Masaxe Ayurveda, Kobido & Jikiden Reiki

Masaxe Ayurveda, Kobido & Jikiden Reiki O Centro de Terapias Surya é un espazo acolledor para descansar, relaxarte e coidar da túa saúde MASAXE AYURVEDA . Os Vedas. MASAXE AYURVEDA PRE-MAMÁ .

Abhyanga, tamén coñecida coma masaxe ayurvédica provén da medicina tradicional hindú, chamada medicina ayurvédica, con arredor de 5000 anos de vixencia e que forma parte dos textos sagrados da India.. A palabra "Ayurveda" significa "ciencia da vida" e está considerado o sistema curativo máis comprensible e antigo do mundo ao tratar conxuntamente corpo, mente e espírito. Seguindo esta filosofía de vida, ofrézoche unha masaxe de corpo enteiro que inclúe drenaxe linfático, reflexoloxía podal, manipulación dos puntos marma e dos canais de enerxía do corpo. Proporciona unha sensación de benestar única, nun ambiente coidado, con unha iluminación, temperatura e música que resultan moi agradables.
É unha masaxe longa, de mínimo 2 horas, para que poidas desconectar da túa vida diaria, atoparte contigo mesmo/a e descansar. Vai dirixida a persoas, tanto homes coma mulleres, que precisen un lugar onde descansar tanto fisica como mentalmente, liberarse do estrés diario ou a quen, simplemente, lle apeteza desfrutar dunha masaxe diferente. Ideal para darte un mimo ou para regalar a quen ti queiras. Se estás embarazada tamén podes vivir esta experiencia adaptada a ti. Estarás co teu bebé en perfecta sincronía tanto a nivel fisico como mental. Notarás como vos sentiredes estupendamente, pois esta unión armónica da man dunha masaxe ayurvédica fortalece o sistema inmune e ten un efecto calmante. O estrés escapa e así faiselle frente ao cansazo, e durmirás mellor. Non perdas esta oportunidade de relaxarte e sentir o ayurveda coma unha terapia innovadora e relaxante. SERVIZO A DOMICILIO . BENEFICIOS DA MASAXE AYURVEDA:

* Axuda a superar a fatiga física e o estrés proporcionando un estado de relax e benestar.

* Impide os problemas relacionados co sistema nervioso e aporta un reequilibrio psicofísico.

* Agudiza a vista, o oído, disminue o insomnio e promove o vigor físico e a vitalidade.

* Axuda ao corpo a asimilar os alimentos e a eliminar as toxinas.

* O tratamento no rostro é útil para aliviar dores de cabeza, tortícolis e mareos, problemas visuais, dor de moas etc...

* A masaxe de pes e pernas tonifica os vasos sanguíneos e os músculos das pernas, fatigadas polos excesos da vida diaria ou debido a un excesivo sedentarismo.

* A masaxe na espalda elimina o estrés, descarga os ombros e impide a dor de cabeza.

* A masaxe no peito e abdome libera as emocions estancadas, facilita o equilibrio dos órganos e contribúe a controlar a tensión arterial. Aspectos distintivos da Masaxe Ayurvédica ou Abhyanga:


* Uso específico de aceites dacordo ás tres intelixencias corporais: Vata, Pitta e Kapha.

* Equilibra os 5 elementos no organismo: éter, aire, auga, fogo e terra; un aspecto fundamental na medicina Ayurvédica.

* O ritmo, intensidade e movementos da masaxe son adaptados segundo a constitución corporal da persoa (Prakriti) e os desequilibrios que presente.

* Durante a masaxe, os Marmas ou centros enerxéticos do corpo son manipulados pra desbloquear e restablecer o fluxo natural de enerxía.

* Os movementos vigorosos e rítmicos serven pra conectar a función física, fisiológica e enerxética entre as duas partes do corpo.

* Mellora a circulación e con iso a purificación da sangue.

* Estimula o sistema linfático fortalecendo a resposta inmunolóxica.

* Equilibra os tres Doshas ou humores corporais nutrindo o organismo con maior forza vital ( Prana ).

A partir de hoxe ata o 5 de novembro estamos de oferta polo Samaín. 🥳🥳🥳Masaxe ayurveda de 2h  60€ Www.SuryaRibeira.com
23/10/2024

A partir de hoxe ata o 5 de novembro estamos de oferta polo Samaín. 🥳🥳🥳
Masaxe ayurveda de 2h 60€
Www.SuryaRibeira.com

Hai uns días dixen que ía chegar unha sorpresa a Surya.. E o momento xa está aquí. Estou moi contento de presentar.........
20/07/2024

Hai uns días dixen que ía chegar unha sorpresa a Surya.. E o momento xa está aquí.
Estou moi contento de presentar...... A versión 1 da nova páxina web de Surya. 🥳🥳🥳🥳 Espero que vos guste!! 😍

Tu refugio de serenidad y bienestar Activa tu camino hacia la salud Experiencia y pasión a tu servicio Desde 2011, Surya Centro de Terapias es tu espacio de ...

Feliz día do traballador! 💪
01/05/2024

Feliz día do traballador! 💪

Unha persoa especial merece un regalo moi especial. 😊
12/03/2024

Unha persoa especial merece un regalo moi especial. 😊

Bono de 5 masaxes de pernas que inclúen pés, abdome, pescozo, cara e non podería faltar o ambiente acolledor de Surya ce...
08/03/2024

Bono de 5 masaxes de pernas que inclúen pés, abdome, pescozo, cara e non podería faltar o ambiente acolledor de Surya centro de terapias.
O bono é partillable entre varias persoas. Ideal para facer agasallos de aniversario ou datas especiais. Ademais ten unha validade de 6 meses dende a data de compra.
Reservas + Info: 699.44.35.47

Xa está aquí a oferta Especial de Nadal de Surya. Un pack de dúas masaxes moi completas: Ayurveda e Kobido. Temos tarxet...
17/12/2023

Xa está aquí a oferta Especial de Nadal de Surya.
Un pack de dúas masaxes moi completas: Ayurveda e Kobido.
Temos tarxetas regalo personalizadas e as masaxes se poden regalar a persoas diferentes.
Oferta válida ata o 10 de Xaneiro'24

Chegan a Surya dúas ofertas de medo para este Samaín. 😱😱Oferta válida dende o 27 de outubro ata o 02 de Novembro '23.
26/10/2023

Chegan a Surya dúas ofertas de medo para este Samaín. 😱😱
Oferta válida dende o 27 de outubro ata o 02 de Novembro '23.

A hidrolinfa é unha terapia de depuración do organismo a través das plantas dos pés. Actúa sobre todo o corpo: Sistema n...
13/10/2023

A hidrolinfa é unha terapia de depuración do organismo a través das plantas dos pés. Actúa sobre todo o corpo: Sistema nervioso, linfático , circulatorio... Ideal para persoas con problemas de varices, edemas, pernas cansas e moito máis. Descubre máis sobre como hidrolinfa che pode axudar a mellorar a túa saúde integral na web www.hidrolinfa.es
Se che apetece vir probala concerta unha sesión gratuíta de 20 minutos sen compromiso no tlf 699.44.35.47

Masaxe AyurvedaMasaxe parcialMasaxe facial kobidoReikiSesións anti estrésTerapia GestaltTerapia hidrolinfa😊🤗
19/09/2023

Masaxe Ayurveda
Masaxe parcial
Masaxe facial kobido
Reiki
Sesións anti estrés
Terapia Gestalt
Terapia hidrolinfa
😊🤗

Cita previa + info: 699.44.35.47
05/08/2023

Cita previa + info: 699.44.35.47

As sesións antiestrés foron creadas para te procurar un maior benestar mental e corporal  a través de diferentes técnica...
01/06/2023

As sesións antiestrés foron creadas para te procurar un maior benestar mental e corporal a través de diferentes técnicas como a respiración, atención, meditación , bioenerxética, reiki etc.. Para que vaias soltando toda a tensión amoreada e comeces a experimentar unha vida máis plena.
Sesións individuais e personalizadas.
Citas soltas ou con bonos mensuais.
Horarios flexibles.
De precisares máis info non dúbides en nos chama ao tlf: 699443547 Cita previa

30/05/2023

Dirección

Rúa Alcalde Fernández Bermúdez 97 C Baixo K
Santa Eugenia De Ribeira
15960

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 22:00
Martes 10:00 - 22:00
Miércoles 10:00 - 22:00
Jueves 10:00 - 22:00
Viernes 10:00 - 22:00
Sábado 10:00 - 22:00
Domingo 10:00 - 22:00

Teléfono

+34699443547

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Masaxe Ayurveda, Kobido & Jikiden Reiki publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Masaxe Ayurveda, Kobido & Jikiden Reiki:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram