07/06/2025
CONCERTO MEDITATIVO EN SPAZO NAMASTÉ (A ESTRADA)
Convídote a mergullarte na música sagrada e descubrir o que alí acontece.
Un Concerto Meditativo é un espazo para deter o ritmo, relaxarse e deixar que o son fale por si mesmo. A través de instrumentos como o handpan, os cuncos tibetanos, o shruti box, o tambor chamánico, a frauta nativa, a guitarra e a miña voz, o concerto convértese nunha ponte cara á calma e á harmonía.
Percorreremos diversas paisaxes sonoras, mentres cada nota te guía cara á quietude.
Haberá momentos para escoitar en silencio, momentos para participar, talvez cantando un mantra ou seguindo o latexado do tambor. Cada encontro é único, guiado pola conexión que xorde no momento.
Músico e terapeuta: Adrián Barreiro. Levo 10 anos ofrecendo concertos meditativos en salas de ioga, espazos de arte e teatros. O meu propósito sempre foi unir a música coa espiritualidade, creando encontros que transcenden as palabras.
🗓 Domingo 22 de xuño de 11:30 a 13:30
🏠 A ESTRADA - SPAzo Namasté
🎟 Aportación: 20 €
💬 Reservas vía WhatsApp: +34 622 86 43 71