STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza As Asembleas son a canle fundamental para practicar un sindicalismo vivo e alonxado de calquera burocratización. A ALTERNATIVA AUTÓNOMA E ASEMBLEARIA.

ASEMBLEARIO

Un sindicato que articule toda a súa acción sindical en torno ás Asembleas, un instrumento a través do que reforzamos a unidade dos traballadores e traballadoras do ensino, debatendo os temas, tomando decisións e controlando a representatividade directamente. GALEGO E CONFEDERADO

Uun sindicato que partindo da realidade galega, traballando en Galicia, reclamando que as competencias educativas sexan realmente plenas, estea ó mesmo tempo integrado confederalmente para así poder facer frente ao reto dos grandes temas de política educativa. PLURAL E PROGRESISTA

Un sindicato que non renuncia a aglutinar a todas as traballadoras e traballadores do ensino. Defensores do modelo de Escola Pública, o que implica esixir aos gobernos que avancen na loita contra as desigualdades a favor das clases oprimidas. NON SEXISTA

Un sindicato que potenciará todas as accións que conduzan á abolición do sexismo no ensino e na sociedade. AUTÓNOMO

Un sindicato que non esté subordinado á Administración, nin manteña ningún tipo de dependencia de partidos políticos nin de grupos de presión, porque unicamente dende esta autonomía podemos desenvolver dun xeito independente a nosa actividade sindical. REVINDICATIVO

Un sindicato que defende as reivindicación das traballadoras e traballadores do ensino. A mellora das súas condicións de traballo considerando a importante función social do Sistema Educativo. SOCIOPOLÍTICO E DE CLASE

Un sindicato formado por traballadoras e traballadores do ensino, docentes e non docentes que son e se senten parte da clase traballadora. No que as súas reivindicación non queden nunha simple defensa gremial da profesión, belixerante con todo tipo de explotación, co sexismo, e que traballe activamente pola conservación do medio ambiente e pola paz. Que procura unha transformación fonda do actual sistema educativo cara á Escola Pública no marco dun ensino non xerarquizado. UNITARIO

Un sindicato que aspira a configurar unha alternativa unitaria no Ensino dende bases democráticas e pluralistas, e que promove a unidade de acción con outros Sindicatos e Organización progresistas.

Román atende, o ensino non se vende!
17/12/2025

Román atende, o ensino non se vende!

Hoxe en Compostela o profesorado galego está a dar unha vez máis unha lección de dignidade nesta xornada de folga para e...
17/12/2025

Hoxe en Compostela o profesorado galego está a dar unha vez máis unha lección de dignidade nesta xornada de folga para evitar a morte do ensino público.
PORQUE SOBRAN OS MOTIVOS!

Mobilízate co STEG. O 16 e 17, HAI FOLGA!
12/12/2025

Mobilízate co STEG. O 16 e 17, HAI FOLGA!

STEG e CIG Ensino péchanse na Consellería.
11/12/2025

STEG e CIG Ensino péchanse na Consellería.

Liberadas do STEG xunto con compañeiras da CIG estamos pechadas no despacho do Conselleiro esixindo que reciba aos repre...
11/12/2025

Liberadas do STEG xunto con compañeiras da CIG estamos pechadas no despacho do Conselleiro esixindo que reciba aos representantes da maioría do profesorado para negociar unha mellora real das condicións do profesorado.

03/12/2025

Vestidos de riguroso negro, los luctuosos docentes entregaron un escrito al conselleiro de Educación en una protesta de STEG y CIG. ...

03/12/2025
Hoxe as compañeiras do STEG foron entregarlle a Román as reivindicacións da folga de profesorado, ao Conselleiro parécel...
03/12/2025

Hoxe as compañeiras do STEG foron entregarlle a Román as reivindicacións da folga de profesorado, ao Conselleiro parécelle que estamos ociosas...esa é a consideración que ten das reclacións do profesorado.

STEG no 25-N. Ningunha máis!
25/11/2025

STEG no 25-N. Ningunha máis!

Dirección

Rúa Basquiños 52
Santiago De Compostela
15704

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram