01/12/2025
🙌🏻 A Deputación de Lugo abre o luns as inscricións do Lugo Termal, que medra un 20% para atender a alta demanda.
✅ A Xunta de Goberno aprobou as bases e a convocatoria para unha nova edición do programa de termalismo da institución provincial, “que reforzamos aumentando o orzamento a preto de 146.000€ e as prazas a 2.100”, informou a Voceira Socialista.
🗣️ Pilar García Porto destacou que “este esforzo inversor é unha mostra clara do noso compromiso co turismo termal, porqueencaixa co modelo de turismo sostible e de calidade polo que levamos anos apostando dende a institución provincial”.
👥 Os interesados en participar, maiores de 50 anos empadroados na provincia, poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro provincial ou a través da sede electrónica. O programa ofrece descontos nos balnearios de Lugo, Pambre, Guitiriz e Pantón, e permite acudir cun acompañante sen límite de idade.
📌 Ademais, aprobouse un investimento de case 1,7M€ para nova maquinaria e emulsión asfáltica do Parque Móbil, que mellorará o servizo para executar obras nos concellos “dun xeito máis rápido, eficiente e económico”.
👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/83659