Concello de Monforte de Lemos

Concello de Monforte de Lemos Monforte, cidade monumental e de servizos ¿Sabía que o chamado Escorial de Galicia está en Monforte?

Esta é unha das moitas sorpresas que lle agardan aquí, porque Monforte é unha cidade con importantes monumentos, museos e centros de interese, ademáis de hoteis, restaurantes, taperías, tendas e lugares para relaxarse despois dun día de excursións. Aquí encontrará tamén con facilidade, servizos que pode precisar durante as súas vacacións: bancos, hospital, farmacias, librarías, cine, tren, autobu

ses, etc. Ademais Monforte é a capital da Ribeira Sacra, un paraíso no interior de Galicia que merece a pena descubrir.

26/04/2026

Aquí deixamos un resumo da XVI Carreira Popular de Monforte. Parabéns a todos os participantes 👏👏
Vémonos na seguinte edición ✨

de Monforte

✨ O Alcalde destaca o “gran éxito de participación” da XVI Carreira Popular, que encheu Monforte con máis de 1.200 corre...
26/04/2026

✨ O Alcalde destaca o “gran éxito de participación” da XVI Carreira Popular, que encheu Monforte con máis de 1.200 corredores. ✨

📍 Desenvolveuse este domingo, 26 de abril, desde as 11.00 horas, con saída e meta na Explanada da Compañía e seis categorías: Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta.

🏆 O Alcalde deu o pistoletazo de saída na Carreira Absoluta, que arrancou ás 12.00 horas cun percorrido de 10 kilómetros polas rúas do centro urbano.

🏃🏼‍♀️🏃🏽 O número de inscritos nesta edición -a máis numerosa desde 2018-, ascendeu á 1.280 dorsais, un 30% máis que en 2025: “A nosa carreira popular e, sen dúbida, unha cita de referencia no calendario das carreiras populares galegas”, destaca o rexedor.

🏅 O evento repartiu 1.200 euros en premios entre os mellores da Carreira Absoluta e trofeos conmemorativos para os mellores clasificados/as de cada unha das categorías, excepto na Mini, na que todos/as os/as participantes recibiron unha medalla e unha bolsa de lambetadas.

👏🏻 O rexedor amosou a súa satisfacción polo “gran éxito de participación e o bo ambiente e animación arredor das diferentes probas que se desenvolveron ao longo da mañá”, polo que agradeceu tanto o esforzo dos corredores e corredoras como a participación dos monfortinos e monfortinas, “que encheron as rúas da cidade para animar aos deportistas”.

Información sobre a carreira e resultados 👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-gran-exito-participacion-xvi-carreira-popular-2026-1200-corredores

🥋 O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou este sábado as medallas aos gañadores do Campionato Provincial en Idad...
25/04/2026

🥋 O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou este sábado as medallas aos gañadores do Campionato Provincial en Idade Escolar de Técnica e Freestyle de Taekwondo que tivo lugar no Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela.

👏🏻 O campionato, no que participan deportistas de 6 a 16 anos de idade nas categorías desde Benxamín a Xuvenil, reuniu en Monforte arredor de 200 competidores, 46 deles do Club Neka de Monforte.

📍 Trátase dun evento relevante para os xoves taekwondista, xa que é clasificatorio para o Campionato Galego que se celebrará o vindeiro 9 de maio na Coruña.

✨ O Concello de Monforte foi un dos principais patrocinadores deste evento deportivo co transporte dos tapices e a cesión do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela.

🙌🏻 O director deporitivo do Ximnasio Neka, José María Vega, agradeceu esta colaboración, fundamental para que Monforte poida acoller un evento deportivo destas características.

🥇Máis información e resultados dos deportistas monfortinos👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-entrega-medallas-campionato-provincial-idade-escolar-taekwondo-pinguela

⛪ O Alcalde anuncia a concesión de licencia para a restauración de tres igrexas nas parroquias de Rozavales, Baamorto e ...
25/04/2026

⛪ O Alcalde anuncia a concesión de licencia para a restauración de tres igrexas nas parroquias de Rozavales, Baamorto e A Penela cun investimento conxunto de 112.700€.

✍🏻 As actuacións nestes inmobles están recollidas nun convenio de colaboración entre a Deputación e a Diócese de Lugo asinado o 9 de outubro de 2025, sendo Tomé Roca presidente da institución provincial.

🫱🏻‍🫲🏼 O acordo recolle melloras en 9 templos da provincia lucense, 3 deles no Concello de Monforte de Lemos trala inclusión expresa formulada polo propio Alcalde.

🗣️ “Esta intervención é unha proba máis do compromiso do Alcalde e do Equipo de Goberno co patrimonio e coas parroquias rurais, porque conservar as igrexas é tamén conservar a historia, a arquitectura e a vida social do noso territorio”, explica José Tomé.

