Tesgalicia.info

Tesgalicia.info Asociación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia

💙 Seguimos formando profesionais comprometid@s coa vida!Esta vez, en   impartimos o curso de SVB + DEA a 8 profesionais ...
08/11/2025

💙 Seguimos formando profesionais comprometid@s coa vida!

Esta vez, en impartimos o curso de SVB + DEA a 8 profesionais da Clínica Grandío Pazos de Vigo.
Foi unha xornada chea de interese, participación e ganas de aprender.

🔄 Grazas por confiar en nós!

01/11/2025

Desde Tesgalicia queremos expresar o noso apoio e desexar unha pronta recuperación ao compañeiro que resultou atropelado mentres prestaba asistencia nun accidente de tráfico. Este lamentable suceso volve lembrarnos a importancia de que se recoñeza o noso labor profesional e o risco real que asumimos cada día ao coidar dos demais.

Día moi produtivo en Vigo!Socorristas, Técnicos en Emerxencias Sanitarias e persoal de Enfermería continuaron coa súa ac...
30/10/2025

Día moi produtivo en Vigo!
Socorristas, Técnicos en Emerxencias Sanitarias e persoal de Enfermería continuaron coa súa actualización e reciclaxe formativa, cun único obxectivo: mellorar para ofrecer a mellor asistencia ás persoas.
💪 Formación, compromiso e vocación ao servizo da cidadanía.

💙 29 de outubro: Día do Técnico en Emerxencias Sanitarias (TES)Hoxe é unha data para reivindicar o valor, a unidade e o ...
29/10/2025

💙 29 de outubro: Día do Técnico en Emerxencias Sanitarias (TES)

Hoxe é unha data para reivindicar o valor, a unidade e o recoñecemento dun colectivo que é moito máis ca un uniforme.

Cada 29 de outubro lembramos a quen, cun traxe sinxelo e unha responsabilidade inmensa, representan a primeira liña da atención sanitaria extrahospitalaria en toda Galicia: os Técnicos en Emerxencias Sanitarias (TES).

🚑 Detrás de cada serea, de cada paciente trasladado, de cada chamada ao 061, hai unha historia de compromiso, humanidade e entrega.
Son profesionais que chegan cando a vida se detén por segundos, e tamén quen acompañan con respecto e empatíaa quen loita cada día contra a enfermidade ou a fraxilidade.

💬 Pero este ano, o Día do TES chega cunha mensaxe clara:
👉 Reclamamos o recoñecemento pleno do TES no VI Convenio Autonómico do Transporte Sanitario de Galicia.

Pasaron máis de 15 anos desde que se recoñeceu oficialmente a titulación do Técnico en Emerxencias Sanitarias. Aínda así, en Galicia a nosa categoría profesional segue sen reflectirse de forma coherente no convenio que regula o sector.
Un esquecemento que doe e dana a esperanza de máis de 2.500 profesionais que dan cada día o mellor de si mesmos.

Porque sen o TES, o transporte sanitario non sería o que é.
Porque sen unidade, non hai avance.

O colectivo de profesionais do sector lembrámolo cada día coas nosas intervencións.
O Transporte Sanitario Urxente (TSU) e o Non Urxente (TSNU) son dúas caras da mesma vocación: salvar, coidar e acompañar.

🔸 Ambos requiren a mesma formación.
🔸 Ambos implican a mesma responsabilidade.
🔸 Ambos merecen o mesmo recoñecemento.

Por iso, propostas que pretenden dividir o posto baixo etiquetas como TES-condutor, TES-axudante ou padioleiro, non só carecen de base legal, senón que rompen a unidade dun colectivo que sempre respondeu con profesionalidade e entrega ante centos de miles de pacientes cada ano.

⚠️ Ademais, esta fragmentación podería poñer en risco o futuro do noso colectivo, especialmente coa entrada en vigor do novo Real Decreto que regula os coeficientes redutores para a xubilación anticipada en profesións de especial penosidade ou risco.
Sen unha clasificación profesional unificada, os TES poderían ver ameazado ese dereito tan duramente conquistado.

💬 O persoal do transporte sanitario urxente e non urxente, non pide privilexios.
Pide respecto, xustiza profesional e recoñecemento real.

Este 29 de outubro non é só un día no calendario.
É unha chamada á responsabilidade, á unidade e á xustiza.
É o recordatorio de que o corazón do transporte e as emerxencias sanitarias de Galicia latexa cun só nome:
💙 Técnico en Emerxencias Sanitarias.

E con máis 2.500 profesionais que, coas súas mans e o seu corazón, nunca deixarán de responder cando a vida chama.

Hoxe celebramos 18 anos dunha profesión que transformou as emerxencias no noso país: o Técnico en Emerxencias Sanitarias...
29/10/2025

Hoxe celebramos 18 anos dunha profesión que transformou as emerxencias no noso país: o Técnico en Emerxencias Sanitarias (TES).
Desde a súa regulación no RD 836/2012, esta figura consolidouse como peza clave na cadea de supervivencia, ofrecendo asistencia técnica, calma e humanidade en cada intervención.

Grazas a todos os TES que cada día garanten unha atención rápida, eficaz e segura en toda Galicia e todo o país 🇪🇸
Feliz 18º aniversario!

🫀 Día da Parada Cardíaca en Ponteareas 🫀Por terceiro ano consecutivo, Tesgalicia e o Concello de Ponteareas organizamos ...
27/10/2025

🫀 Día da Parada Cardíaca en Ponteareas 🫀

Por terceiro ano consecutivo, Tesgalicia e o Concello de Ponteareas organizamos unha xornada formativa con motivo do Día da Parada Cardíaca ❤️.

👉 Máis de 200 alumnos e alumnas dos centros educativos e un centenar de veciños e veciñas participaron nesta iniciativa, que busca fortalecer unha sociedade preparada para actuar ante unha emerxencia.

🤝 Desde Tesgalicia seguimos cumprindo co noso compromiso coa educación sanitaria, especialmente entre a poboación máis nova, porque salvar vidas tamén se aprende 🙌

💬 Agradecemos enormemente a colaboración de:
👮‍♀️ Policia Local - Ponteareas
🚑 Cruz Roja Española en Pontevedra
🔥 Bombeiros - Ponteareas
🩺 Técnicos e Técnicas en Emerxencias Sanitarias
🏥 Policlínico San Miguel
🎓 UNED Pontevedra
Concello de Ponteareas

Hoxe tocou en Ponteareas, xornada formativa polo Día da Parada Cardíaca.    Fentes
27/10/2025

Hoxe tocou en Ponteareas, xornada formativa polo Día da Parada Cardíaca. Fentes

💓 "As túas mans salvan vidas"Con motivo do Día Internacional da Parada Cardíaca, o Concello de Ponteareas e  , organizou...
27/10/2025

💓 "As túas mans salvan vidas"
Con motivo do Día Internacional da Parada Cardíaca, o Concello de Ponteareas e , organizou hoxe unha xornada aberta de reanimación cardiopulmonar (RCP) básica na Praza Maior de Ponteareas.

Durante todo o día, Técnicos en Emerxencias Sanitarias, efectivos da Cruz Vermella, Bombeiros - Ponteareas e Policía Local, realizaron demostracións prácticas de primeiros auxilios e RCP, dirixidas tanto ao alumnado dos centros educativos como ao público xeral.
Unha formación vital para aprender a reaccionar ante unha emerxencia e salvar vidas.

🤝 Colaboran: Concello de Ponteareas TesGalicia, Policlínico San Miguel e UNED Pontevedra , Bombeiros de Ponteareas, Policía Local e Cruz Vermella.



https://valminortv.com/2025/10/25/ponteareas-conmemora-el-dia-internacional-de-la-parada-cardiaca-con-una-jornada-practica-de-rcp/

📢 AVISO IMPORTANTE ⚠️Por mor das condicións climatolóxicas, o evento queda aprazado.🗓️ Nova data: luns, 27 de outubro‼️
21/10/2025

📢 AVISO IMPORTANTE ⚠️

Por mor das condicións climatolóxicas, o evento queda aprazado.

🗓️ Nova data: luns, 27 de outubro‼️

🚑 Dende o primeiro aviso ata o último traslado, estamos sempre aí:👉 Na CCUS ☎️👉 A pé de rúa👉 En emerxencias, riscos prev...
18/10/2025

🚑 Dende o primeiro aviso ata o último traslado, estamos sempre aí:
👉 Na CCUS ☎️
👉 A pé de rúa
👉 En emerxencias, riscos previsibles e educación sanitaria.
Facemos moito máis do que se ve.
💪 SOMOS TÉCNICOS EN EMERXENCIAS SANITARIAS.

Fentes

🚑 Dende o primeiro aviso ata o último traslado, estamos sempre aí.Unha sociedade formada é unha sociedade preparada.Sabe...
18/10/2025

🚑 Dende o primeiro aviso ata o último traslado, estamos sempre aí.

Unha sociedade formada é unha sociedade preparada.
Saber actuar ante unha ParadaCardíaca é vital para salvar unha vida 🫀.
A testemuña é a peza clave: só ela pode alertar aos Servizos de Emerxencias (112) e iniciar a RCP nos primeiros tres minutos.
Cada segundo conta ⏱️.

💪 SOMOS TÉCNICOS EN EMERXENCIAS SANITARIAS



Fentes

Fue una actividad organizada con motivo de la Jornada Europea de Concienciación sobre el Paro Cardiaco

Dirección

Orense

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tesgalicia.info publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Tesgalicia.info:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram