BBTTA

BBTTA GRUPO DE APOIO Á LACTACIÓN MATERNA

BBTTA é un grupo de apoio á Lactación Materna fundado en Narón (Xuño de 2005) coa intención de proporcionar información e apoio a aquelas nais que queiran aleitar ós seus fillos. Axudamos a resolver calquera dúbida ou problema, ademais de fomentar a Lactación Materna e informar da súa importancia e beneficios na alimentación dos nosos fillos.

Pili falounos de como chegan as mulleres ao GALM, do puerperio e dos aspectos psicoemocionais da lactación materna... E ...
25/04/2026

Pili falounos de como chegan as mulleres ao GALM, do puerperio e dos aspectos psicoemocionais da lactación materna... E insistiu, de novo, na importancia de resignificar a linguaxe en torno á maternidade...

Rematamos a terceira finde deste marabilloso Curso...
Vémonos o 16/05; pasaremos o día enteiro aprendendo de ❤️❤️💜💜

Hoxe Temos a sorte de que Aliana imparta a maior parte do día... Impartirá temas fundamentais, como: lactación múltiple ...
25/04/2026

Hoxe Temos a sorte de que Aliana imparta a maior parte do día...

Impartirá temas fundamentais, como: lactación múltiple e durante o embarazo, relactación, bancos de leite, volta ao traballo, galactóforos, inducción...

Escoitala é un luxazo. Vacíase de coñecemento dunha forma tan rigurosa e emotiva á vez que caí dela a docente perfecta.

Grazas por ser e por sempre estar para nós e para as mulleres q se queren formar en LM

#2026

🕔 Ás 17:00📍 Local Social de O Alto do Castiñeiro Rúa Manuel Antonio, 9. Narón OMS e UNICEF insisten dende hai moitos ano...
15/04/2026

🕔 Ás 17:00
📍 Local Social de O Alto do Castiñeiro
Rúa Manuel Antonio, 9. Narón

OMS e UNICEF insisten dende hai moitos anos na importancia de manter a lactación materna e de facela renacer onde tende a desaparecer, como medio para mellorar a saúde e a nutrición das crianzas

En 1974, a 27ª Asemblea Mundial da Saúde advertiu do descenso xeral da lactación en moitas rexións mundiais, debido á influencia de factores socioculturais e doutro tipo, entre eles a promoción de substitutos manufacturados do leite materno, e instou «aos Estados Membros a revisar as actividades de propaganda comercial dos alimentos para lactantes e a adoptar as oportunas medidas correctoras, entre elas a promulgación de leis e regulamentos se fose necesario»

A 33ª Asemblea Mundial da Saúde (maio, 1980), fixo a declaración e as recomendacións aprobadas por consenso na reunión conxunta OMS/UNICEF, facendo especial mención da recomendación segundo a cal «debe establecerse un código internacional de comercialización das preparacións para lactantes e doutros produtos utilizados como substitutos do leite materno»

En maio de 1981, a Asemblea Mundial da Saúde debateu a cuestión, logo de ser presentada polo representante do Consello Executivo. O 21 de maio, a Asemblea aprobouno, nacendo así, o Código Internacional de Comercialización dos Sucedáneos do Leite Materno

O obxectivo do código é protexer a lactación materna fronte a prácticas comerciais pouco éticas por parte da industria dos sucedáneos. A pesar de cumprir 45 anos, este día de concienciación é máis necesario ca nunca: en 2022, a OMS denunciou o marketing abusivo da industria farmacéutica para promover a venda de fórmula infantil. Icluindo: pagos a plataformas de RRSS, colaboracións con influencers, aplicacións móbiles propias, grupos de apoio "patrocinados" e promocións e concursos

🔗 Fonte: PAHO/OMS - Comercialización abusiva chega a niveis Alarmantes




#2026

Queridas compañeiras,Queremos facervos chegar o noso máis sentido pesar polo pasamento de Olga López Racamonde.Sabemos q...
13/04/2026

Queridas compañeiras,

Queremos facervos chegar o noso máis sentido pesar polo pasamento de Olga López Racamonde.

Sabemos que foi moito máis ca unha profesional exemplar: unha compañeira, unha referente e unha das persoas que contribuíron a construír o camiño que hoxe transitamos tantas.

Gustaríanos recoñecer o seu papel dentro de , o seu traballo incansable na defensa dunha maternidade máis acompañada e o seu compromiso coa promoción da lactación materna. Grazas a persoas coma ela, hoxe somos máis as que seguimos tecendo rede e sostendo estes espazos.

Nestes momentos, queremos enviarvos unha forte aperta e todo o noso agarimo. Compartimos convosco a tristura pola súa perda, pero tamén o orgullo e a gratitude por todo o que deixou.

Queremos facer chegar todo o Noso agarimo á súa familia, achegadas e compañeiras.

Que o seu compromiso, a súa entrega e a súa humanidade sigan vivas en cada acompañamento, en cada lactación apoiada e en cada nai que se sente escoitada.

Moita forza e agarimo,

Xunta directiva de BBTTA

Rematamos con Pili 🥰,  que nos falou de Comunicación, de Escoitar Activa, de prestar apoio e confianza... Do revoluciona...
11/04/2026

Rematamos con Pili 🥰, que nos falou de Comunicación, de Escoitar Activa, de prestar apoio e confianza... Do revolucionario e transformador de confiar nas mulleres, nas nais...

Por hoxe suficiente. Toca repousar todo o bonito que xurdiu neste espazo... Máis o 25/04!!!

Turno de Lupe pediatra de referencia de  A parte da nosa querida Lupe ❤️❤️❤️❤️ é a de Fármacos e LM, Patróns de crecemen...
11/04/2026

Turno de Lupe pediatra de referencia de
A parte da nosa querida Lupe ❤️❤️❤️❤️ é a de Fármacos e LM, Patróns de crecemento e curvas de peso...

Turno de  de  falándonos de métodos anticonceptivos durante a lactación e de plans de parto...🥰🥰🥰🥰Inmensa a súa parte...
11/04/2026

Turno de de falándonos de métodos anticonceptivos durante a lactación e de plans de parto...
🥰🥰🥰🥰

Inmensa a súa parte...

Aquí estamos de novo...Hoxe abriu o curso a nosa marabillosa  ❤️❤️❤️❤️ abordando cuestións clave para as asesoras de lac...
11/04/2026

Aquí estamos de novo...
Hoxe abriu o curso a nosa marabillosa ❤️❤️❤️❤️ abordando cuestións clave para as asesoras de lactación...

sempre presente 💜💜

Reunión de Lactación📆 Mañá a partir das 17📍 Local Social o Alto do Castiñeiro      Manuel Antonio, 9Non faltedes, a vosa...
07/04/2026

Reunión de Lactación
📆 Mañá a partir das 17
📍 Local Social o Alto do Castiñeiro
Manuel Antonio, 9

Non faltedes, a vosa tribo vos espera... 😍😍😍

Ademáis poñemos de novo a axenda das actividades do primeiro semestre.

🗓️ Reunións de lactación: Os mércoles, agás en vacacións escolares. Espazo para facer tribo, compartir experiencias, resolver dúbidas e apoiarnos mutuamente

Desde o 28 de marzo e durante abril e maio mergullámonos nun dos cursos de asesoría en lactación máis prestixiosos de Galicia. Unha formación de referencia onde xa se formaron centos de asesoras e sanitarias. A IX edición do curso de asesoría en lactación materna de BBTTA. 

Conferencia de Irene Iglesias ❤️😍
📆 13 de Xuño, de 11 a 13
📍 Local Social de O Alto do Castiñeiro  

Están programadas con moita ilusión. Son oportunidades para informarnos, formarnos, compartir e facer esa tan precisa rede de apoio. ¡Esperámovos cos brazos abertos!

¡Xuntas facemos a diferenza!




  #2026❤️    

📆 Este mércores, 01 de abril, non teremos reunión, xa que coincide coas vacacións escolares das crianzas.Se tes algunha ...
31/03/2026

📆 Este mércores, 01 de abril, non teremos reunión, xa que coincide coas vacacións escolares das crianzas.

Se tes algunha dúbida relacionada coa túa lactación, seguimos dispoñibles a través do teléfono, correo electrónico e nas redes sociais.

E non esquezades botar un ollo a todas as actividades que temos preparadas: o curso, conferencias, Obradoiros....



Xa estamos en marcha Comezou o IX Curso de Asesoría en Lactación Materna de BBTTA.Unha nova edición chea de aprendizaxe,...
28/03/2026

Xa estamos en marcha
Comezou o IX Curso de Asesoría en Lactación Materna de BBTTA.
Unha nova edición chea de aprendizaxe, tribo e sostén...







💜 GrazasChegamos un pouco tarde con este agradecemento…pero hai encontros que non se poden pechar rápido.Quedan no corpo...
27/03/2026

💜 Grazas

Chegamos un pouco tarde con este agradecemento…
pero hai encontros que non se poden pechar rápido.
Quedan no corpo, movéndose, recolocando, pedindo tempo para ser integrados.

E este foi un deles.

Grazas a todas as mulleres que estiveches aí.
Por vir, por escoitar, por abrir, por sostervos tamén entre vós.

Grazas ás profesionais que decidides seguir mirando máis alá, e entrar neses lugares onde o corpo fala e a experiencia pide ser comprendida.

E grazas, de maneira moi especial, a .psi ,
por traer esa forma tan túa, ou tan de La Loba (1), xa casi non sabemos diferenciarvos, de nomear o difícil sen romper,
de soster sen invadir… de recoller o que está roto e acompañalo ata que pode atopar sentido.

Porque hai encontros que non rematan cando se pecha a porta.
Quedan traballando por dentro.

🐺 Quizais por iso, algo de todo o que se abriu ese día
segue o seu camiño...
Pasiño a pasiño...
Ata volver á vida.

Grazas por formar parte 💜

(1) Mujeres que corren con los lobos, de Clarissa Pinkola. lectura altamente recomendable



Dirección

Local Social Da Gándara, Cuatro Caminos S/n
Narón
15570

Horario de Apertura

17:00 - 19:00

Teléfono

680113845

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BBTTA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a BBTTA:

Compartir