16/03/2026
📸 Crecente e a Torre. Unha porta aberta á memoria de Crecente.
Presentamos esta exposición fotográfica como un convite a mirar ao pasado con respecto e emoción, para lembrar as historias, as persoas e os momentos que forman parte da nosa comunidade.
📍 Lugar: Ponte Ribadil 3-5, 36493 Crecente, Pontevedra
Edificio vello – última planta (con ascensor)
📅 Do 26 de marzo ao 25 de abril
🔹 Apertura: 26 de marzo ás 17:00 h, con coloquio
🔹 Peche (25 de abril): performance, proxección dun documental e concerto do grupo de gaitas O Castriño (Rebordechán)
Durante estas semanas haberá máis actividades relacionadas coa exposición, que iremos anunciando.
Unha oportunidade para volver ás raíces, compartir lembranzas e seguir construíndo comunidade.