23/04/2026
Este non é o mellor momento para revisar aos teus fillos.
Que sí, que sí. Que agora mesmo xa case mellor esperar a que remate o curso, especialmente nos miopes.
Nos últimos meses da escola, o sistema visual dos cativos pode estar tan estresado a consecuencia das horas de estudo que é posible que falsee a graduación e as probas binoculares.
Por iso, chegados a este punto do curso, é mellor esperar ás vacacións de verán a que o seu sistema visual se relaxe. Isto ademáis é especialmente relevante nos miopes, que sempre tendemos a demandar graduación de máis (que lle imos facer, somos pedichóns).
Iso sí, o de esperar é mellor sempre e cando non exista unha sintomatoloxía que poida afectar ao rendemento escolar dos rapaces.
Podedes pedir máis información no noso centro, chamándonos ao 639929517 ou na nosa web.