11/02/2026
O pasado mes de xaneiro o Comité Rexional Europeo de Verificación do Sarampelo e a Rubéola, dependente da Organización Munidal da Saúde (OMS), retiroulle a España o estatus de "país libre de sarampelo", debido ao aumento de casos, que non só se limita ao noso país senón que se tarta dunha tendencia global.
As taxas de vacinación en España mantéñense elevadas, por riba da recomendación da OMS do 95%. Neste contexto mundial, tanto unha axeitada vixilancia e detección precoz como seguir impulsando a vacinación e loitar contra a desinformación establécense como claves para revertir esta tendencia ascendente (1).
Co obxectivo de mantervos informados/as das últimas novidades sanitarias e axudarvos con información clara e sinxela de cara á inminente oposición, achegámosvos unha nova infografía dentro da serie de "Guía Rápida de...", desta volta, sobre a pauta de vacinación fronte ao sarampelo en Galicia, de acordo co Programa Galego de Vacinas vixente (2). A enfermaría de familia sitúase de novo como clave para facer fronte a esta situación, levando a cabo a revisión das cartillas vacinais, resolvendo dúbidas e achegando a vacinación á comunidade.
Agardamos que sexa do voso interese, podedes achegarnos a vosa opinión, así como suxerirnos outras temáticas sobre as que vos gustaría que elaborásemos contidos.
A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.
Bibliografía consultada:
1. Instituto de Salud Carlos III. ¿Qué significa que la OMS haya anunciado que España pierde el estatus de país libre de sarampión? 28 de xaneiro de 202. Dispoñible en: https://www-isciii-es.translate.goog/w/%C2%BFqu%C3%A9-significa-que-la-oms-haya-anunciado-que-espa%C3%B1a-pierde-el-estatus-de-pa%C3%ADs-libre-de-sarampi%C3%B3n-?&catId=448329,651565,651568&_x_tr_sl=es&_x_tr_tl=gl&_x_tr_hl=gl&_x_tr_pto=sc (consultado o 8 de febreiro de 2026).
2. Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles. Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Calendario de inmunización ao longo de toda a vida. Santiago de Compostela, outubro de 2023. Dispoñible en:https://www.sergas.gal/Saude-publica/Documents/7247/INS_CALENDARIO_INMUNIZACION_20-12-2024_v9%20(GA).pdf (consultado o 8 de febreiro de 2026).