Alcer Coruña

Alcer Coruña Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril da provincia da Coruña

- A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, nace no 1976 co propósito de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal. Nas súas orixes loitaba para que este colectivo tivese acceso a un tratamento de diálise, fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, Alcer Coruña, traballando conxuntamente co resto dos alceres provinciais, convértese no princ

ipal precursor da actual Lei de transplantes. Hoxe en día, e unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, Alcer Coruña é unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios, baixo o convencemento de que a atención ás persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senón que é necesario o desenvolvemento de redes de apoio psicosocial con áreas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e o benestar social. Baseándose nestes principios, Alcer Coruña persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posible nas persoas con ERC, transplantadas de órganos e familias en particular, e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, a través da concreción das seguintes actuacións marcadas nolos seus estatutos:

*Actuacións:

- A asistencia e información ás persoas con enfermidade renal e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados.
- A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e tecidos.
- A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social, das persoas con discapacidade xerada por doenzas crónicas susceptibles de transplante
- A promoción de servizos de atención á dependencia
- A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención sociosanitaria do colectivo.
- O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades de ril nos seus aspectos médico, asistencial e socioeconómico, así como da prevención das mesmas.
- A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posíbeis solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais e xurídicos.
- A realización de actuacións encamiñadas ao fomento e participación de voluntariado.
- O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, social e psicolóxico, máis os que se crean necesarios para unha atención integral.
- A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde se realicen actividades que poidan conducir á consecución dos fins da asociación.

🤝 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗘𝗡𝗜𝗔𝗗𝗔 | Se eres persoa socia de Alcer Coruña, poderás desfrutar dun 5% de desconto nos productos e serviz...
30/04/2026

🤝 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗘𝗡𝗜𝗔𝗗𝗔 | Se eres persoa socia de Alcer Coruña, poderás desfrutar dun 5% de desconto nos productos e servizos da empresa Maderas y Puertas San Juan.

📍 Ubicada na Estrada de Castela, 315 (Ferrol)

📲 Contacta con eles chamando ao 881946764 ou a través do correo electrónico 📩 maderasypuertassanjuan@gmail.com

😉Ser persoa socia de Alcer Coruña só ten un custo de 30€/ano. Coa túa aportación contribuirás na mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica e as súas familias!

💚 𝗩 𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗗𝗔 𝗦𝗔Ú𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗔𝗠𝗘𝗦 | Este sábado 25 de abril estivemos na V edición da Feira de Saúde organizada polo Concello d...
29/04/2026

💚 𝗩 𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗗𝗔 𝗦𝗔Ú𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗔𝗠𝗘𝗦 | Este sábado 25 de abril estivemos na V edición da Feira de Saúde organizada polo Concello de Ames.

🗣 Ao longo da xornada, tivemos a oportunidade de achegar á poboación mahiá a importancia do coidado da saúde renal e sensibilizar tamén en materia de doazón de órganos.

👥 Acompañounos Alfredo Saborido (vicepresidente de Alcer Coruña), Ana Mato e Martín Flores (vogais), ademais das voluntarias Rebeca e Laura Mosquera.

💚 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗢 | Queres coñecer máis sobre a conciencia emocional? Gustaríache participar neste obradoiro que ter...
28/04/2026

💚 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗢 | Queres coñecer máis sobre a conciencia emocional? Gustaríache participar neste obradoiro que terá lugar no Concello da Coruña?

📅 Luns 11 de maio
📍Clínica Diaverum en Santiago de Compostela

💚🧡💚 𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗟, 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗢𝗔𝗗𝗢𝗥 | O Colegio Sagrado Corazón Mercedarias Ferrol contou con nós para achegar ao ...
27/04/2026

💚🧡💚 𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗟, 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗢𝗔𝗗𝗢𝗥 | O Colegio Sagrado Corazón Mercedarias Ferrol contou con nós para achegar ao alumnado do centro a importancia da doazón de órganos. O noso
presidente Rafa, xunto coa voluntaria Lali, achegaron esta temática ao alumnado como persoas transplantadas de ril.

📅 O 7 de abril estiveron con 45 estudantes de 3º da ESO
📅O 21 de abril tamén contaron cun total de 45 estudantes de 4º da ESO

📍Seguimos sensibilizando!

Concello de Ferrol

ℹ️ 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗡𝗗𝗢 | O próximo mércores 6 de maio estaremos no Concello de As Pontes achegando a importancia da doazón de...
27/04/2026

ℹ️ 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗡𝗗𝗢 | O próximo mércores 6 de maio estaremos no Concello de As Pontes achegando a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudables á AVV Painceiras, grazas á colaboración de -100064786716758

📌 Inscríbete no 📲 676801473 ou a través de 📩 info@alcercoruna.org

24/04/2026

💗 GRAZAS a ALCER en Ferrol pola súa participación na Feira da Saúde da por mor do 50 aniversario do Hospital Arquitecto Marcide do . Sen vós non sería posible.

