07/04/2026
✨ O Círculo de Experiencias foi unha das actividades que levamos a cabo dentro do proxecto Descubrindo as Parroquias.
Nesta ocasión, estivemos na parroquia de Abanqueiro cun encontro entre o Ceip e as maiores do taller de memoria, onde compartiron, en pequenos grupos, como era a súa vida cando eran novas. Unha oportunidade única para escoitar, aprender e conectar xeracións 💬
Pola súa parte, os máis novos deron renda solta á súa creatividade elaborando murais nos que plasmaron as diferenzas entre o antes e o agora 🎨
Unha experiencia enriquecedora onde o pasado e o presente se atopan para construír futuro 💛 Concello de Boiro