Centro M - María GC Matrona

Centro M - María GC Matrona Centro de atención integral á MULLER e á MATERNIDADE
Embarazo, posparto, lactancia, saúde menstrual, fertilidade e menopausia.

Talleres, cursos e actividade física adaptada a cada etapa da vida feminina. Consulta de matrona, fisioterapia e psicoloxía.

Aquí tedes os meus biberóns favoritos e os NADA favoritos…Como digo no post, cada bebé é un mundo e pode que os “mellore...
16/04/2026

Aquí tedes os meus biberóns favoritos e os NADA favoritos…

Como digo no post, cada bebé é un mundo e pode que os “mellores” para min non vaian ben nalgúns bebés e viceversa (pola súa inmadurez, peso, por posible anquiloglosia…). Pero polo xeral, a experiencia dime que uns van mellor ca outros case sempre…

🙊As TETINAS DE BASE ESTREITA e longas fomentan que o bebé peche moito a boca e a súa mandíbula non se desenvolva correctamente, ademais de prexudicar o agarre no peito se se combinan con lactancia materna.

🌊Os FLUXOS RÁPIDOS favorecen as fugas, os cólicos, os atragantamentos, que o bebé coma de máis e o rexeitamento do peito na lactancia materna/mixta. 

💧Recomendo os FLUXOS MÁIS BAIXOS ata que o bebé comece a demandar fluxo máis rápido (arredor dos 5-6 meses, pero é moi variable). Frústranse e protestan, soe ser sinxelo de identificar. 

👀Que biberón usastes vós? Tivestes que cambialo? Léovos

NOTA: Neste post non falo do biberón HAPPY MAMMI porque é MOI CARO. Gústame, pero nunca o recomendaría habendo outras opcións mellores e máis accesibles. Só o recomendo cando a un/unha bebé de lactancia materna se lle desexa introducir bibe e rexeita todos os biberóns recomendados (soe aceptalo de mellor gana)

31/03/2026

🧡 Produtos útiles no POSPARTO para unha mesma ou como idea de REGALO (coma foi neste caso para Nidia e Mateo, que xa o están desfrutando ❤️!)

O posparto é unha etapa intensa, física e emocionalmente. Non necesitas ter todo… pero contar con certos produtos pode marcar moito a diferenza no teu confort diario.

Para hixiene e coidado diario

🌿 Xel de hixiene perineal Zelesse
💧 Spray perineal Vea Olio Spray (dende os primeiros días)
🚿 Botella irrigadora perineal de We Are Mammas
🩲 Bragas posparto de We Are Mammas
🩸 Compresas posparto (tipo algodón, sen plásticos)

Para o peito e a lactancia

🤱 Aceite base para o p***n Vea Olio (irritación/gretas)
🛡️ Conchas protectoras de Suavinex
❄️ Enfriadores para o peito (alivio de ingurgitación ou dor)

Para o bebé

👶 Crema de cueiro de Weleda
🍼 Chupete Suavinex Zero Zero
🧴 Xel e champú natural e ecolóxico de Lavera para o bebé
* Faltoume o Linimento de Mustela para o cuíño dx bebé, porque xa tiñan!!

Vémonos á volta!
30/03/2026

Vémonos á volta!

📝Déixovos os marcadores máis implicados na nosa saúde hormonal e reprodutiva. Moitos deles poden alterarse pola alimenta...
29/03/2026

📝Déixovos os marcadores máis implicados na nosa saúde hormonal e reprodutiva. Moitos deles poden alterarse pola alimentación e o estilo de vida, e normalmente son facilmente corrixibles.

⚠️ Advertencia: non ter estes marcadores dentro dos rangos que indico NON significa que esteas enferma, nin moito menos! Significa que fóra destes rangos poden aparecer síntomas e que o organismo non está funcionando de maneira óptima.

✨ Mediante cambios na alimentación, no descanso, na xestión do estrés e, en ocasións, coa axuda da suplementación adecuada, pódese mellorar a sintomatoloxía, a calidade de vida, a fertilidade e os resultados perinatais.

👉 Se desexas unha interpretación funcional da túa analítica sanguínea, podes pedir consulta comigo (a partir de maio) chamando ou escribindo a este número: 623 427 432, ou reservando cita aquí:
https://newreservaweb.viday.es/ #/client/65f1991c8dff8c15e78fdfc5

NOVOS HORARIOS A PARTIR DE ABRIL. 🌺🏵🐝🌼
25/03/2026

NOVOS HORARIOS A PARTIR DE ABRIL. 🌺🏵🐝🌼

Durante o mes de Abril as consultas de MATRONA serán unicamente para CONSULTAS URXENTES (LACTANCIA E DETECCIÓN DE ANQUIL...
25/03/2026

Durante o mes de Abril as consultas de MATRONA serán unicamente para CONSULTAS URXENTES (LACTANCIA E DETECCIÓN DE ANQUILOGLOSIA) e SEGUEMENTOS DE SAÚDE HORMONAL.

En MAIO volvemos á normalidade!!

Se queres ir pedindo cita para Maio, podes escribirnos ao 623427432 e reservámoscha (pola app e pola web non estarán dispoñibles).

Graciñas pola comprensión!

Aproveitando o   e o noso próximo 4º ANIVERSARIO, traémosvos un SORTEO da consulta máis demandada do centro: a de SAÚDE ...
11/03/2026

Aproveitando o e o noso próximo 4º ANIVERSARIO, traémosvos un SORTEO da consulta máis demandada do centro: a de SAÚDE HORMONAL.

Esta consulta está pensada para calquera muller que queira coñecer e mellorar o seu estado de saúde xeral.

Realizamos unha entrevista clínica moi completa para analizar antecedentes, signos e síntomas, factores de estrés, hábitos de alimentación, exercicio e descanso.

Cruzamos toda esta información cunha valoración exhaustiva dunha analítica de sangue completa e, a partir de aí, elaboramos un PLAN PERSONALIZADO, con propostas de cambio no estilo de vida e suplementación individualizada.

Para PARTICIPAR tedes que seguir estes pasos:

1️⃣ Seguir a nosa conta

2️⃣ Darlle LIKE ao post E COMPARTIR esta publicación en stories. Se o voso perfil é privado podedes enviarnos un pantallazo.

3️⃣ Etiquetar a unha amiga ou a un amigo!!! Só unha por comentario.

O sorteo estará activo ata o 27 de Marzo!!

SAÚDE E SORTE PARA TODAS!!!✨✨✨

Oiches falar dos DISRUPTORES ENDOCRINOS pero non tes claro que son nin onde están? Espero poder axudarche con este post....
19/02/2026

Oiches falar dos DISRUPTORES ENDOCRINOS pero non tes claro que son nin onde están? Espero poder axudarche con este post.

A evidencia científica é sólida e crecente. A exposición repetida e prologanda a estas substancias relaciónase con ALTERACIÓNS HORMONAIS REAIS, especialmente en EMBARAZADAS e nxs NENAS E NENOS, como:

🩸 Adianto da primeira menstruación

🔄 Ciclos irregulares e/ou dolorosos

🤰 Dificultade para quedar embarazada

🦋 Alteracións da tiroide

⚖️ Maior risco de sobrepeso e resistencia á insulina

🧠 Problemas de atención e aprendizaxe en criaturas expostas durante o embarazo

👉RECORDA: O relevante non é unha exposición puntual. É a exposición pequena, repetida e acumulada ao longo dos anos.

Non podemos controlalo todo.
Pero pequenas decisións repetidas no tempo SI MARCAN A DIFERENZA ✨

Para chegar ao "fondo da cuestión" hai que empregar tempo e obter DATOS, escoitar moito e indagar máis. Logo analizalo e...
05/02/2026

Para chegar ao "fondo da cuestión" hai que empregar tempo e obter DATOS, escoitar moito e indagar máis. Logo analizalo en conxunto e apoiarse en probas como analíticas sanguíneas.

Así é como chego a coñecer o verdadeiro problema que está causando ese desorde hormonal, xa que son MOITOS os factores que o poden causar, incluso poden ser varios ao mesmo tempo.

E ti, como contestarías a estas preguntas?? Veste reflexada nalgún destes signos?

Precisas este curso tanto se os teus ciclos son irregulares, tes sangrados intermentruais, dor menstrual... como se está...
04/02/2026

Precisas este curso tanto se os teus ciclos son irregulares, tes sangrados intermentruais, dor menstrual... como se estás buscando un embarazo que non chega.

O CONTIDO DO CURSO SERÁ O SEGUINTE:

⭕ O CICLO MENSTRUAL. Entenderás por fin que ocorre dentro do teu corpo cada mes.

❌ Como a PÍLULA anticonceptiva non soluciona o problema, se non que só o silencia. Veremos que ALTERNATIVAS existen para entender realmente o que lle pasa ao teu corpo e como restaurar un ciclo saudable.

🌱 Abordaremos como xestionar e mellorar a túa FERTILIDADE de xeito natural, aprendendo a identificar as sinais do ciclo (método sintotérmico).

♻️ Falaremos da relación tan forte que ten o ESTILO DE VIDA ca saúde hormonal: alimentación, estrés, sono e exercicio, e de como pequenos cambios poden ter un impacto real na túa vida.

🏋️‍♀️ Veremos que SUPLEMENTACIÓN pode axudar cando está ben indicada, cal ten evidencia e cal non, e como usala con criterio.

Un taller para deixar de normalizar o malestar, entender o teu corpo e tomar decisións informadas sobre a túa saúde.

PRAZAS MOI LIMITADAS!

📍 Centro M
🗓 Sábado 7 de marzo
⏰ 11:00 – 13:00 h
💶 25 € | 20 € se vés cunha amiga

🫣A maioría medramos cunha vivencia da menstruación chea de silencios, con incomodidade e, ás veces, con medo. Aprendemos...
26/01/2026

🫣A maioría medramos cunha vivencia da menstruación chea de silencios, con incomodidade e, ás veces, con medo. Aprendemos a xestionar a regra como puidemos, sen acompañamento real nin espazos para preguntar.

⭕Hoxe sabemos que na adolescencia a recollida menstrual non debería ir ligada ás modas nin ás présas, senón ao desenvolvemento e á maduración de cada nena ou adolescente. Por iso é importante introducir os distintos métodos de forma progresiva, con información clara e respectando os seus tempos.

✨Cando a adolescente entende o seu corpo, sente seguridade e sabe que pode preguntar sen xuízos, a vivencia da menstruación cambia por completo.

👉Se precisades orientación individualizada ou acompañamento neste proceso, recordade que podedes solicitar unha visita comigo na consulta para resolver estes temas con información e empatía.

😘

Dirección

Pardo Bazán, 30 Baixo
Burela
27880

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro M - María GC Matrona publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Centro M - María GC Matrona:

Compartir