cidade pensada para vivir

🔻Esquerda Unida mantivo este martes unha xuntanza coa Asociación de Veciñas do Parque Rosalía de Castro – Recatelo.
Este encontro tivo lugar no marco de xuntanzas que a nova dirección comarcal de Esquerda Unida está a manter co tecido asociativo e organizativo da cidade. Nesta xuntanza, na que participaron a Coordinadora, Isabel Sánchez, o secretario de Organización Xoán Trigo, e a responsable de Institucional, Chus Rodríguez, tratáronse temas de interese e preocupación para a veciñanza da cidade, que non só afectan unicamente ao dito barrio.
Desde a asociación amosaron a súa preocupación polo estado de abandono e falta de uso das instalación do Parque Rosalía. Desde a falta de coidado, a tala de árbores, a falta de uso da caseta do garda, do propio templete, do anfiteatro, ata da caseta da antida sede de Telefónica en García Portela, ven un progresivo deterioro do uso dun dos “puntos verdes e de lecer máis simbólicos e importantes da cidade” -como sinala a Coordinadora de EU, Isabel Sánchez.
A problemática do “botellón” obedece, segundo conclúen, tanto por parte da Asociación como por parte de EU, por falta de alternativas de lecer e culturais para a mocidade.
Ademais, coinciden tanto desde a asociación de veciñas como desde EU na progresiva turistificación que están a supor as “falsas peonalizacións” como a de Recatelo, pois “ao final son unha vía para extender terrazas polas rúas”, onde, ademáis “uns cantos especuladores mercan baixos e locais para emprender negocios que pouco teñen que ver coas tendas de barrio e de proximidade e o progresivo destino de moitos pisos para fins turísticos -como denuncian desde a Asociación- xa está a supor unha suba nos prezos de aluguer, que están a botar ás veciñas”, segundo sinala Chus Rodríguez.
A asociación denuncia que levan anos sufrindo as consecuencias do “botellón” no parque, tanto polos destrozos ocasionados, como pola contaminación acústica e preocupados polo excesivo consumo de alcol e substancias tóxicas por parte de moita mocidade, ou non tan nova -segundo apuntan-, que participa no “botellón” do parque que foise extendendo por varios puntos do mesmo.
Ademais de denunciar a inacción tanto por parte das autoridades municipais, como das Forzas e Corpos de Seguridade ao respecto do “botellón”, expresan as dificultades que teñen para obter permisos para calquera actividade proposta pola Asociación, a falta de interese ou resposta real -por parte da actual Alcaldía- para dotar doutros usos a eses espazos do parque en estado de semiabandono e, por contra, non haxa control algún sobre os excesos do “botellón”.
Moitas das situacións tratadas, van nunha liña coincidente coas reiteradas denuncias que xa leva tempo poñendo de manifesto Esquerda Unida, especialmente no tocante á falta de modelo de cidade por parte deste goberno bipartito, que semella cada vez máis á deriva, cun Alcalde que semella atoparse máis cómodo escapando da toma de decisións e que non ofrece solucións ás problemáticas veciñais.
Esquerda Unida, unha vez máis, reclama un proceso de escoita e participación cidadá real á hora de deseñar políticas públicas e un modelo de cidade que pase por dar resposta e cobertura ás necesidades reais da veciñanza, “unha cidade máis verde e menos cementada, con máis servizos públicos e menos privatización dos espazos, cun urbanismo con perspectiva de xénero, unha cidade para vivir”.

Desde a Área de Muller EU Lugo e EsquerdaUnida Lugo amosamos a nosa máis firne condea as condutas de acoso e abuso  denu...
10/12/2025

Desde a Área de Muller EU Lugo e EsquerdaUnida Lugo amosamos a nosa máis firne condea as condutas de acoso e abuso denunciadas contra José Tomé Roca por mulleres do PSOE.

Esiximos a súa inmediata dimisión, non só como Presidente da Deputación de Lugo, se non tamén como Alcalde de Monforte de Lemos.

Esquerda Unida amosa a súa máis absoluta condena polas acusacións de acoso sexual de varias mulleres do PSOE contra o Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, e esixe a súa dimisión inmediata.

Coñecida a noticia de que varias militantes do Partido Socialista denunciaron, vía canal interno do partido, situacións de acoso sexual e condutas inapropiadas de abuso por parte do máximo responsable do PSOE de Lugo, José Tomé Roca, desde Esquerda Unida, a súa Coordinadora Comarcal, Isabel Sánchez, “reclama a dimisión inmediata e a depuración de todas as responsabilidades ata as últimas consecuencias”.
A responsable de Institucional en EU, Chus Rodríguez, pola súa banda, amosa a máis “absoluta indignación porque, unha vez máis, as canles internas do PSOE semellan non ter funcionado”, despois de que as mulleres denunciantes queixaran que esta situación víñase prolongando desde hai tempo, mentres os responsables do PSG eran coñecedores das mesmas.
Isabel Sánchez enfatiza que “se se demostra que Besteiro e Lara Méndez coñecían o que estaba a pasar deben asumir as súas responsabilidades e dimitir igualmente”.

Finalmente, neste comunicado, desde Esquerda Unida queremos amosar o noso total apoio ás vítimas, pois a nosa organización que é feminista e anticapitalista está coas mulleres, está do lado das vítimas e está en contra do machismo institucional, que sustenta comportamentos despreciables coma estes, dos que se acusa ao Presidente da Deputación de Lugo, e Alcalde de Monforte de Lemos.

Que sorte que pararas en Lugo aquel día e escolleras o Sanxillao para formar a tantas alumnas e alumnos, na hostalería, ...
06/11/2025

Que sorte que pararas en Lugo aquel día e escolleras o Sanxillao para formar a tantas alumnas e alumnos, na hostalería, mais seguro que tamén na vida.
Compañeiro leal, traballador, activista, loitador, sensible e xeneroso, máis que un camarada es un amigo.
Aledas e alumeas co teu sorriso calquera tarde gris e solventas cunha aperta enorme calquera incidente.
Hoxe déixame enviarche un destello de luz para soportar algo mellor esta escuridade.
Moita forza, amigo Diego, ben querido

Hai poucas veces en que a vida, a ideloxía e o traballo conflúan desta maneira.Orgullo de compañeiras e agradecida de pa...
23/10/2025

Hai poucas veces en que a vida, a ideloxía e o traballo conflúan desta maneira.

Orgullo de compañeiras e agradecida de pasar esta mañá coa Ministra de Infancia e Xuventude Sira Rego, en sintonía coas demandas para a defensa dos dereitos da infancia de Esquerda Unida e a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

Acoller ben é posible e necesario.

A infancia é unha prioridade

Acoller ben é posible.Ante a chegada das crianzas e adolescentes migrantes a Galicia, aínda estamos a tempo, ou deberamo...
26/09/2025

Acoller ben é posible.
Ante a chegada das crianzas e adolescentes migrantes a Galicia, aínda estamos a tempo, ou deberamos, de sentarnos e facer as cousas ben e evitar máis discursos e condutas incendiarias.
Podedes ler a miña tribuna de opinión que onte publicaron en O Salto aquí

Houbo tempo para preparar a acollida e abrir novos recursos. A Xunta optou por separar “o problema”, cun discurso xenófobo e ra***ta.

Esta señora Conselleira, Fabiola García, ademais de mentir non sabe de que fala, sendo a máxima representante pública de...
12/09/2025

Esta señora Conselleira, Fabiola García, ademais de mentir non sabe de que fala, sendo a máxima representante pública de Política Social da Xunta.
Dicir que como van vir estas crianzas e adolescentes de Canarias, Ceuta e Melilla, migrantes non acompañados, despois dun ano previsto, van ter que abrir un centro exclusivo urxente para eles, separándoos do resto da nosa infancia desprotexida e alegando que esta acollida "urxente" supón, precisamente, que non se integren cos demais nenos e nenas porque é unha imposicion do goberno central .. É tan grave e insultante como falaz.
Quen os separa e non acolle en igualdade de condicións, e non respecta a Convención dos Dereitos da Infancia, é a Xunta, por escornarse partidistamente contra o goberno do Estado español.
Resumo e conclusión: a Xunta propón crear guetos para a acollida das crianzas e adolescentes desamparadas das CCAA que xa non poden soportar esta acollida.
Queda absolutamente claro, que o goberno do PP desta a nosa Galicia prefire desprotexer para confrontar co goberno do Estado, que amparar e defender os dereitos da infancia.
Fabiola dimisión xa.

Os dereitos da infancia hai que defendelos desde todos os estamentos públicos.
09/09/2025

Os dereitos da infancia hai que defendelos desde todos os estamentos públicos.

🔴 Esquerda Unida reitera a sua denuncia ante a actitude insolidaria da Xunta e o bloqueo do PP ante a necesaria acollida solidaria de menores migrantes.

👉🏼No día de onte, Lino Costas, coordinador nacional de Esquerda Unida, xunto a Chus Rodríquez, responsable de Política Institucional, mantiveron unha xuntanza coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG). Na mesma, as representantes de EU e da Plataforma abordaron cuestións como a sobreocupación e o colapso do sistema de protección, feito xa recoñecido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen asumiu que na actualidade “non hai prazas de acollida”.

⚠️ EU esixe diálogo real co Ministerio e investimentos en centros de acollida, familias acolledoras, profesionais especializados e recursos educativos, sanitarios e laborais.

🗣 Lino Costas: “A dereita galega asume sen pudor este discurso, sen presentar alternativa algunha, e bloqueando calquera avance. Mentres tanto, Canarias, Ceuta e Melilla seguen soportando unha presión insostible”.

Con máis forza ca nunca.EsquerdaUnida Lugo renova enerxías para seguir na procura dunha cidade mellor para a a veciñanza...
03/07/2025

Con máis forza ca nunca.
EsquerdaUnida Lugo renova enerxías para seguir na procura dunha cidade mellor para a a veciñanza, na defensa dos dereitos, na loita por unha sociedade máis xusta, igualitaria, feminista, ecoloxista, antifascista.
Orgullo de conpañeiras.

Na Asamblea Comarcal de Lugo, celebrada a pasada semana, quedou aprobada por unanimidade, a candidatura de consenso presentada, reelixíndose como Coordinadora, a María Isabel Sánchez Corral.

Esta nova estrutura permitirá avanzar no traballo político, fortalecer o contacto coa cidadanía e mellorar a coordinación interna de cara aos retos futuros da organización en Lugo e na provincia.

As novas áreas e responsabilidades aprobadas son as seguintes:

María Isabel Sánchez Corral – Coordinadora

María Jesús Rodríguez Rodríguez – Institucional e política local

Diego López Dapena – Comunicación

Carlos Anxo Portomeñe Pérez – Contidos e programa

Xoán Trigo González e Fernando Yáñez Pérez – Organización e Finanzas.

Podes ler o artigo completo en:👇🏼

https://www.xornaldelugo.com/renovacion-das-areas-de-responsabilidade-no-consello-local-de-esquerda-unida-lugo/

Ou en:👇🏼

https://lugoxa.com/news/esquerda-unida-de-lugo-reelixe-a-maria-isabel-sanchez-corral-como-coordinadora-comarcal/100633/

Verde? Para o Concello de Lugo é unha palabra prohibida.Coma moito plantan anacos de alfombriña en Santo Domingo.
13/06/2025

Verde? Para o Concello de Lugo é unha palabra prohibida.
Coma moito plantan anacos de alfombriña en Santo Domingo.

Esquerda Unida Lugo denuncia a maquillaxe do fin das obras de Santo Domingo e do casco histórico. Esquerda Unida denuncia, unha vez máis, a ausencia de esp

O Caudal Fest é un festival propiedade dun fondo de investivento capitalista e sionista.O Concello de Lugo paga centos d...
06/06/2025

O Caudal Fest é un festival propiedade dun fondo de investivento capitalista e sionista.
O Concello de Lugo paga centos de miles de cartos en patrocinio a este evento.
Esiximos ao Concello rachar, xa, tidas as relacións e investimento neste festival que ten uns propietarios que comercian co sangue do xenocidio en Gaza.

Esquerda Unida denuncia o patrocinio do Concello de Lugo ao Caudal Fest, do que é propietario o fondo de investimento sionista (KKR) Esquerda Unida denunci

A Xunta non pode calar e facer coma se non existiran todas estas nenas e nenos que precisan da nosa acollida.Fabiola Gar...
30/05/2025

A Xunta non pode calar e facer coma se non existiran todas estas nenas e nenos que precisan da nosa acollida.

Fabiola García! Alfonso Rueda! Hai que abrir xa novos centros de acollida e procurar familias acolledoras para todas estas crianzas que precisan da nosa cobertura.

Canarias, Ceuta e Melilla son lugares de tránsito. Non podemos mirar cara outro lado e deixar que colapse o sistema.

Son persoas, son nenas e nenos.

Esquerda Unida esixe á Xunta que dé cumprimento á necesaria acollida solidaria de menores migrantes procedentes doutras CCAA saturadas. Esquerda Unida demá

Primeiro de maio, día da loita da clase traballadora.
01/05/2025

Primeiro de maio, día da loita da clase traballadora.

Dirección

Lugo
Lugo

Teléfono

+34635638439

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Chus Rodríguez publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Chus Rodríguez:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Categoría