06/02/2026
🆕🆕 𝐎 𝐗𝐗𝐕𝐈 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐀𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐯𝐚𝐢𝐬𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐚 Bico de Xeado
🏅 O xurado da vixésimo sexta edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra USC) e o grupo Aresa, escolleu a Bico de Xeado pola súa inmensa ligazón co medio rural e o sector primario e polas súas tres liñas de traballo na produción leiteira, na prestación de servizos e na elaboración dos seus propios xeados para a súa posterior comercialización en Galicia e fóra das nosas fronteiras.
🤝A gala de entrega do galardón terá lugar o vindeiro venres 27 de febreiro na facultade de Veterinaria de Lugo.
Máis información na seguinte ligazón: https://aresa-agricola.com/o-xxvi-premio-aresa-vaise-para-bico-de-xeado/
Parabéns! 👏👏