💚🧡💚 Ven a visitarnos mañá! 👐
24/04/2026

💚🧡💚 Ven a visitarnos mañá! 👐

🥅 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗡𝗢 𝗘𝗜𝗗𝗢 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗢! | O domingo foi un deses días do ano que nos gustan a Alcer Coruña! Achegámonos ata ...
22/04/2026

🥅 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗡𝗢 𝗘𝗜𝗗𝗢 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗢! | O domingo foi un deses días do ano que nos gustan a Alcer Coruña! Achegámonos ata o estadio Verónica Boquete de Santiago de Compostela para facilitar información a todas as persoas que asistiron ao encontro entre a SD Compostela e o Atl. Coruña Montañeros

ℹ Durante a xornada, a entidade repartiu nas dúas portas de acceso ao estadio un total de 578 dípticos informativos entre as persoas asistentes, achegando información e resolvendo dúbidas arredor da doazón; tentando crear así un espazo de encontro coa afección e derribar medos e crenzas erróneas a redor desta temática.

👥 A actividade contou coa participación de persoas directamente vinculadas á realidade da enfermidade renal, dándolle significado á mesma. Mario López e Rubén Soñora acudiron en calidade de vogais da Xunta Directiva de Alcer Coruña. Mario atópase actualmente en tratamento de hemodiálise á espera do seu cuarto transplante de ril; mentres Rubén é unha persoa transplantada. As súas historias representaron a importancia da decisión de ser persoas doadoras. Tamén participaron Carmen Rey e Daniel Pereiro, persoas voluntarias transplantadas de ril, que co seu exemplo deron a coñecer que cada transplante significa unha nova oportunidade de vida 🥰

🤝 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗘𝗡𝗜𝗔𝗗𝗔 | Ser persoa socia de Alcer Coruña ten vantaxas e neste caso nas Termas de Cuntis!📍 Ubicada na Rúa ...
21/04/2026

🤝 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗘𝗡𝗜𝗔𝗗𝗔 | Ser persoa socia de Alcer Coruña ten vantaxas e neste caso nas Termas de Cuntis!

📍 Ubicada na Rúa do Balneario (en Cuntis, Pontevedra)
📲 Solicita a túa reserva identificándote como persoa social 📩 enviando un mail a balneario@termasdecuntis.com

😉 Non esquezas que ser persoa socia de Alcer Coruña só ten un custo de 30€/ano e que coa túa aportación contribuirás na mellora da calidade de vida das persoas con enfermiade renal crónica e as súas familias!

📅 Agardámosvos mañá no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol!
21/04/2026

📅 Agardámosvos mañá no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol!

🎈Unha xornada dos pacientes e para os pacientes, no 50 aniversario do Hospital Arquitecto Marcide do . Non faltes!

🗣️ Vota esta iniciativa de Asociación Alcer Ourense!! 💚🧡💚
21/04/2026

🗣️ Vota esta iniciativa de Asociación Alcer Ourense!! 💚🧡💚

Precisamos o teu apoio! 📲🫂

🍴📇 'NutriALCER', programa de para persoas con enfermidade renal crónica ( ), representa o traballo desenvolto dende nesta edición de premios de CINFA ao traballo asociativo nacional 🧩

A votación estará aberta ata o 6 de maio. Únicamente é preciso o teu número telefónico, axúdasnos?

VOTA E COMPARTE a través da ligazón na nosa biografía! 👉🏽⭐💚
---
¡Necesitamos tu apoyo! 📲🫂

🍴📇 “NutriALCER”, programa de nutrición para personas con enfermedad renal crónica (ERC), representa el trabajo desarrollado desde ALCER Ourense en esta edición de los de al trabajo asociativo nacional 🧩

La votación estará abierta hasta el 6 de mayo. Solo necesitas tu número de teléfono, ¿nos ayudas?

¡VOTA Y COMPARTE a través del enlace en nuestra biografía! 👉🏽⭐💚

https://lavozdelpaciente.cinfa.com/admin/5-edicion-la-voz-del-paciente-vota-por-tu-proyecto-23712/nutrialcer-programa-de-nutricion-para-personas-con-enfermedad-renal-cronica-23800

🗣️ 𝗔𝗖𝗛𝗘𝗚𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗔 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗥 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗗𝗢𝗔𝗗𝗢𝗥𝗔𝗦 | Unha das cousas que máis nos gusta facer en Alcer Coruña é a de pod...
20/04/2026

🗣️ 𝗔𝗖𝗛𝗘𝗚𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗔 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗥 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗗𝗢𝗔𝗗𝗢𝗥𝗔𝗦 | Unha das cousas que máis nos gusta facer en Alcer Coruña é a de poder chegar a diferentes contextos de ensino, deportivos ou sociais para poder plantar a nosa semente sobre a importancia de ser persoas doadoras de órganos.

📅 Deixamos por aquí o resumo gráfico dunha actividade desenvolta os días 24 e 27 de febreiro no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, grazas á cal puidemos achegar esta temática a un total de 120 estudantes de 2º da ESO.

🧡GRAZAS a Jorge García e Marcelo Silva, voluntarios de Alcer Coruña que viviron en primeira man o tratamento da hemodiálise hospitalaria e que na actualidade están transplantados de ril. Que o noso equipo técnico vaia acompañado de testemuñas que relaten a súa vivencia en primeira persoa axúdanos a que a mensaxe teña un verdadeiro significado.

Dirección

Hotel De Pacientes/As Xubias, Nº 84, 4º Andar
A Coruña
15006

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:30
Martes 10:00 - 13:30
Miércoles 10:00 - 13:30
Jueves 10:00 - 13:30
Viernes 10:00 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alcer Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Alcer Coruña:

Compartir