Cultura A Pobra do Caramiñal

Cultura A Pobra do Caramiñal Páxina da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal para divulgar todas aquelas accións cultu

26/11/2025

🎤🎭 Tes ganas de cantar? ‘Deadpan karaoke’ de Teatro Ibuprofeno aterra este domingo, 30 de novembro, na Pobra!

O premiado espectáculo terá lugar no 📍 Teatro Cine Elma ás ⏰ 19.00 horas.

ℹ️ Esta actividade, organizada pola Concellería de Cultura, enmárcase na Rede Cultural da Cultura da Deputación da Coruña.

26/11/2025

🎻🎶 A Orquestra de Cámara Galega visitará, este sábado 29, no seu 27º aniversario, o Teatro Cine Elma!

O espectáculo, organizado pola Concellería de Cultura no marco do Outono das Artes da @ Cultura Deputación da Coruña, terá lugar ás 🕖 19.00 horas con 🎟 entrada de balde.

O repertorio incluirá novas obras 🎼 e artistas, cun percorrido que abarca do barroco ata a actualidade e no que se dará a coñecer a distintos compositores galegos, cunha especial mención ✨ a Rogelio Groba Groba.

19/11/2025

Continuamos co Outono Cultural! 🍂

Este domingo, 🗓️ 23 de outubro, será a quenda de "As desterradas", de Carme Varela.

A obra recibiu o 🏆 25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.

A historia transcorre nunha comunidade de monxas que se ve ameazada pola xerarquía ⛪ eclesiástica, cuxos membros non dubidan en difamalas e ameazalas por todos os medios.

👉 Será ás 19.00 horas no Cine Elma.

🤝 A representación lévase a cabo como parte da Rede Cultural de Cultura da Deputación da Coruña.

Non vola perdades! 👏

19/11/2025
12/11/2025

🎭🤣 Este domingo, 16 de novembro, o Teatro Elma da Pobra acollerá 'O proceso', unha comedia sobre o procedemento xudicial contra o poeta Curros Enríquez.

Unha ollada do máis divertida dun asunto serio escrita e dirixida por Cándido Pazó, que terá lugar ás ⏰ 19.00 horas.

Esperámosvos! 🙌

12/11/2025

A Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal acollerá, ata o 30 de novembro, a mostra itinerante do XV Certame de Artesanía Antonio Fraguas. A exposición, promovida pola Deputación da Coruña, conta cunha trintena de pezas entre as que se inclúen as obras gañadoras desta edición e outras seleccio...

10/11/2025

🎨💍 A mostra itinerante do XV Certame de Artesanía Antonio Fraguas aterra na Casa da Cultura a partir de hoxe, luns 10 de novembro!

Esta exposición, promovida pola Deputación da Coruña, busca recoñecer a calidade ✨ e a diversidade da creación artesanal en Galicia.

Algo que se conseguirá amosando unha trintena de pezas contemporáneas e tradicionais dunha gran variedade de disciplinas, desde a xoiería ata a 🎻 construción de instrumentos.

Poderedes visitala ata o 📆 domingo día 30, de luns a venres, en horario ⏰ de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 21.00 horas.

A que esperades? 🤗

05/11/2025

✨🎭 Continúa a cultura na Pobra este domingo, 9 de novembro, da man de 'As Gardiás ou o nó do tecelán', unha comedia do Teatro de Ningures dirixida por Cristina Domínguez sobre a liberdade e a vellez.

Esta obra interpretada por mulleres está organizada pola Concellería de Cultura en 🤝 colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Será ás ⏰ 19.00 horas no 📌 Teatro Elma.

Vémonos alí! 🙌

03/11/2025

Volve o Magosto Arrancadeira! 📣

A cita, organizado por Arrancadeira en colaboración con Cultura A Pobra do Caramiñal e a Deputación da Coruña, vivirá a súa quinta edición o 🗓️ vindeiro sábado, 8 de novembro.

Será a partir das ⏰ 17.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán con foliadas, obradoiro de baile galego 💃🏻 e concertos.

Gardade a data! ✨

👉🏼 https://apobra.gal/2025/11/01/o-magosto-arrancadeira-chega-a-sua-quinta-edicion-con-foliadas-obradoiros-de-baile-galego-e-concertos/

Dirección

Rúa Gasset, 55
Puebla Del Caramiñal
15940

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Martes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura A Pobra do Caramiñal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Cultura A Pobra do Caramiñal:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram