Centro de Psicoloxía Claves

Centro de Psicoloxía Claves “Claves” é un centro de psicoloxía localizado no primeiro andar de Área Central no barrio das

24/03/2026

Claves ten páxina web nova! O enderezo segue a ser psicoloxiaclaves.com mais mudou a apariencia da mesmo e ten varias cousas novas: preguntas frecuentes para dar algo de información básica que pode interesar; un espazo para mandar directamente un correo desde a páxina e solicitar cita, que se sigue poidendo facer por teléfono, WhatsApp, e o gadget de Doctoralia que continúa na páxina (o botón de "reserva a túa primeira sesión"). Outra novidade importante é a incorporación do meu colega de profesión e amigo Tomás que se dedica á psicoloxía deportiva e ten un espazo en Claves á súa disposición para este servizo (podedes averiguar máis mirando a páxina e saber tamén como contactar con el). A páxina nova está feita por Orestes Comunica, empresa galega de comunicación e marketing (https://orestescomunica.com/ https://www.instagram.com/orestescomunica/). A páxina está en funcionamento pero aínda estamos a pasar as sesenta e pico entradas do blog da antiga páxina, e levará un tempo, e algunha cousa máis se irá metendo como fotos máis ou menos actualizadas. Pois a botar un vistazo se vos presta! Saúdos a todas.

24/03/2026

Claves ten páxina web nova! O enderezo segue a ser psicoloxiaclaves.com mais mudou a apariencia da mesmo e ten varias cousas novas: preguntas frecuentes para dar algo de información básica que podería interesar antes de solicitar unha cita, ou simplemente por saber como pode funcionar o asunto da terapia; un espazo para mandar directamente un correo desde a páxina e solicitar cita, que se sigue poidendo facer por teléfono, WhatsApp, e o gadget de Doctoralia que continúa na páxina (o botón de "reserva a túa primeira sesión"). Outra novidade importante é a incorporación do meu colega de profesión e amigo Tomás que se dedica á psicoloxía deportiva e ten un espazo en Claves á súa disposición para este servizo (podedes averiguar máis mirando a páxina e saber tamén como contactar con el). A páxina nova está feita por Orestes Comunica, empresa galega de comunicación e marketing (https://orestescomunica.com/ https://www.instagram.com/orestescomunica/). A páxina está en funcionamento pero aínda estamos a pasar as sesenta e pico entradas do blog da antiga páxina, e levará un tempo, e algunha cousa máis se irá metendo como fotos máis ou menos actualizadas. Pois veña, a botar un vistazo se vos presta! Saúdos a todas.

24/03/2026

Claves ten páxina web nova! O enderezo segue a ser psicoloxiaclaves.com mais mudou a apariencia da mesma e ten varias cousas novas: preguntas frecuentes para dar algo de información básica que case todo o mundo pode preguntaría (quizais) para saber algo sobre o centro e a súa forma de traballar; un espazo para mandar directamente un correo desde a páxina e solicitar cita, que de todas formas séguese poidendo facer por teléfono, WhatsApp, e o gadget de Doctoralia que continúa na páxina (o botón de "reserva a túa primeira sesión").
Outra novidade importante é a incorporación do meu colega de profesión e amigo Tomás que se dedica á psicoloxía deportiva e ten un espazo en Claves á súa disposición para este servizo (podedes averiguar máis mirando a páxina e saber tamén como contactar con el).
A páxina nova está feita por Orestes Comunica, empresa galega de comunicación e marketing (https://orestescomunica.com/ https://www.instagram.com/orestescomunica/).
A páxina está en funcionamento pero aínda estamos a pasar as sesenta e pico entradas do blog da antiga páxina, e levará un tempo, e algunha cousa máis se irá metendo como fotos máis ou menos actualizadas. A botar un vistazo se vos presta! Saúdos a todas.

21/02/2026

Se algo está funcionando de algún modo, e resulta útil, vamos, que ben nos vale... quizais deberiamos evitar a tentación de andar fedellando porque pensemos que "aínda pode funcionar moito mellor... vou cambiar isto e aquelo... igual se fedello en tal parte vai aínda mellor...". A miña idea é que se estaba escarallado, e agora funciona mellor, e vai valendo; joder, pois non o toques!
Hai que dar tempo a que a máquina se afaga a funcionar despois de ter estado escarallada, se a forzamos cando non toca, o máis probable é que atopemos un novo problema, igual peor que o anterior.
Así que, se algo que fixemos ante un problema está funcionando, déixao estar, polo menos un tempo prudentemente longo. Di o dito que a avaricia rompe o s**o... neste caso coincido.

