16/12/2025
O pasado 10 de decembro celebrouse a última sesión do programa ReActiva Ourense, unha xornada moi especial en formato Demoday, baixo o título “Presenta a túa marca persoal”. Un encontro no que as persoas participantes tiveron a oportunidade de traballar e mostrar a súa proposta profesional, poñendo en valor as súas competencias, experiencia e potencial ante un contorno cada vez máis esixente e competitivo.
ReActiva Ourense é un programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral dirixido a persoas en situación de desemprego na provincia de Ourense, impulsado pola CEO co apoio da Deputación Provincial de Ourense. Ao longo das diferentes sesións, o programa céntrase en dotar ás persoas participantes de habilidades, coñecementos e ferramentas clave —laborais, persoais e sociais— que lles permitan achegarse ás empresas con confianza, autonomía e independencia, favorecendo así a súa inserción laboral.
Un peche de programa que reflicte o compromiso coa formación práctica, o desenvolvemento do talento e a creación de novas oportunidades de emprego na provincia.