COGAMI COGAMI é a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Visita a nosa web:www.cogami.gal, tamén estamos en Twitter, Linkedin, Instagram e Youtube.

Somos a entidade máis representativa en Galicia das persoas con discapacidade física e orgánica. Temos integradas máis de 50 asociacións de ámbito comarcal, prestamos servizos a máis de 60.000 persoas ao ano e xestionamos 11 iniciativas empresarias nas que traballan máis de 500 persoas, das que máis do 90% temos discapacidade.

O servizo AUTONOMÍA + de COGAMI traballa na autonomía das persoas con discapacidade na comunidade. Datos nun ano:📊 73 pe...
27/02/2026

O servizo AUTONOMÍA + de COGAMI traballa na autonomía das persoas con discapacidade na comunidade. Datos nun ano:
📊 73 persoas usuarias.
📌 Máis de 6.500 intervencións.
🤝 Transferencia de metodoloxía a 22 entidades.
📝 58 solicitudes tramitadas.
✅ 22 persoas completaron o programa con éxito

Trabállase cunha metodoloxía de Atención Integral Centrada na Persoa, deseñando itinerarios personalizados adaptados aos proxectos de vida e ás necesidades de cada quen.

73 persoas usuarias, máis de 6.500 intervencións e transferencia de metodoloxía a 22 entidades do movemento asociativo avalan o impacto do programa.

COGAMI participou nunha nova xuntanza da Rede de Emprego Emprega-Nós en Ourense.Nesta ocasión asistimos a unha formación...
26/02/2026

COGAMI participou nunha nova xuntanza da Rede de Emprego Emprega-Nós en Ourense.
Nesta ocasión asistimos a unha formación impartida por Olalla López Rodríguez, directora da Oficina de Emprego Ourense-centro e coordinadora de Emprego e Formación, na que se abordaron os programas, servizos e actividades que a Oficina de Emprego de Ourense-centro pon á disposición das persoas demandantes de emprego.
Un encontro útil para seguir fortalecendo as vías de colaboración co tecido social e empresarial da contorna e mellorar as oportunidades de inserción laboral.

🤝 Agradecemos ao IES Félix Muriel por convidarnos xunto a A Creba Saúde Mental e Down Compostela a participar Semana da ...
25/02/2026

🤝 Agradecemos ao IES Félix Muriel por convidarnos xunto a A Creba Saúde Mental e Down Compostela a participar Semana da Diversidade.
As tres entidades desenvolvemos unha xornada de sensibilización para achegar ao alumnado a realidade das persoas con discapacidade e visibilizar o traballo que realizamos a favor da inclusión.

COGAMI desenvolveu unha actividade de sensibilización a través dun circuíto no que o alumando puido experimentar en primeira persoa as múltiples barreiras coas que se atopan as persoas con discapacidade.

Reforzamos a colaboración na provincia de Ourense.Profesionais de COGAMI están a manter xuntanzas cos equipos municipais...
24/02/2026

Reforzamos a colaboración na provincia de Ourense.
Profesionais de COGAMI están a manter xuntanzas cos equipos municipais de servizos sociais de Concello de Toén, Paderne de Allariz, Concello do Pereiro de Aguiar, Taboadela, o meu Concello. Concello de Coles, Concello de San Cibrao das Viñas e Concello de Barbadás.

O obxectivo? Presentar os nosos servizos, abrir novas vías de colaboración institucional e reforzar o traballo en rede para favorecer a inclusión e participación das persoas con discapacidade en cada municipio.

Profesionais da Confederación presentaron programas de emprego, formación e promoción da autonomía persoal en reunións mantidas con equipos municipais nos concellos de Toén, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Taboadela, Coles, San Cibrao das Viñas e Barbadás

O 20 de febreiro celebrouse o  .Desde COGAMI sumámonos á campaña impulsada por EAPN-Galicia, entidade da que formamos pa...
23/02/2026

O 20 de febreiro celebrouse o .

Desde COGAMI sumámonos á campaña impulsada por EAPN-Galicia, entidade da que formamos parte xunto a outras organizacións do .

🎯 Poñemos o foco na mocidade, un grupo vulnerable sobre o que a miúdo recaen prexuízos e estereotipos.

Se tes entre 16 e 35 anos, participa nesta breve enquisa e fai escoitar a túa voz:
🔗 https://eapn-galicia.com/se-tes-entre-16-e-35-anos.../

Comparte as túas inquedanzas, a túa visión da realidade e os retos aos que se enfronta a túa xeración.

Lanzamos un breve cuestionario para achegarnos á vosa realidade. Case o 63 % da mocidade non está emancipada, e dos mozos que viven cos seus proxenitores, case o 77% de entre 25 e 34 anos traballan. A taxa de risco de pobreza da mocidade entre 16 e 24

𝗔𝗠𝗘 𝗲𝗻 𝗟𝘂𝗴𝗼: 𝗼𝗽𝗼𝗿𝘁𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗳𝗲𝘀𝗶𝗼𝗻𝗮𝗶𝘀 𝗮 𝘁𝗿𝗮𝘃é𝘀 𝗱𝗮 𝗱𝗼𝗰𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮Nova Acción de Mellora da Empregabilidade (AME), organizada ...
20/02/2026

𝗔𝗠𝗘 𝗲𝗻 𝗟𝘂𝗴𝗼: 𝗼𝗽𝗼𝗿𝘁𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗳𝗲𝘀𝗶𝗼𝗻𝗮𝗶𝘀 𝗮 𝘁𝗿𝗮𝘃é𝘀 𝗱𝗮 𝗱𝗼𝗰𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮
Nova Acción de Mellora da Empregabilidade (AME), organizada polo SIL Cogami en Lugo. Foi unha charla formativa en colaboración co centro Paso a Paso Formación sobre a Habilitación para a Docencia.
As persoas participantes puideron coñecer os requisitos, saídas profesionais e posibilidades reais que ofrece a docencia como vía de recalificación tras unha incapacidade laboral.
🔎 Ademais, contamos co testemuño de Carmen, usuaria do servizo de Emprego de COGAMI, que actualmente exerce como profesora de formación ocupacional, demostrando que reinventarse profesionalmente é posible.
Seguimos creando espazos que abren portas ao emprego e á formación.

Nova vida para o antigo colexio Cruceiro de Roo do Concello de Outes.O que hoxe é un edificio sen uso converterase nunha...
19/02/2026

Nova vida para o antigo colexio Cruceiro de Roo do Concello de Outes.
O que hoxe é un edificio sen uso converterase nunha residencia para persoas con discapacidade impulsada por Adisbismur, tras a aprobación do proxecto no Consello da Xunta de Galicia.

Na nosa web, podes ampliar datos deste novo proxecto que
transformará un espazo en desuso nun recurso esencial para a autonomía persoal e o desenvolvemento do rural.

O Consello da Xunta aprobou destinar máis de 2,3 millóns de euros para a creación dunha residencia para persoas con discapacidade en Outes con capacidade para 24 persoas.

Máis de 3.200 demandas remitidas a COGAMI nun ano.E sabes cales foron os temas máis demandados?✔ Certificado de discapac...
18/02/2026

Máis de 3.200 demandas remitidas a COGAMI nun ano.
E sabes cales foron os temas máis demandados?
✔ Certificado de discapacidade: 993 consultas
✔ Emprego: 749 consultas
✔ Axudas económicas: 561 consultas

👉 Cal foi a vía máis utilizada?
👉 Dende que concellos chegaron máis consultas?
👉 Proceden maioritariamente do rural ou da zona urbana?
Todas as respostas están na nosa web 👇
🔗

O certificado de discapacidade, o emprego e as prestacións económicas concentraron a maior parte das demandas de información, asesoramento e orientación.

17/02/2026

🎭 Hoxe é martes de Entroido… e iso nótase!

Son moitas as localidades nas que seguimos de troula, dando os últimos coletazos a unhas datas nas que case todo está permitido… sobre todo se conseguimos sacar un sorriso 😜

Este vídeo é das persoas usuarias do servizo de atención diúrna que COGAMI ten en Monteporreiro (Pontevedra). Avisamos: hai ganas de festa!

Dende COGAMI desexámosvos un feliz Entroido. Gozade moito… que mañá xa toca volver á normalidade (ou iso din 👀).

🔄 COGAMI renova o programa Incorpora 2026COGAMI, xunto a entidades do Terceiro Sector que formamos parte da Rede Incorpo...
16/02/2026

🔄 COGAMI renova o programa Incorpora 2026
COGAMI, xunto a entidades do Terceiro Sector que formamos parte da Rede Incorpora Galicia (Fundación JuanSoñador, Igaxes, Saúde Mental Feafes Galicia, Apes Asociación Cruz Roja Española - Lugo. Cruz Roja en Ourense e Fundacion Erguete-Integracion) renovamos o noso compromiso coa Fundación "la Caixa" para seguir avanzando na inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade.

📊 A Rede Incorpora Galicia fixo posible 1.184 insercións laborais no último ano.

Seguimos traballando para xerar novas oportunidades, conectar talento coas empresas e construír unha sociedade máis inclusiva.

35 mulleres con discapacidade do rural da provincia de Pontevedra recibiron apoio integral a través dun programa financi...
13/02/2026

35 mulleres con discapacidade do rural da provincia de Pontevedra recibiron apoio integral a través dun programa financiado pola Deputación Pontevedra para o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

A través de itinerarios personalizados de intervención social con acompañamento mulleres de O Rosal, Tui, A Guarda, A Cañiza, Nigrán, Covelo e Salvaterra de Miño recibiron orientación, apoio social, intervención xurídica e obradoiros de autoestima, autocoidado e intelixencia emocional.

O programa, financiado pola Deputación de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, desenvolveu itinerarios personalizados de intervención social con acompañamento.

📣 Servizo Dedaleira en 2025: preto de 300 persoas atendidas e máis de 170 intervencións realizadas.A Asociación ACADAR f...
12/02/2026

📣 Servizo Dedaleira en 2025: preto de 300 persoas atendidas e máis de 170 intervencións realizadas.
A Asociación ACADAR fai balance positivo do traballo do Servizo Dedaleira, recurso especializado en información, atención e asesoramento fronte á violencia de xénero e afectivo-sexual dirixido a persoas con discapacidade e contorna.
📌 Podes participar nas formacións e actividades que ofrece o servizo.

O servizo especializado en información e asesoramento fronte á violencia de xénero para mulleres con discapacidade desenvolveu accións formativas, atencións individuais e intervencións educativas en toda Galicia.

Dirección

Modesto Brocos, 7
Santiago De Compostela
15704

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 18:00
Martes 09:00 - 14:30
16:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 14:30
16:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 14:30
16:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando COGAMI publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a COGAMI:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

A nosa historia

Somos a entidade máis representativa en Galicia das persoas con discapacidade física e orgánica. Temos integradas máis de 50 asociacións de ámbito comarcal, prestamos servizos a máis de 60.000 persoas ao ano e xestionamos 12 iniciativas empresarias nas que traballan máis de 500 persoas, das que máis do 90% temos discapacidade.