04/12/2025
🗓️O pasado xoves celebramos nas instalacións da Asociación de Empresarios de O Ceao – As Gándaras unha xornada dedicada á recente entrada en vigor do novo Regulamento de Seguridade contra Incendios en Establecementos Industriais.
A actualización normativa fai imprescindible dar a coñecer as súas principais novidades: a nova valoración do risco de incendio, as medidas de protección e loita contra o lume, as responsabilidades dos titulares dos establecementos, dos proxectistas e dos mantenedores, así como as inspeccións obrigatorias que introduce ✍🏼
A ponencia foi moi interactiva, cunha alta participación por parte das persoas asistentes, que puideron formular preguntas, compartir inquietudes e debater sobre o impacto real do novo regulamento no día a día das empresas.
Este evento forma parte dun ciclo de xornadas financiado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no marco do convenio de colaboración co Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI)
🙌 Grazas a todas as persoas participantes polo seu interese e compromiso coa mellora da seguridade industrial en Galicia