05/02/2026
Desde Integra CEE queremos sumarnos al mensaje lanzado por Aspais Galicia sobre la futura Ley Integral de Impulso de la Economía Social.
Como compañía comprometida con la de las personas con , consideramos imprescindible proteger el empleo, los recursos y las oportunidades que permiten a miles de personas avanzar hacia una vida plena y autónoma.
🤝 Creemos en una ́aSocial que sume, que incluya y que construya futuro sin distinciones.
📢 Por eso apoyamos la llamada de ASPAIS a revisar con responsabilidad el impacto real de la nueva ley.
🔗 Puedes leer la publicación completa aquí:
https://www.linkedin.com/pulse/nova-lei-da-econom%C3%ADa-social-prescinde-metade-dos-68ake/?trackingId=7mtVInLgoAiXelm2AFNzvg%3D%3D
Aspais Galicia advirte que a futura Lei Integral de Impulso da Economía Social elimina da Economía Social a máis da metade dos centros especiais de emprego de Galicia e pon en risco a máis de 2.000 persoas traballadoras con discapacidade
O Proxecto de Lei foi aprobado no Congreso e agora irá ao Senado
A Asociación de centros especiais de emprego de Galicia manifesta a súa preocupación ante a modificación da Lei 5/2011 de Economía Social que, pasa a recoñecer unicamente aos centros especiais de emprego de iniciativa social, que representan o 50% do sector en Galicia.
O presidente de ASPAIS, José Ramón Dourado Lema, sinala que esta exclusión “supón un risco real para milleiros de persoas traballadoras con discapacidade”, xa que os centros especiais de emprego de iniciativa empresarial empregan a 2.267 persoas na comunidade.
Indica que a prioridade ten que ser protexer o emprego das persoas con discapacidade e evitar calquera discriminación que teña coma base a titularidade dos centros especiais de emprego.
Un cambio lexislativo que fractura o equilibrio do traballo protexido.
Ata agora, a Lei 5/2011 abranguía a todos os CEE dentro da Economía Social. A nova redacción do artigo 5 limita esa consideración unicamente aos centros de iniciativa social, o que, como indica Dourado, crea unha distinción innecesaria e debilita un sector que ten coma obxectivo crear emprego estable e adaptado ás persoas con discapacidade”.
O presidente de ASPAIS lembra que só unha de cada catro persoas con discapacidade en idade de traballar ten emprego, e advirte que, calquera medida que reduza a capacidade do sector vai en contra do interese xeral e dos principios de inclusión , que deberan guiar as políticas públicas.
O impacto en Galicia afecta directamente a 69 centros especiais de emprego e 2.267persoas traballadoras con discapacidade.
No Rexistro de CEE da Xunta de Galicia existen 138 centros cualificados e os de iniciativa empresarial supoñen o 50% dos mesmos, e son os que máis crecen e os que máis vinculación teñen co territorio.
O novo marco lexislativo que suporía a aprobación da Lei Integral de Impulso da Economía Social non ofrece alternativas a esa metade do tecido empresarial que dá traballo a máis de 2.000 persoas traballadoras con discapacidade.
Dourado alerta de que esta exclusión da Economía Social afectaría directamente ao acceso ás axudas, subvencións, programas de apoio, comprometendo seriamente a viabilidade de moitos centros e, con iso, a estabilidade laboral de miles de persoas traballadoras con discapacidade. Afirma que non se pode permitir que unha decisión administrativa deixe sen protección a máis dun terzo do emprego protexido en Galicia.
ASPAIS pide diálogo e unha revisión do cambio normativo
A Asociación de centros especiais de emprego de Galicia solicita ao Goberno de España e á Xunta de Galicia que abran un proceso de diálogo co sector para evitar un dano irreversible e un impacto social que considera innecesarios e profundamente inxustos.
Tamén considera que a inclusión laboral debe estar por riba de calquera etiqueta xurídica e que o compromiso é claro: defender cada posto de traballo protexido en Galicia.
Se a nova Lei de Economía Social crea diferencias entre os modelos de centros especiais de emprego, é imprescindible abrir unha negociación do Convenio colectivo para garantir condicións equilibradas e sostibles para todos.
O desequilibrio salarial existente entre centros con ánimo e sen ánimo de lucro afecta gravemente ás persoas traballadoras con discapacidade, discriminándoos en función do centro onde traballen.
En Galicia, os centros especiais de emprego de iniciativa empresarial pagan salarios máis altos ao aplicar os convenios sectoriais da actividade que desenvolven.
A desaparición destes centros especiais de emprego prexudicaría ás persoas con discapacidade, xa que só poderían acceder a centros sen ánimo de lucro pero con remuneracións inferiores.
Por último, Dourado sinala que corrixir este desequilibrio é a chave para protexer o emprego das persoas con discapacidade e garantir a continuidade dun modelo que demostrou ser eficaz e xerador de oportunidades reais.