Adisbismur

Adisbismur Somos unha entidade sen ánimo de lucro, creada co fin de traballar pola integración social, formativa e laboral das persoas con discapacidade da comarca.

Temos un Centro Ocupacional e un Centro de Día en Valadares, Outes.

🎉Gracias a subvención da  na convocatoria de Subvención a entidades sociais no programa FOIEV 2025, xa temos no noso cen...
16/02/2026

🎉Gracias a subvención da na convocatoria de Subvención a entidades sociais no programa FOIEV 2025, xa temos no noso centro dende o 30 de xaneiro, unha furgoneta, para mellorar o servizo de transporte adaptado ás persoas con discapacidade da nosa bisbarra.

🎉✨ FESTA DE ENTROIDO 2026 ✨🎉Prepárate porque… chega a semana máis divertida do ano! 🥳🔵 Luns 16/02Imos romper moldes! 💥Vi...
13/02/2026

🎉✨ FESTA DE ENTROIDO 2026 ✨🎉
Prepárate porque… chega a semana máis divertida do ano! 🥳

🔵 Luns 16/02
Imos romper moldes! 💥
Vir disfrazados/as da casa:
👠 As mulleres de homes
🎩 Os homes de mulleres
E ademais… visita ao Centro de Día de Outes 💛

🟡 Martes 17/02
Disfraz libre… cada quen da casa como máis lle guste! 🎭
🥞 Elaboración e degustación de filloas
🎉 Desfile e concurso de disfraces
🏆 Entrega de premios aos máis orixinais, divertidos/as e marchosos/as

🔥 ¡PARTICIPA! Queremos verte brillar na pasarela!

🟢 Mércores 18/02
⚰️ Como cada ano, participamos no tradicional
Enterro da Sardiña de Outes
Loito si… pero con moito ritmo! 🎶

💬 Estamos listos/as para vivir un Entroido cheo de risas, sabor e moita festa?
Vémonos na comparsa! 💃🕺

🎄📺 XA TEMOS GAÑADORA DO SORTEO DA RIFA DE NADAL DE ADISBISMUR 🎉✨ 💙Tal e como recollían as bases, o número premiado foi o...
10/02/2026

🎄📺 XA TEMOS GAÑADORA DO SORTEO DA RIFA DE NADAL DE ADISBISMUR 🎉✨ 💙
Tal e como recollían as bases, o número premiado foi o que coincidiu cos últimos 4 números do primeiro premio do Sorteo Extraordinario de Nadal da Lotería Nacional 🎟️
🎯 O Gordo foi o 79432
🎯 A rifa gañadora foi a 9432
A gañadora foi Maruja, veciña de Lantarou (Outes) 🙌
A entrega da TV de 40 polgadas 📺 realizárona algunhas persoas usuarias do centro😊
🙏 Queremos dar as grazas a todas as persoas que colaborastes mercando as rifas
🙏 E tamén ás que o fixeron posible:
✨ familias que colaboraron
✨ persoas voluntarias
✨ persoas traballadoras
✨ puntos de venda
✨ empresas colaboradoras
💙 Entre todas e todos seguimos facendo comunidade e apoiando o noso labor.

Seguimos 💪💙

Na Feira dos Carros en Cando.
31/01/2026

Na Feira dos Carros en Cando.

Mañan ali estaremos . Esperamosvos.
30/01/2026

Mañan ali estaremos . Esperamosvos.

Grazas ao  por confiar en Adisbismur para os arranxos da mesa do homenaxe a Che de Pedro. Un xesto fermoso que aposta po...
25/01/2026

Grazas ao por confiar en Adisbismur para os arranxos da mesa do homenaxe a Che de Pedro.

