29/03/2026
🎹 Hoxe celebramos o Día Mundial do Piano no Hospital Universitario de Ourense enchendo de música e emoción os espazos asistenciais.
No marco do programa Música é Saúde, vivimos unha xornada moi especial nas unidades de críticos e na Unidade de obstetricia onde a música volveu ser unha ponte de coidado e humanización.
Queremos agradecer a participación de Antón Otero, médico de Medicina Interna; de Luis Humberto Cao, pianista voluntario; e tamén de Alejandro Aguiar, TCAE das unidades de críticos, que se sumaron a esta iniciativa facendo da música unha ferramenta de acompañamento para pacientes e profesionais.
Porque a música tamén coida. 💙🎶