18/10/2024
📢 Cando non é recomendable ir ao fisio? 🤔
Non sempre é o momento adecuado para acudir ao fisioterapeuta, aínda que o corpo o pida. Aquí vos deixo tres situacións nas que mellor agardar antes de ir:
1️⃣ Tes febre? 🤒
A febre é un sinal de que o corpo está loitando contra unha infección. Neste caso, o descanso e a hidratación son fundamentais. A terapia física pode ser contraproducente, xa que o corpo necesita enerxía para recuperarse.
2️⃣ Mareos ou perda de equilibrio? 🤕
Se experimentas mareos sen razón aparente, pode ser indicativo de algo máis serio como problemas neurolóxicos ou cardiovasculares. Aconséllase unha revisión médica antes de iniciar calquera tratamento fisioterapéutico.
3️⃣ Esguince ou fractura con derrame? 🦶
As primeiras 48 horas tras un esguince ou fractura son claves para reducir a inflamación e o dor. Durante este tempo, a prioridade é aplicar xeo, repouso e acudir a un médico para descartar problemas maiores. A fisioterapia debería esperar ata que haxa un diagnóstico claro e a fase aguda estea controlada.
➡️ Moraleja? Se tes febre, mareos ou unha lesión aguda, é mellor deixar que o corpo se estabilice antes de iniciar a recuperación física. Cando estes síntomas pasen, o fisio será o teu mellor aliado! 💪🌿