Parafarmacia Horizonte

Parafarmacia Horizonte Tienda de productos de bellleza, salud y bienestar ubicadas en Ponteceso y en Baio. Ahora también o PARAFARMACIA HORIZONTE

¿Es do equipo "con cor" 🤎 para un efecto boa cara no día a día, ou prefires "sen cor" 🤍 pola súa lixeireza? 🤔 Non teñas ...
16/04/2026

¿Es do equipo "con cor" 🤎 para un efecto boa cara no día a día, ou prefires "sen cor" 🤍 pola súa lixeireza? 🤔 Non teñas dúbidas... porque agora non tes que escoller!

​Chega o bo tempo e en Parafarmacia Horizonte traémosche unha SÚPER PROMOCIÓN de ISDIN para que prepares a túa pel:

​💥 Pola compra de calquera fotoprotector solar ISDIN, descontámosche 10€ na túa segunda unidade! 💥

​E o mellor de todo é que podes combinar como queiras:

👉 Podes levar outro fotoprotector (como na foto: un sen cor e outro con cor para ter todas as bases cubertas!).

👉 Ou podes escoller calquera produto da incrible gama ISDINceutics para completar a túa rotina de coidado facial. ✨

​Alta protección, texturas lixeiras que non irritan os ollos e agora... ao mellor prezo.

​📍 Pásate polas nosas parafarmacias en Baio ou Ponteceso e axudámosche a escoller o combo perfecto para as necesidades da túa pel. Non o deixes escapar! 🏃‍♀️💨

Ola a todas e a todod! 👋 Queremos informarvos dos nosos horarios de apertura para estes días festivos de Semana Santa na...
01/04/2026

Ola a todas e a todod! 👋
Queremos informarvos dos nosos horarios de apertura para estes días festivos de Semana Santa nas nosas dúas tendas. Tomade nota para facer as vosas compras! 📝

​📍 Parafarmacia Horizonte PONTECESO:
​Xoves 2: Pechado 🔒
​Venres 3: Pechado 🔒
​Sábado 4: Aberto de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 🕘

​📍 Parafarmacia Horizonte BAIO:
​Xoves 2: Pechado 🔒
​Venres 3: Pechado 🔒
​Sábado 4: Aberto de 09:30 a 14:00 (Pechado pola tarde) 🕘

​Dende o equipo de Parafarmacia Horizonte desexámosvos que pasedes unha moi boa Semana Santa. Descansade e gozade dos días libres! 🌿✨ Calquera dúbida, deixádea nos comentarios ou mandádenos unha mensaxe.

☀️ ¡COIDADO SOLAR CON PREMIO! ​¿Sabías que o mellor segredo de beleza é unha boa protección? En Horizonte queremos que p...
16/03/2026

☀️ ¡COIDADO SOLAR CON PREMIO!
​¿Sabías que o mellor segredo de beleza é unha boa protección? En Horizonte queremos que prepares a túa pel para o sol con Heliocare, a marca líder en ciencia dermatolóxica. 🔬✨

​¡E agora traémosche unha promoción que non podes deixar escapar!
​💰 ¡10€ DE DESCONTO DIRECTO! 💰
Na túa 2ª unidade de produtos Heliocare:
✅ Facial
✅ Con cor (¡efecto boa cara inmediato! 😍)
✅ Cápsulas orais (protección dende o interior)

​Non importa cal sexa o teu tipo de pel, temos o Heliocare perfecto para ti. Desde o Pigment Solution para previr manchas ata o Gel Oil-Free para un acabado mate impecable.

​🏃‍♀️ ¡Corre que voan!
📅 Promoción válida ata o 17 de maio de 2026.
📍 Ven visitarnos a Horizonte e elixe o teu combo ideal.
​¡A túa pel merece o mellor, e o teu peto tamén! 💸🙌


✨ Desafía o paso do tempo coa eficacia de Avène. Agora cun -20% de desconto! ✨​Coidar a túa pel nunca foi tan agradecido...
11/03/2026

✨ Desafía o paso do tempo coa eficacia de Avène. Agora cun -20% de desconto! ✨

​Coidar a túa pel nunca foi tan agradecido. Chegou o momento perfecto para renovar a túa rutina facial coa nosa promoción exclusiva: -20% DE DESCONTO en TODAS as gamas antiedade de Avène!
Como cada pel é única, temos o tratamento perfecto para as túas necesidades:
​💧 Buscas alisar e rexenerar? Hyaluron Activ B3 é para ti.
🍊 Necesitas un extra de luminosidade e unificar o ton? Namoraraste de Vitamin Activ Cg.
✨ Queres redensificar, nutrir e dar firmeza? DermAbsolu será o teu mellor aliado.
🔬 Buscas unha renovación celular intensiva e actuar sobre as engurras máis marcadas? A gama Hyaluron Activ Procedure con retinal é a túa solución ideal.

​Toda a eficacia dermatolóxica e a suavidade calmante da Auga Termal de Avène, agora a un prezo incrible.

​⏳ Non deixes pasar esta oportunidade de mimarte e lucir a túa mellor versión.

​📍 Vén visitarnos, cóntanos que necesita a túa pel e axudarémosche a atopar o teu ritual de beleza ideal. Agardámoste! 🏃‍♀️💨

✨ Es das que mira a lista de ingredientes? Entón o novo Daily Peel de Filorga vaiche namorar (e o seu prezo tamén!) ✨​Se...
10/03/2026

✨ Es das que mira a lista de ingredientes? Entón o novo Daily Peel de Filorga vaiche namorar (e o seu prezo tamén!) ✨

​Se che preocupan as manchas e o ton apagado, o segredo para unha pel radiante está na química da túa rutina. O novo Daily Peel de Filorga é unha solución renovadora de uso diario que transforma o teu rostro mentres dormes.

​Por que funciona tan ben? Imos analizar a súa potente fórmula paso a paso:

​🧪 10% Advanced Peel Complex (Ácido Láctico, Ácido Mandélico e Piruvato de Sodio): Unha combinación de AHAs (ácidos alfa-hidroxi) deseñada especificamente para unha exfoliación diaria e segura. Elimina as células mortas, afina a textura e devolve a luminosidade sen comprometer a tolerancia da pel.
​🛡️ 5% Niacinamida: Unha porcentaxe ideal para unificar o ton. Actúa bloqueando a transferencia da melanina cara á superficie da pel, previndo novas manchas, mentres fortalece a función barreira cutánea.
​🎯 2% Ácido Tranexámico: O despigmentante de referencia! Este potente activo actúa de raíz corrixindo as manchas pigmentarias máis teimosas e mellorando notablemente a claridade global do rostro.
​💧 Complexo NCEF: O corazón revitalizante exclusivo de Filorga, que reforza a calidade xeral da pel, aportando firmeza e hidratación.
​É o paso preparatorio perfecto: aplícao de noite, despois da limpeza e antes do teu tratamento habitual.

​💥 Aproveita a nosa promoción exclusiva: Lévao agora por só 31,13€ (antes 41,50€). Un 25% de desconto en alta eficacia antimanchas!

​📍 Tes dúbidas sobre como introducilo na túa rutina ou se podes combinalo co teu retinol ou vitamina C? Pásate a vernos e asesorámoste en detalle. Agardámoste!

✨ O SEGREDO PARA UNHA PEL RADIANTE... AGORA CUN DESCONTO EXCLUSIVO! ✨​Sabemos que che encanta darlle ao teu rostro o mel...
09/03/2026

✨ O SEGREDO PARA UNHA PEL RADIANTE... AGORA CUN DESCONTO EXCLUSIVO! ✨

​Sabemos que che encanta darlle ao teu rostro o mellor coidado. Por iso, preparamos unha sorpresa á altura da túa pel. 🖤

​Descubre o poder da alta cosmética de FILORGA e leva os teus produtos favoritos da marca cun -25% DE DESCONTO DIRECTO.
​Por que escoller Filorga?
💧 Hidratación profunda e duradeira.
✨ Eficacia antiidade inspirada na medicina estética.
🌟 Unha luminosidade que se nota desde o primeiro día.