Un xesto fermoso que aposta pola inclusión, o compromiso social e o respecto á memoria, convertendo pequenos detalles nunha homenaxe chea de significado. 💙🌿✨

✨ Estamos argallando algo moi especial para o próximo mes… ✨E para facelo realidade precisamos da vosa axuda 💚Buscamos c...
20/01/2026

✨ Estamos argallando algo moi especial para o próximo mes… ✨
E para facelo realidade precisamos da vosa axuda 💚

Buscamos cartóns moi grandes (tipo planchetas) e sábanas brancas.
Toda colaboración conta, por pequena que pareza 🙌

👨‍👩‍👧‍👦 Veciñanza
🏢 Empresas
💬 Familias
🤍 Persoas con ganas de colaborar

Se tes material ou coñeces a alguén que poida colaborar, anímate e contacta con nós 📦🛏️

📲 A través das nosas redes sociais
📞 Chamando ao 881 08 38 60
🤝 Ou falando con calquera traballador/a

19/01/2026

🎶✨ O último deste ano ✨🎶

Este é o último remix dos festivais deste ano.
E non é só música nin baile 🎤💃
É o momento no que todo sae a luz, despois de semanas de traballo.

Antes de chegar aquí houbo ensaios ata fartar,
nervios que apretan o estómago 😬,
miradas cómplices buscando apoio
e moitas ganas de facelo o mellor posible.

No escenario non hai personaxes nin disfraces.
Hai persoas que se expoñen e que se atreven a dar un paso ao fronte,
sabendo que nada ten que ser perfecto para ser real e valioso ✨

O remix é o final…
pero tamén é unha celebración 🎉
do camiño feito, do esforzo compartido e do orgullo de chegar ata aquí xuntas e xuntos.

🙏 Grazas de verdade a todas as persoas asistentes que encheron a Casa da Cultura de Outes,
aplaudindo, respectando e acompañando e sobre todo, facendo que os nervios se transformasen en sorrisos 😊

Este é o último remix deste ano.
Nunca hai dous iguais, acordádevos 💭
Todo o que alí pasa é pura Verdade❤️

💙 Só esperamos que o desfrutarades.
Nós quedamos coa emoción… e coas ganas de volver.

Esquecémos facer mención de dúas persoas que non puideron asistir a este festival. Temos que agradecer a continua implicación de Loreto Sambade Leston, que por motivos familiares non nos puido acompañar neste peche final, no que o seu traballo se ve reflexado. 🫂😘E tamén lle desexamos unha pronta recuperación ao noso compañeiro Pepe, que sempre está botándonos unha man no que faga falta. Esperámosvos cos brazos abertos.

19/01/2026

A Xunta financiará con 2 millóns de euros unha residencia para persoas con discapacidade en Outes

Ubicarase na antiga escola de Cruceiro de Roo, cedida polo Concello á entidade para a súa adaptación

😏 Perdoade a espera… pero xa chegou o momento 😏Este domingo celebramos o último Festival ADISBISMUR deste ano.Si, si… o ...
13/01/2026

😏 Perdoade a espera… pero xa chegou o momento 😏

Este domingo celebramos o último Festival ADISBISMUR deste ano.
Si, si… o terceiro e final, e rematamos en Outes, como ben merece 💥

Outes é deses lugares onde sempre se nos trata ben,
un lugar especial onde os haxa,
dos que deixan ganas de volver cada vez que imos.

⚠️ Iso si… xa o sabedes: en Outes custa atopar sitio 😂
Así que ide con tempo, a unha hora prudente, que logo non queremos carreiras.

🎭🎶 Teatro, música e humor
Unha tarde para pasalo ben, rir sen complexos e deixarse sorprender polo
talento dos nosos usuarios e usuarias, que sempre dan moito que falar.

📍 Casa da Cultura de Outes
🗓 Domingo, 18 de xaneiro
⏰ 17:00 h
💶 Donativo: 5 €
🎁 Con esa entrada participas nun sorteo que terá lugar durante o festival.
Se che apetece un domingo distinto,
se buscas risas aseguradas
e se queres saír pensando “non esperaba isto”…
👉 este é o teu plan.

🙏 Queremos agradecer a colaboración do
Concello de Outes, Eroski Gadis H. Peña Cárnicas e Os Jaitas Blue

E ollo… 👀
Rematamos os festivais si…
pero xa estamos traballando en cousiñas para o próximo mes...
Xa nos coñecedes:
cando estamos calados/as… algo estamos tramando 😉

Vémonos en Outes ❤️‍🔥

Dirección

VALADARES
Outes
15230

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 18:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Adisbismur publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram