07/03/2026
O 8 de marzo — Día Internacional da Muller — é unha data para lembrar, agradecer e seguir avanzando.
É un día para recoñecer a forza, a valentía e o traballo de tantas mulleres que ao longo da historia loitaron por dereitos, igualdade e dignidade. Grazas a elas hoxe temos máis oportunidades, máis voz e máis camiño aberto.
Pero tamén é un día para lembrar que a igualdade real aínda é un obxectivo polo que seguir traballando. Cada paso conta: na casa, no traballo, na educación e na sociedade.
Cómpre agradecer a tódos aqueles homes, moitos, que son capaces de cuestionar os privilexios que lles outorga o patriarcado e decidir non reproducilos. Homes que escoitan, que aprenden, que acompañan e que, cos seus actos cotiáns, contribúen a facer posible un pouco máis de equidade.
Porque un mundo máis xusto non se constrúe contra ninguén, senón xunto con quen decide formar parte do cambio
☂️💜🍇💜🫐💜💜💜💜💜
'Mujeres de alto valor. No dejaremos que el pasado avance', es la nueva campaña institucional con motivo del 8M 2026 que ha lanzado el Ministerio de Igualdad...