30/11/2023
Sigo con resaca. E nunha nube de emocións.
Historicamente, a medicina patriarcal, exercida exclusivamente polo xénero masculino menospreciou a patoloxía feminina, relegou a un segundo plano as súas problemáticas e limitouse a normalizar dores e outras limitacións e a non investigar sobre das mesmas Principalmente as que tiñan que ver exclusivamente coas mulleres.
A xinecoloxía é a única rama médica que se dedica únicamente a un dos xéneros e aínda así, seguimos verdes, moi verdes, en canto aos problemas que aparecen durante a vida dunha muller desde a asolescencia ata a vellez e que poden afectar sexualmente, a nivel de continencia, na dor, na reproducción,etc... e que, en consecuencia, afectaran a nivel psicoloxico.
Normalizouse a dor menstrual, a dor nas relacións se***is, as perdidas de ouriños, f***s ou gases, limitaronse a recomendar "parches" que lonxe de solucionar a problemática, esconderona...
Hasta un punto, que as propias mulleres acabamos por asumir que tiñamos que convivir con esas disfuncións e acabamos tamén por normalizalas!
Por todo isto, que se me dera a oportunidade de divulgar para mulleres, no meu concello, sobre o solo pelviano e as súas disfuncións, empoderar a mulleres desmontando mitos e ensinandolles a recoñecerse e sentirse, con motivo do día da loita contra as violencias machistas, paréceme a mellor forma de comprometerse, de loitar e de dar voz, e faime moi moi feliz.
Moitísimas grazas a todas as que me acompañastedes.
Ogallá o desfrutasedes tanto coma min. E ogallá vos axudase a non conformarvos con "sufrir", a entender a importancia da prevención e a buscar a profesionais comprometidos e que vos poidar axudar si o necesitades.
Moitísimas grazas