24/04/2026
Compartimos imaxe das persoas asistentes ao Obradoiro de Solo Pélvico, realizado onte, 23 de abril, ás 16:30 h no Edificio Multiusos do Concello de Ourol.
Esta actividade foi organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e contou coa participación dunha matrona do Hospital Lucus Augusti de Lugo, que impartiu unha sesión teórico-práctica con recomendacións tanto a nivel preventivo como de recuperación, achegando pautas e exercicios de gran utilidade para o coidado do solo pélvico.
Queremos agradecer sinceramente a todas as persoas asistentes a súa participación e interese, así como á profesional encargada de impartir a formación pola súa implicación e pola calidade dos contidos ofrecidos.
Destacamos a elevada asistencia e a participación activa, que nos anima a seguir promovendo este tipo de actividades orientadas á mellora da saúde e do benestar da nosa veciñanza.