15/11/2025
📢 CIMENTANDO IGUALDADE - CONSTRUÍNDO O BO TRATO
👧👦🏿 Bo trato dende a infancia
ℹ️ Na Casa da Muller do Concello de Lugo poñeremos en marcha unha serie de obradoiros, dirixidos a nenas e nenos de 6 a 11 anos, para fomentar o respecto, a empatía e a igualdade dende pequenos.
🧱 A través da metodoloxía LEGO® SERIOUS PLAY®, as crianzas crearán coas mans o que pensan e senten sobre as relacións, as emocións e os coidados, construíndo espazos seguros onde aprender a coidarse e coidar aos demais.
🧠 Porque o bo trato tamén se aprende, se xoga e se constrúe.
📅 Datas e lugares:
Martes 19 de novembro – Centro de Convivencia Maruja Mallo
📍 Rúa Primavera, 37 (entrada polo Carril das Hortas) – 27002 Lugo
Mércores 20 de novembro – Aula do Programa Aprende Xogando
📍 Rúa Monte Faro, s/n – no interior do Parque da Milagrosa (nave do Servizo de Obras) – 27003 Lugo
✍️ Inscricións en: igualdade@lugo.gal
📩 Indicar no correo o nome da/o nena/o e idade
🤝 Actividade promovida pola Área de Muller, Igualdade e Inclusión do
Facilita: A CARÓN Gabinete de Psicoloxía