Asociación Española Contra o Cancro A Coruña

Asociación Española Contra o Cancro A Coruña Páxina oficial da Xunta Provincial na Coruña da Asociación Española Contra o Cancro www.asociacioncontraelcancer.es

Página oficial de Facebook de la Junta Provincial de A Coruña, de la Asociación Española Contra el Cáncer.

¿Interésache saber cal é o futuro no tratamento do cancro de fígado?
17/12/2025

¿Interésache saber cal é o futuro no tratamento do cancro de fígado?

16/12/2025

🔬 A investigación avanza grazas ao traballo de equipos científicos comprometidos. Hoxe é o Dr. Ashwin Woodhoo, xefe de grupo sénior no CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela, quen nos explica o proxecto que está a desenvolver grazas á Axuda Proxectos Xerais AECC 2025, dotada con 400.000 euros a catro anos.

O seu proxecto investiga tumores malignos da vaíña nerviosa periférica, un raro tipo de cancro moi agresivo que se desenvolve nos nervios e que pode afectar tanto a adultos como a nenos. O seu equipo identificou varias proteínas reguladoras como un posible “interruptor” que empuxa ás células nerviosas normais a transformarse en tumorais. Esperan que comprender como funcionan estas proteínas permita abrir novas vías para atacar o tumor.

💚 A ciencia avanza, e avanza tamén grazas ao apoio constante das persoas voluntarias e a Fundación Científica.

O Casino Ferrolano-Tenis Club acolleu unha noite chea de emoción e solidariedade coa cea de Nadal e o desfile solidario ...
15/12/2025

O Casino Ferrolano-Tenis Club acolleu unha noite chea de emoción e solidariedade coa cea de Nadal e o desfile solidario a favor das persoas con cancro e das súas familias. Un evento moi especial que reuniu a 275 persoas nun ambiente de apoio, encontro e compromiso compartido.

Ao longo da velada, acompañáronnos tamén autoridades e representantes do ámbito empresarial, que quixeron amosar o seu apoio e compromiso coa causa.

Xunto a modelos profesionais, desfilaron tamén familiares de pacientes e, como protagonistas, homes e mulleres que pasaron ou están a atravesar un proceso oncolóxico, convertendo a pasarela nun espazo de visibilidade e acompañamento. Ademais, a xornada estivo amenizada cun DJ, que puxo a nota máis festiva da noite e fixo bailar aos asistentes.

Desde a Asociación queremos agradecer especialmente a Nuria Espasandín De Moda pola organización do desfile; á Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ferrol, polo seu traballo, dedicación e implicación; imprescindible para que todo saíse adiante; e ao Casino Ferrolano-Tenis Club pola súa colaboración e acollida. Así mesmo, grazas a todas as entidades colaboradoras que fixeron posible esta noite tan significativa. Grazas!

💚Hoxe ábrense as Axudas  !Dende a Asociación Española Contra o Cancro seguimos dando pasos para reducir as desigualdades...
15/12/2025

💚Hoxe ábrense as Axudas !

Dende a Asociación Española Contra o Cancro seguimos dando pasos para reducir as desigualdades e mellorar a vida das persoas. A través destas axudas, buscamos unir coñecemento, datos e participación para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e equitativa.

🗓️ Prazo de presentación aberto ata xaneiro de 2026.
👉Máis información en: https://www.impacto.contraelcancer.es/

14/12/2025

🙌 Comunicar durante un proceso oncolóxico non é só falar: tamén é escoitar, expresar como te sentes e poder pedir o que necesitas.

No blog da Asociación Española Contra o Cancro contámosche como coidar a comunicación coa túa familia, amizades e co equipo médico para que o camiño sexa un pouco máis levadeiro e menos solitario.

Máis información 👉 https://blog.contraelcancer.es/comunicacion-proceso-oncologico/

✨📺 Se algunha vez agardaches polo venres para ver “Un, dous, tres… responda outra vez”, isto vai por ti…Xa formas parte ...
13/12/2025

✨📺 Se algunha vez agardaches polo venres para ver “Un, dous, tres… responda outra vez”, isto vai por ti…

Xa formas parte desa xeración que ten que poñerse as pilas coa prevención do cancro de colon.

O test de sangue oculta nas f***s é unha das probas máis sinxelas e eficaces para detectar a tempo o cancro de colon, e está recomendado xusto para a túa idade.

👉Máis info: https://f.mtr.cool/zuwctnllgj

Contra o cancro de colon,

11/12/2025

A importancia de investigar na prevención do cáncer para Isabel Aniceto, supervivinte de cáncer.

11/12/2025

Pechar o círculo. Iso é o que conseguimos no IV Punto de Encontro de Voluntariado e Investigación: unir o esforzo das persoas voluntarias co avance científico que está a mellorar a vida dos pacientes e das familias. No vídeo, a doutora María de la Fuente, CEO de DIVERSA Technologies —beneficiaria da Axuda AECC Impacto 2025 por valor de 450.000 euros— explícanos o proxecto que están a desenvolver en nanomedicina para buscar novas terapias fronte ao cancro gástrico.

Este avance é posible grazas ao traballo de equipos científicos comprometidos e tamén ao apoio constante das persoas voluntarias da Asociación.

💚 Xuntos e xuntas facemos posible que a ciencia siga avanzando.

A Xunta Local de Fisterra celebrou este domingo unha nova edición da súa comida solidaria contra o cancro, que reuniu ar...
09/12/2025

A Xunta Local de Fisterra celebrou este domingo unha nova edición da súa comida solidaria contra o cancro, que reuniu arredor de dúascentas persoas no pavillón polideportivo, recuperando unha das citas máis queridas da localidade.

A xornada contou cun animado sorteo e baile, creando un ambiente de comunidade, apoio e participación que se prolongou durante toda a tarde.

Queremos agradecer en primeiro lugar á Xunta Local de Fisterra polo seu traballo e dedicación, así como ás persoas asistentes, aos establecementos colaboradores e ao Concello de Fisterra pola súa implicación para facer posible esta celebración.

Parabéns por unha xornada chea de solidariedade e unión. 💚

📆✨ Hai uns días presentamos o Calendario Solidario “Mugardos contra o cancro 2026”.Este ano, o acto estivo cheo de músic...
07/12/2025

📆✨ Hai uns días presentamos o Calendario Solidario “Mugardos contra o cancro 2026”.
Este ano, o acto estivo cheo de música e emoción grazas ás actuacións da Rondalla Mugardesa , o Coro A.V.O. de Ortiguera (Coaña - Asturias) e a Agrupación musical de Pulso y Púa (Betanzos) Agrupación Musical Carlos Seijo

Queremos dar as grazas á nosa Xunta Local, ao Casino Mugardés , ao Concello de Mugardos e a todas as persoas que asistiron, por apoiar esta causa e facer do evento algo tan especial! 🤝

👉 O calendario xa está á venda por 8 euros e coa súa compra estarás colaborando na loita contra o cancro💚

Dirección

Real 1, 1º
A Coruña
15003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:30
Martes 09:00 - 17:30
Miércoles 09:00 - 17:30
Jueves 09:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Española Contra o Cancro A Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Asociación Española Contra o Cancro A Coruña:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Nosotros

Página oficial de Facebook de la Asociación Española Contra el Cáncer (aecc) de la provincia de A Coruña. Somos una organización sin ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores y profesionales. Desarrollamos nuestra actividad en toda la provincia de A Coruña. www.aecc.es