07/04/2026
👣 EN CLÍNICA PASIÑOS COIDAMOS DOS PÉS DOS MÁIS PEQUENOS
Moitas persoas pensan que as consultas de podoloxía son só para pacientes adultos, pero nada máis lonxe da realidade! Cada vez son máis os pais e nais que toman conciencia da importancia do coidado dos pés dos máis pequenos para un bo recemento.
📅 Cando facer a primeira revisión podolóxica?
Recoméndase facer unha primeira revisión arredor dos 3-4 anos, cando o neno ou nena xa camiña de forma estable. Aínda así, se notas algo antes, é mellor consultar canto antes.
🔍 En que debes fixarte como nai ou pai?
👉 Se camiña coas puntas cara dentro ou cara fóra.
👉 Se cae con frecuencia.
👉 Se se queixa de dor nos pés ou nas pernas.
👉 Se desgasta o calzado de forma desigual.
👉 Se ten as uñas encarnadas ou alteracións na pel.
💙 Unha revisión a tempo pode previr problemas futuros e asegurar un crecemento saudable.