06/02/2026
🔴🟠 ACTUALIZACIÓN POR RISCO DE INUNDACIÓNS
📅 Data: 06/02/2026
🕤 Hora: 21:30 h
📍 Ámbito: Ríos e zonas inundables da comarca (Avia, Miño, Maquiáns, Outeiro…)
A situación, aínda que mellorou notablemente, continúa a ser complicada de cara a mañá, xa que se esperan novas choivas e existe incerteza sobre a súa intensidade. Mañá de mañá xa teremos datos mais cercanos.
Segundo as previsións da AEMET, a Zona do Miño, e Noroeste de Ourense non figura como zona de risco, pero a situación hidrolóxica do río Avia segue a ser preocupante.
🔹 Río Avia
• Caudal actual: 244,60 m³/s – Nivel Laranxa
• O río descende moi lentamente debido ás choivas persistentes.
• A información dispoñible indica que podería superarse o caudal dos 300 m³/s nun pico de avenida previsto para a madrugada do domingo.
🔹 Río Miño
• Continúa baixando cheo, cun caudal arredor dos 2.600 m³/s.
• Neste momento, en Velle están salindo un caudal de 2.237,13 m³/s.
📢 En todo caso, manterémosvos informados no tempo mais posible a través das redes do Concello.
⚠️ Mantede as precaucións como ata o de agora.
O martes está prevista a entrada dunha nova borrasca e todo apunta a que a próxima semana será similar á actual.
Seguiremos de cerca a evolución.
🛑 Medidas preventivas recomendadas
• Manter vixilancia activa nos ríos e zonas inundables.
• Retirar de forma preventiva animais, vehículos e bens materiais das zonas con risco.
• Evitar a circulación e permanencia preto dos cursos fluviais.
• Seguir en todo momento as indicacións das autoridades e dos servizos de emerxencia.
• Respectar a sinalización e os balizamentos, establecidos pola vosa seguridade e pola das persoas que non coñecen a zona nin os nosos ríos.
Este aviso manterase activo mentres persistan as condicións de risco.
En caso de emerxencia, chamar ao 112.o Podedes seguir a evolución dos ríos en tempo real aquí:
https://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/resumen
https://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/graficas/tag:N013_AINRIO1
https://www.axega112.gal/.../aumento-do-caudal-dos-rios...
https://www.axega112.gal/gl/content/choiva
́nCivil ́n