Parece que teñen que chegar políticas de estilo mafioso total, enganando burdamente, con "xustificacións" inxustificable...
07/02/2026

Parece que teñen que chegar políticas de estilo mafioso total, enganando burdamente, con "xustificacións" inxustificables, enganado sen cortarse, con dobre raseiro descarado, con violencia brutal cara a cidadanía, para que unha parte (espero que cada vez máis importante) da poboación reaccione como é debido. 

Parece ser que por desgraza hai que chegar a determinado punto que se considera límite para tomar medidas ou mostrar con máis convencemento o que se opina de como non deben ser as cousas. A putada é non facer as cousas a tempo ou non reaccionar antes ao ver por donde ía todo o asunto, pero a nivel global, e non só, en absoluto, nos EUA (porque o avance desas ideas está en calquera lado, en parte debido a que non hai cultura de sentido crítico).

Nunca é tarde (dise), e eu no traballo sempre considero que algo sempre se pode facer para cambiar unha situación, claro que quizais os danos serían menores ou a solución mellor e máis fácil actuando antes...

Espero, desesperadamente, que aquí non se chegue ao mesmo, porque incluso algúns dos que faciliten coas súas eleccións que determinada xente chegue a posicións de poder, se poden c***r en todo demasiado tarde...

Hai veces nas que non temos a chave dunha pechadura, porque nunca a tivemos ou porque a perdemos... por sorte pódense us...
24/01/2026

Hai veces nas que non temos a chave dunha pechadura, porque nunca a tivemos ou porque a perdemos... por sorte pódense usar outros medios para abrir esa porta, por exemplo as ganzúas. Para acadar un obxectivo non é necesario que se dea unha única situación en concreto, non hai unha única solución aos problemas, por sorte pódese lograr de formas moi variadas. As solucións tamén teñen "calidades" diferentes, o que conta é que solucionen, se conseguimos abrir a porta (co mínimo dano posible)...
#

Hai uns días falábame no traballo, unha rapaza de uns 26 anos, da burbulla na que as tiña o seu pai a ela e máis a irmá....
10/12/2025

Hai uns días falábame no traballo, unha rapaza de uns 26 anos, da burbulla na que as tiña o seu pai a ela e máis a irmá. Falaba de que ela saíra bastante rebella, e a irmá non tanto.

O pai coidaba moito moito moito do suposto benestar das dúas: saían pouco e de xeito controlado por se lles pasaba algo; impedíalles levar a cabo conductas "perigosas"; asegurábase sempre, permanentemente, de que fixeran os deberes e estudaran determinadas horas a diario... andaba pendente de organizarlles o día a día e de que sempre estiveran o máis cómodas posibles, buscaba facilitar todo o posible a vida ás suas fillas neste mundo cruel.

Esta rapaza que tiña en consulta dábase conta de todos os esforzos do seu pai, e alabábaos... e tamén os cuestionaba moito. Dicía que ela porque saíu rebella e foise da casa a vivir a súa vida cando lle tocou (idea que non compartía o seu pai, poderedes imaxinar), e xestionaba a sua vida como a ela lle parecía, con "erros" e "acertos"; pero a súa irmá, 2 anos maior (uns 26 anos + 2), non lle parecía que fora o funcional que debería ser a esa idade: as súas contas bancarias, por exemplo, xestionabas o pai, e o pai seguía a ser referencia crucial para ver se facía esto ou o outro... Era ela mesma quen consultaba as dúbidas de moitos aspectos da vida cotiá. Dicíame que a burbulla creada era máis unha gran complicación que unha solución para unha "adulta independente".

Todos queremos o mellor para as nosas fillas e fillos, e iso é o que debe ser coma boas nais e pais. Mais iso non significa crear unhas condicións nas que se chegue a evitar a funcionalidade de futuros adultos. Ás veces mantéñense durante anos os coidados que temos que proporcionar durante un período determinado, e non vemos o momento de ir retirándonos para que nenos e nenas logren unha adaptación consecuente á dura vida que nos vai esperar "aí fóra".

Hai que ir aos poucos, dando responsabilidades, que aprendan consecuencias dos seus actos, non salvarlles o cu continuamente. É importante que saiban que a vida é tirando a jodida moitas veces. E tampouco é necesario chegar ao "modo espartano".

Citas postas con antelación non me permiten moita marxe, salvo de media mañá ata a tarde
15/10/2025

Citas postas con antelación non me permiten moita marxe, salvo de media mañá ata a tarde

14/10/2025
Esta semana tiven una sesión cunha persoa xove que comentaba que se sentía menos a nivel persoal e como que fora para at...
04/10/2025

Esta semana tiven una sesión cunha persoa xove que comentaba que se sentía menos a nivel persoal e como que fora para atrás e coma se perdera madurez, porque está nun momento no que hai una serie de emocións e sentimientos, ás veces, que son como máis intensos e incómodos. Estas cosas custa un güevo explicalas e verbalizalas, pasalas a palabras... En definitiva, ten a sensación de que as cousas coas que antes lidiaba con máis facilidade, agora fánselle costa arriba.
Unha frase que usou foi que xa non tiña o control que semellaba ter sobre a maioría das emocións e iso faina sentir mal, menos válida.
O CONTEXTO sempre é una das claves vitais para o mundo da psicoterapia: esta persoa non tiña en conta que nestes momentos a súa vida non é como cando "controlaba" as emocións de forma máis doada; agora xa non está na Universidade nin no master nin na súa terra; veu para o norte, ten a sua primeira relación seria de parella, convive coa súa parella, pasou por un traballo duro e esgotador, complicado por desprazamentos lonxe e a diario, e acaba de empezar a preparar una oposición... Está claro que non é o mesmo que antes.
O caso é que o que lle pasa non é que retroceda, nin que perdera madurez nin nada semellante, se non seguramente todo o contrario: está medrando. É como nun xogo de ordenador calquera, cando pasas ao modo difícil, ou moi difícil, as habilidades adquiridas seguen a estar aí pero temos que adaptalas á dificultade, e iso fainos mellores no xogo, aínda que os resultados ao principio son obviamente peores.

Hai un asunto importante con calquera problema ou dificultade dos que se presentan ao longo da vida, que é: como imos fa...
22/09/2025

Hai un asunto importante con calquera problema ou dificultade dos que se presentan ao longo da vida, que é: como imos facer para conseguir que este problema que nos ocupa se solucione, ou se minimice o suficiente para ir zafando e estar algo máis tranquilos? Vamos, que como imos facer para empezar a mellorar a situación.
Algo moi común é crer que se o problema pensamos que ten que ver co traballo, a posible solución vai estar “a güevos” nese mesmo ámbito. Claro! Como vai ser se non? É un tipo de lóxica bastante contundente (e lineal tamén). É lóxica clásica e básica, e pode funcionar, a menos que non o faga.
En ocasións o achegamento á solución ou á mellora do problema, pode vir por medios periféricos, tanxenciais, sen necesidade de ir de fronte. E aí está o que eu chamo ocuparnos de Asuntos Periféricos. En moitísimas situacións creo que é moi útil usar a filosofía da Navalla de Ockham pero aplicándoa a solucións, non a explicacións de fenómenos. Entón, se podemos ir facendo cousas útiles e máis fáciles e sinxelas para ver se podemos cambiar un problema, creo que é mellor que meternos a s**o con algo moi jodido, duro e posiblemente pouco efectivo. Así, para chegar a un punto da cidade da foto que estea no outro extremo a onde estamos nós, pode ser máis cómodo e efectivo usar o periférico que meternos ao caos do tráfico do centro.
E xa levo comprobado que é un sistema bastante efectivo ocuparnos ás veces de eses asuntos periféricos en vez de ir ao miolo do asunto de primeiras. Creo que non é algo que se teña moi en conta posto que a lóxica común dinos que se o problema parece que está no traballo, para que vou mellorar ou cambiar cousas do meu tempo libre, por exemplo. Pero como digo sempre, lóxicas hai moitas, hai que atopar unha que nos sexa o máis útil posible.

Unha rapaza nunha cidade europea calquera durante a Segunda Guerra Mundial. Mostra unha expresión de calma que non parec...
06/09/2025

Unha rapaza nunha cidade europea calquera durante a Segunda Guerra Mundial. Mostra unha expresión de calma que non parecería axeitada ás circunstancias que a rodean: edificios derruidos durante un dos múltiples bombardeos sufridos pola poboación civil de ambos bandos.
É unha mostra da resiliencia humana, e de como unha persoa pode mostrar adaptación ás peores circunstancias.
A semana pasada tiven unha sesión cunha rapaza xove que despois de pasalas putas o último ano e medio por diferentes historias que lle foron pasando, díxome algo que é crucial para sobrevivir neste jodido mundo que nos toca ás veces. Díxome despois de varias sesións en varias tandas diferentes, máis ou menos o seguinte: "Carlos, eu xa non quero estar ben, quero dicir, estar arriba todo o tempo, doume conta que iso é buscar algo imposible, algo que non vou atopar; o que eu quero é saber estar mal, porque estar ben, estou ás veces e xa sei facelo".
Unha perla de sabiduría nunha rapaza de 20 anos que madurou rápido e aprendeu a seguir adiante.

Dirección

Calle C. Área Central París, 7/1ª Plta. Loc. 28M
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30

Teléfono

+34698119998

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro de Psicoloxía Claves publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Centro de Psicoloxía Claves:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Categoría