​⏳ ATENCIÓN: Só por tempo limitado! Esta promoción exclusiva estará dispoñible unicamente do 9 ao 21 de marzo.

Non deixes pasar a oportunidade de renovar a túa rutina de beleza.

​Mima a túa pel hoxe mesmo. Porque ti o vales!

🌸 O segredo da firmeza: Presentamos Hyaluron Activ B3 "Procedure" de Avène. ​Se buscas un efecto "lifting" sen pasar por...
09/02/2026

🌸 O segredo da firmeza: Presentamos Hyaluron Activ B3 "Procedure" de Avène.

​Se buscas un efecto "lifting" sen pasar por quirófano, tes que coñecer a última revolución de . O novo Hyaluron Activ B3 Sérum Tenseur é un concentrado de alta precisión deseñado para dar unha resposta inmediata e duradeira á falta de firmeza e ás engurras de expresión.

​✨ Que o fai tan especial?
​A súa fórmula ultra-concentrada contén un 10% de solución de hexapéptidos, o ingrediente do que todo o mundo fala na dermocosmética avanzada.

​🧪 Pero... que son exactamente os Hexapéptidos?
​Os hexapéptidos son pequenas cadeas de 6 aminoácidos que actúan como "mensaxeiros" na nosa pel. Seguro que escoitaches falar deles como o "botox tópico", e aquí explicámosche por que:
➡️ ​Relaxación muscular: Axudan a suavizar as micro-contraccións faciais, reducindo visiblemente as engurras de expresión (frente, patas de galo).
➡️ ​Estimulación de coláxeno: Favorecen que a pel fabrique as súas propias proteínas estruturais.
➡️ ​Efecto tensor: A diferenza doutros ingredientes, os hexapéptidos ofrecen un efecto de firmeza case inmediato, deixando a pel máis lisa e tersa ao instante.

​💧 Beneficios clave:
✔️​Efecto tensor inmediato: Ideal para aplicar antes de calquera evento ou na túa rutina diaria para un rostro máis definido.
✔️​Textura lixeira: Penetra nas capas máis profundas sen deixar sensación graxa.
✔️​Dermatoloxía de vangarda: Deseñado para potenciar os resultados de procedementos estéticos ou como tratamento intensivo na casa.

​📍 Ven visitarnos a Parafarmacia Horizonte e descubre como os hexapéptidos poden transformar a túa rutina de coidado facial. ¡A túa pel merece este extra de enerxía!

Ao teu lado, con coidado e esperanza. 🌿💜​Hoxe, 4 de febreiro, conmemoramos o Día Mundial contra o Cancro. Dende Parafarm...
04/02/2026

Ao teu lado, con coidado e esperanza. 🌿

💜​Hoxe, 4 de febreiro, conmemoramos o Día Mundial contra o Cancro. Dende Parafarmacia Horizonte queremos aproveitar esta xornada para enviar todo o noso agarimo a quen convive con esta realidade e para recordar a importancia de coidarnos, hoxe e todos os días.

​Como profesionais da saúde, o noso compromiso é o de acompañar. Por iso, hoxe poñemos o foco no que podemos facer xuntos:

​✨ Prevención e hábitos: Pequenos xestos no noso día a día, como unha protección solar axeitada e unha alimentación equilibrada, son fundamentais.

🧴 Coidado da pel: Sabemos que os tratamentos oncolóxicos poden ser esixentes. Estamos aquí para asesorarte sobre dermocosmética específica que axude a protexer e calmar a túa pel neste proceso.

🔬 Apoio á ciencia: Sumamos a nosa voz á importancia de seguir investindo en investigación, o único camiño cara a un futuro con máis saúde.

​Neste horizonte que compartimos, o máis importante é que non camiñas só/soa. Se tes dúbidas ou precisas consello sobre autocoidado, estamos aquí para escoitarte.

02/01/2026

O tempo voa, pero o noso agarimo queda!

🙏Este ano temos que pedirvos un pequeno perdón. Entre as ceas, o balbor de estar coa familia e os preparativos para as festas, o reloxo correu máis que nós e non nos deu tempo a gravar o noso tradicional vídeo de felicitación.

🕰As redes sociais levan o seu tempo, e ás veces a vida real pídenos disfrutala fóra das pantallas.

📼📹​Pero que non haxa vídeo non significa que non vos teñamos presentes.

❤️Parafarmacia Horizonte non sería o mesmo sen todos vós. Grazas por facer posible que, un ano máis, sigamos ao voso carón coidando do que máis importa: a vosa saúde.

​¡Feliz 2026 a todos e todas!

¡Que non te pille o touro! 🐂💨 Noitevella está á volta da esquina e sabemos que as présas non son boas conselleiras.​¿Esq...
31/12/2025

¡Que non te pille o touro! 🐂💨 Noitevella está á volta da esquina e sabemos que as présas non son boas conselleiras.
​¿Esqueciches o rimel para esa mirada de impacto? ¿Ou o labial que conxunta co vestido? 💄
​Tranquila/o, en Parafarmacia Horizonte pensamos en todo:
​✨ Que os tacóns non che amarguen a festa: temos plantillas e tiritas para as ampolas.
​✨ E para que o día 1 non sexa un drama... ¡temos Resalim! 💊☕

Feliz fin de ano e bo comezo no ano 2026🍾

25/12/2025

¡Confirmado: o karaoke engancha máis que o chocolate de Nadal! 🍫🎤

​Queriamos facer un vídeo rápido para felicitarvos as festas, pero tivemos un pequeno contratempo... ¡Non había quen lle quitase o micro á xefa maior! 🤣 Unha vez que arrancou, xa non quería soltalo (temos unha estrela na parafarmacia e non o sabiamos).

​Despois de varios intentos, moitos risos e algunha que outra "loita" por pillar o micro, conseguimos poñernos dacordo para o máis importante:
​✨ ¡Moi Bo Nadal a todos e todas! ✨
​Grazas por confiar en nós e por regalarnos sorrisos cada vez que vindes visitarnos. Que pasedes unhas festas fantásticas, rodeados da vosa xente e con moita saúde.

​¡Nós seguiremos aquí para coidar de vós (e para ver se convencemos á xefa de que nos devolva o micro)! 😜💊
​ NadalEnFamilia KaraokeTime

🌟 A familia de Parafarmacia Horizonte Baio e Ponteceso deséxaos unha feliz Noiteboa​Informamos a todos os nosos clientes...
23/12/2025

🌟 A familia de Parafarmacia Horizonte Baio e Ponteceso deséxaos unha feliz Noiteboa

​Informamos a todos os nosos clientes que este mércores 24 de decembro teremos un horario especial para que poidades facer as vosas compras de última hora antes da gran cea.

​📍 Lembra: Estaremos contigo de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.

​Grazas por facernos parte do voso Nadal. Boas festas! 🎄❤️

Dirección

Rua Bispo Romero Lema 39bajo
Negreira
15150

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 14:00
16:30 - 21:00
Martes 09:30 - 14:00
16:30 - 21:00
Miércoles 09:30 - 14:00
16:30 - 21:00
Jueves 09:30 - 14:00
16:30 - 21:00
Viernes 09:30 - 14:00
16:30 - 21:00
Sábado 09:30 - 14:00
16:30 - 21:00

Teléfono

+34981714299

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Parafarmacia Horizonte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría