16/11/2025
𝐎𝐁𝐑𝐀𝐃𝐎𝐈𝐑𝐎𝐒 ⤵️
2️⃣🎶 𝗥𝗘𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗜𝗠𝗣𝗥𝗢𝗩𝗜𝗦𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔𝗖𝗢𝗠𝗣𝗔𝗡̃𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗖𝗢𝗡 𝗣𝗔𝗡𝗗𝗘𝗜𝗥𝗘𝗧𝗔 𝗘 𝗧𝗔𝗠𝗕𝗢𝗥𝗜𝗟 🥁
As 𝗶𝗿𝗺𝗮́𝘀 𝗔𝗹𝗲𝗷𝗮𝗻𝗱𝗿𝗮 𝗲 𝗔𝗻𝗱𝗿𝗲𝗮 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗲𝗿𝗼, cantareiras e pandeireteiras nadas en Miño, achegaranse á 𝗫 𝗙𝗼𝗹𝗶𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗮 𝗙𝗼𝗻𝘀𝗮𝗴𝗿𝗮𝗱𝗮 para impartir o obradoiro 'Recursos de improvisación para acompañamento con pandeireta e tamboril'
🤝 De nenas iniciáronse na música e baile tradicional galego, continuando unha fonda tradición familiar. Forman parte da 𝗔.𝗖. 𝗢’𝗖𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼 𝗲 𝗱𝗼 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗟𝗶𝗹𝗮𝗶𝗻𝗮, e participan tamén en proxectos como 𝗫𝗼𝘀𝗲́ 𝗟𝗼𝗶𝘀 𝗥𝗼𝗺𝗲𝗿𝗼 & 𝗔𝗹𝗶𝗯𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗲 𝗕𝗮𝗶𝘂𝗰𝗮, levando a música galega a escenarios de todo o mundo e colaborando con artistas como Carlos Núñez, Kiko Veneno, Vetusta Morla ou C. Tangana
ℹ️ Neste obradoiro de 𝗻𝗶𝘃𝗲𝗹 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼-𝗮𝘃𝗮𝗻𝘇𝗮𝗱𝗼, compartirán patróns e recursos rítmicos para 𝗽𝗮𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗲𝘁𝗮 𝗲 𝘁𝗮𝗺𝗯𝗼𝗿𝗶𝗹, explorando novas formas de acompañamento a instrumentos como a gaita ou o acordeón. Un espazo para mesturar tradición, improvisación e evolución musical.
📅 Venres 5 de decembro – 19.30 horas
📍 Local de Ensaio da A.C. Antaruxas e Sorteiros (Rúa dos Chaos)
⏱️ Duración: 1 hora 30 minutos aprox.
💶 Prezo: 20 € por persoa (mín. 15 – máx. 25 prazas)
📲 O 𝗳𝗼𝗿𝗺𝘂𝗹𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗱𝗶𝘀𝗽𝗼𝗻̃𝗶𝗯𝗹𝗲: https://forms.gle/4g3wdSqg7KJm6WiU8