📍 Nos últimos días aprobáronse en Xunta de Goberno Local as correspondentes licenzas municipais para levar a cabo os traballos de restauración, polo que corresponde agora ao Obispado de Lugo licitar e executar os proxectos, tal como quedou recollido no convenio asinado.

➡️ https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-concesion-licencia-restaurar-igrexas-rozavales-baamorto-penela

🎂 O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu esta tarde no Edificio Multiusos ao Concerto de Mestres incluido nos ac...
24/04/2026

🎂 O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu esta tarde no Edificio Multiusos ao Concerto de Mestres incluido nos actos conmemorativos do 25 aniversario do Conservatorio Profesional de Música Municipal ‘Mestre Ibáñez’.

📍 O rexedor estivo acompañado polos Concelleiros de Deportes, José Manuel Mougán; Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, e Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz.

🎶Participaron os docentes Aldara Otero (violín), Alberto Loureiro (saxofón), Paula López (piano), Az**el Fernández (piano), Álvaro Iglesias (guitarra), Lois Prado (gaita), Fernando Sanmartino (clarinete), Lucas Álvarez (tuba) e José Luis García (percusión).

🎼 O recital incluiu obras clásicas, contemporáneas e bandas sonoras, e foi seguida por un numeroso público.

📆 O programa conmemorativo continuará o xoves 30 de abril, cun concerto da ‘brass band’ Brassica Rapa, na Casa da Cultura, ás 20.00 horas.

➡️ https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/mestres-conservatorio-concerto-multiusos-conmemorar-25-aniversario

🎶 O Edificio Multiusos acolle esta tarde, a partir das 19.00 horas, un Concerto de Mestres a cargo do persoal docente do...
24/04/2026

🎶 O Edificio Multiusos acolle esta tarde, a partir das 19.00 horas, un Concerto de Mestres a cargo do persoal docente do Conservatorio Profesional de Música ‘Mestre Ibáñez’ de Monforte.

🎂 A cita enmárcase nos actos do 25 aniversario deste centro educativo.

🎼 O recital inclúe actuacións do profesorado do Conservatorio nas súas distintas especialidades interpretando obras clásicas, contemporáneas e bandas sonoras.

📍 Participarán os/as mestres Aldara Otero (violín), Alberto Loureiro (saxofón), Paula López (piano), Az**el Fernández (piano), Álvaro Iglesias (guitarra), Lois Prado (gaita), Fernando Sanmartino (clarinete), Lucas Álvarez (tuba) e José Luis García (percusión).

➡️ https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/mestres-conservatorio-concerto-multiusos-conmemorar-25-aniversario

🎭 O ###III Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte celébrase do 7 ao 19 de maio coa estrea de 6 o...
24/04/2026

🎭 O ###III Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte celébrase do 7 ao 19 de maio coa estrea de 6 obras.

Os centros participantes nesta edición, son os CEIP A Gándara e Monforte, o Colexio P. Ferroviario e os IES A Pinguela, Río Cabe e Daviña Rey.

📆 Todas as obras escenificaranse ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

A entrega de premios realizarase no salón de actos da Casa da Cultura o 27 de maio, ás 18.00 horas.

🎬 Programa:

📍 CEIP A Gándara, coa obra “Acabouse a guerra”, o xoves 7 de maio.

📍 IES Río Cabe, coa peza titulada “Esmoleiros”, o venres 8 de maio.

📍 IES A Pinguela, coa obra “A casa”, o luns 11 de maio.

📍 Colexio P. Ferroviario, representará “A gatipública”, o xoves 14 de maio.

📍 IES Daviña Rey, coa obra “O velorio”, o luns 18 de maio.

📍CEIP Monforte, coa obra “Hoxe hai función”, pechando o ciclo o martes 19 de maio.

➡️ https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/###iii-certame-teatro-centros-ensino-monforte-7-19-maio-estrea-6-obras

🏃‍♀️ A inscrición na Carreira Popular de Monforte bate récords pospandemia con 1.280 corredores, un 30% máis que na edic...
23/04/2026

🏃‍♀️ A inscrición na Carreira Popular de Monforte bate récords pospandemia con 1.280 corredores, un 30% máis que na edición anterior 🏃‍♀️

🏁 A cita é este domingo, 26 de abril, desde as 11.00 horas, con saída e meta na Explanada da Compañía, a carón dos Escolapios.

🥇 Nesta nova edición temos a cifra de participación máis alta desde a pandemia e prodúcese un salto cuantitativo moi importante respecto dos datos de 2025, xa que temos un aumento do 30% no listado de inscritos, o que fala moi ben da nosa carreira popular, sen dúbida, unha cita de referencia no calendario das carreiras populares galegas”, apunta o rexedor.

💪 O evento contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros por un percorrido completamente urbano, e catro probas de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros, dirixidas a menores, en función das idades.

🚫 Para o desenvolvemento da carreira será preciso cortar o tráfico de vehículos de forma progresiva en varias rúas do centro urbano desde as 10.15 horas ata a finalización do evento.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/inscricion-carreira-popular-monforte-2026-record-pospandemia-1280-corredores

🎭 Nova cita co teatro en Monforte, organizado polo Concello dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorio...
23/04/2026

🎭 Nova cita co teatro en Monforte, organizado polo Concello dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

📅 Hoxe, 23 de abril, ás 20.15 horas.
📍 Edificio Multiusos de Monforte
🎟️ Obra: “Amalia y el río, historia de una estraperlista”, da compañía Teatro Guirigai.
📌 O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros, 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

🧳 A peza está baseada na historia real de Antonia La Lirina, veciña de Olivenza (Badajoz). 💪 Representa un anaco vivo das historias ocultas do contrabando en España protagonizado por unha muller forte, intelixente e sarcástica que pelexou por manter a súa dignidade e o seu dereito ao traballo nunha sociedade profundamente machista.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/teatro-multiusos-hoxe-amalia-rio-historia-estraperlista

Sesenta persoas asistiron á charla sobre a regularización extraordinaria de persoas inmigrantes que ofreceu o Concello.F...
22/04/2026

Sesenta persoas asistiron á charla sobre a regularización extraordinaria de persoas inmigrantes que ofreceu o Concello.

Foi impartida por unha avogada especializada en materia de estranxeiría do Programa de acollida de persoas inmigrantes do Concello de Monforte de Lemos.

A Tenente Alcalde e Concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, explicou que o Concello de Monforte é especialmente sensible con este colectivo: “Sendo conscientes do número de persoas migrantes que residen no noso municipio, o Alcalde quixo reforzar o traballo de asesoramento e acompañamento na tramitación administrativa para que estas persoas poidan regularizar a súa situación e vivir e traballar con normalidade en Monforte, cos mesmos dereitos e deberes que o resto do monfortinos e monfortinas”.

Ante a aprobación do novo Real Decreto, engadiu, “o Concello de Monforte quixo reforzar esta labor de asesoramento e organizar esta charla informativa para orientar a todas as persoas interesadas en participar neste proceso”.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/sesenta-persoas-asistiron-charla-regularizacion-extraordinaria-inmigrantes-concello-monforte

🚰 O Concello de Monforte informa dun corte no subministro de auga que afectará mañá xoves, 23 de abril, a varias rúas do...
22/04/2026

🚰 O Concello de Monforte informa dun corte no subministro de auga que afectará mañá xoves, 23 de abril, a varias rúas do municipio.

🚧 O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co obxectivo de mellorar o servizo de abastecemento.

📍 As zonas afectadas son: rúa Incio, Camiño da Chorima, Escultor Francisco Moure a partir do paso a nivel, Montepando, Reboredo a partir do paso a nivel, A Lagoa, A Regueira e Piñeira.

👷 Os traballos será executados pola empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga, Aqualia, e desenvolveranse entre as 9.00 e as 16.00 horas deste xoves, 23 de abril.

💧 Neste horario, será preciso interromper o subministro de auga nas citadas zonas afectadas.

🙌 O Concello agradece a comprensión dos veciños e veciñas diante das molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.

➡️ https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concello-informa-corte-subministro-auga-varias-ruas-mellora-abastecemento

👷🏼‍♀️ O Alcalde anuncia a posta en marcha dun novo obradoiro de emprego en Monforte que creará 24 postos de traballo dur...
22/04/2026

👷🏼‍♀️ O Alcalde anuncia a posta en marcha dun novo obradoiro de emprego en Monforte que creará 24 postos de traballo durante nove meses. 👷

🧱 🪚 O obradoiro, promovido polo Concello de Monforte e concedido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, desenvolverase con dous módulos nas especialidades de Carpintería e moble e Pavimentos e albanelería de urbanización.

🚧 Contará cun orzamento de 526.576 euros e contempla traballos de acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela, así como a restauración do contorno da zona afectada polos incendios forestais no ano 2025, concretamente nos locais sociais de Moreda e de Seoane.

📅 A data de inicio do obradoiro é o 1 de xuño de 2026 e inclúe incentivos de contratación posterior en empresas por un período mínimo de 3 meses.

☑️ O Alcalde anima aos monfortinos e monfortinas en situación de desemprego a acudir á Oficina de Emprego, na rúa San Pedro, e “solicitar unha praza para formarse e adquirir cualificación profesional en sectores que hoxe están moi demandados facilitando, polo tanto, a súa inserción laboral a través da contratación en empresas ou o autoemprego”.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-anuncia-novo-obradoiro-emprego-monforte-24-postos-traballo

Dirección

Campo De Santo Antonio S/n
Monforte De Lemos
27400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Monforte de Lemos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir