Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria Páxina oficial da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Queremos espertar en tódolos profesionais de Atención Primaria de Saúde un interese polo desenvolvemento da nosa profesión, avanzar na nosa autonomía profesional, promover e mellorar os nosos coñecementos científicos, ser interlocutores coa Administración Sanitaria naqueles temas que teñan relación coa saúde e máis concretamente cos coidados de enfermaría, proxectar a sociedade unha imaxe máis acorde coa nosa valía profesional e conseguir o desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Hoxe conmemoramos o 19° aniversario da creación da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.No ano 2007 in...
14/02/2026

Hoxe conmemoramos o 19° aniversario da creación da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

No ano 2007 iniciamos este camiño sendo poucos, pero cunha enorme ilusión e cun firme compromiso coa nosa profesión e coa saúde da cidadanía. Aquela semente, plantada con esforzo e convicción, medrou ata converterse nunha organización sólida que hoxe reúne a máis de 600 profesionais comprometidos coa excelencia, coa formación continua e coa defensa da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia.

Ao longo destes anos avanzamos xuntos/as, reforzando o noso carácter formativo e reivindicativo, promovendo espazos de encontro, coñecemento e colaboración. E este novo ano preséntase cheo de novidades: novas propostas formativas, o Congreso, iniciativas profesionais e proxectos que seguirán fortalecendo a nosa voz.

Seguimos mirando ao futuro con responsabilidade e entusiasmo, preparando xa os retos e as sorpresas que nos levarán a celebrar, o vindeiro ano, o noso 20 aniversario.

Grazas a todas as persoas que forman parte desta historia e que fan posible que a enfermaría familiar e comunitaria siga medrando, avanzando e coidando

A AGEFEC é necesaria. Somos necesarias e necesarios 💪💙.

O pasado mes de xaneiro o Comité Rexional Europeo de Verificación do Sarampelo e a Rubéola, dependente da Organización M...
11/02/2026

O pasado mes de xaneiro o Comité Rexional Europeo de Verificación do Sarampelo e a Rubéola, dependente da Organización Munidal da Saúde (OMS), retiroulle a España o estatus de "país libre de sarampelo", debido ao aumento de casos, que non só se limita ao noso país senón que se tarta dunha tendencia global.

As taxas de vacinación en España mantéñense elevadas, por riba da recomendación da OMS do 95%. Neste contexto mundial, tanto unha axeitada vixilancia e detección precoz como seguir impulsando a vacinación e loitar contra a desinformación establécense como claves para revertir esta tendencia ascendente (1).

Co obxectivo de mantervos informados/as das últimas novidades sanitarias e axudarvos con información clara e sinxela de cara á inminente oposición, achegámosvos unha nova infografía dentro da serie de "Guía Rápida de...", desta volta, sobre a pauta de vacinación fronte ao sarampelo en Galicia, de acordo co Programa Galego de Vacinas vixente (2). A enfermaría de familia sitúase de novo como clave para facer fronte a esta situación, levando a cabo a revisión das cartillas vacinais, resolvendo dúbidas e achegando a vacinación á comunidade.

Agardamos que sexa do voso interese, podedes achegarnos a vosa opinión, así como suxerirnos outras temáticas sobre as que vos gustaría que elaborásemos contidos.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.



Bibliografía consultada:
1. Instituto de Salud Carlos III. ¿Qué significa que la OMS haya anunciado que España pierde el estatus de país libre de sarampión? 28 de xaneiro de 202. Dispoñible en: https://www-isciii-es.translate.goog/w/%C2%BFqu%C3%A9-significa-que-la-oms-haya-anunciado-que-espa%C3%B1a-pierde-el-estatus-de-pa%C3%ADs-libre-de-sarampi%C3%B3n-?&catId=448329,651565,651568&_x_tr_sl=es&_x_tr_tl=gl&_x_tr_hl=gl&_x_tr_pto=sc (consultado o 8 de febreiro de 2026).
2. Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles. Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Calendario de inmunización ao longo de toda a vida. Santiago de Compostela, outubro de 2023. Dispoñible en:https://www.sergas.gal/Saude-publica/Documents/7247/INS_CALENDARIO_INMUNIZACION_20-12-2024_v9%20(GA).pdf (consultado o 8 de febreiro de 2026).

Hoxe comezamos cunha serie de infografías chamada "Guía Rápida de:..." , cas cales queremos achegarvos información clara...
04/02/2026

Hoxe comezamos cunha serie de infografías chamada "Guía Rápida de:..." , cas cales queremos achegarvos información clara e sinxela sobre temáticas de interese tanto para o noso traballo como tamén de cara á preparación da vindeira oposición.

Compartímosvos unha infografía sobre a pauta actual de vacinación antineumocócica do SERGAS. Un pequeno repaso visual para ter a man e resolver dúbidas no día a día.

Deixadenos nos comentarios de que vos gustaría que versasen as seguintes publicacións😉 A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

Dende a AGEFEC queremos darvos as grazas a todos e todas os/as que nos levades proporcionado información sobre prazas va...
28/01/2026

Dende a AGEFEC queremos darvos as grazas a todos e todas os/as que nos levades proporcionado información sobre prazas vacantes para proceder á súa reconversión xa que, isto permitiunos, solicitar a reconversión de:

- 44 vacantes no ano 2024.
- 82 vacantes no ano 2025.

Se tedes coñecemento da existencia de actuais ou futuras prazas vacantes, facédenolo saber a través do noso formulario de contacto: https://www.agefec.org/web/contacto/ .

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

A semana pasada enviamos á Consellería de Sanidade un documento con Recomendacións para a captación e estabilización de ...
23/01/2026

A semana pasada enviamos á Consellería de Sanidade un documento con Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia, dentro do marco do inminente concurso específico na categoría EFeC.

Dende a AGEFEC apostamos por un plan estruturado de carácter plurianual para a reconversión de prazas, facendo un diagnóstico da situación actual e propondo as medidas que consideramos máis apropiadas de cara ao avance e consolidación definitiva da especialidade.

A continuación, achegámosvos unha infografía resumo cas nosas principais propostas. No voso correo de socios/as dispodes de máis información, incluído un Resumo Executivo do documento.

Informarémosvos das novidades ao respecto.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

22/01/2026
En xaneiro, dende a AGEFEC, poñemos o foco na promoción de hábitos saudables, non só para os noso/as pacientes, se non t...
12/01/2026

En xaneiro, dende a AGEFEC, poñemos o foco na promoción de hábitos saudables, non só para os noso/as pacientes, se non tamén para os que coidamos:

1. Unha alimentación equilibrada e sostible.

2. A práctica regular de actividade física adaptada a cada etapa da vida.

3. O coidado da saúde mental e do benestar emocional: sabías que Xaneiro Branco é unha campaña orientada á sensibilización sobre a saúde mental? Ao longo deste mes anímasenos a parar, reflexionar sobre os nosos pensamentos e emocións, e a prestar atención a como coidamos do noso benestar emocional. Porque do mesmo xeito que coidamos o corpo, tamén é fundamental atender e protexer a nosa saúde mental.

4. Fortalecemento das redes de apoio comunitario. Estos son piares fundamentais para mellorar a saúde das persoas, familias e comunidades.

Dende a enfermería de familia acompañamos nestes procesos ao longo de todo o ano, promovendo cambios realistas, sostibles e centrados nas diferentes necesidades da poboación. Un ano máis, aquí seguiremos con vós.

08/01/2026

🟢 “Necesitamos ser conscientes da importancia da enfermería nos procesos de vacinación e debemos reivindicar o noso papel”

A vacinación é unha das ferramentas máis eficaces da saúde pública e o seu éxito depende en gran medida do traballo das enfermeiras.

No distrito do Barco, Gemma Rodríguez Alvarez é a profesional responsable de coordinar a vacinación fronte á gripe, a covid e o virus respiratorio sincitial (VRS).

🗨️ “Non só é protexernos a nós, se non tamén ás persoas que nos rodean”

Falamos con ela do papel que desempeña a enfermería neste proceso esencial para a prevención e a protección da cidadanía e da importancia da campaña de vacinación para a poboación.

Como proposta formativa de final de ano e mellor comezo do seguinte, abrimos unha nova, e derradeira, convocatoria dos c...
23/12/2025

Como proposta formativa de final de ano e mellor comezo do seguinte, abrimos
unha nova, e derradeira, convocatoria dos cursos Medicarama ofertados pola AGEFEC neste 2025.
A data de inicio dos mesmos será do 22/01/26, e a data de fin do 28/02/2026.

Os 4 cursos que se ofertan son os seguintes:
1. Atención Integral ao paciente con Obesidade CFC 5,3.
2. Coidados da Muller con Menopausia CFC 6,8.
3. Coidados Paliativos CFC 12,1.
4. Valoración Xeriátrica Integral CFC 9,7.

A data de fin de preinscrición aos mesmos será do 20/01/26, inclusive.
Lembramos aos/ás que vos preinscribistes nas anteriores edicións pero que non
completastes o procedemento de pago, que no caso de que esteades interesados/as, deberedes preinscribirvos de novo.

Achegamos a ligazón para realizar a preinscrición: https://www.agefec.org/web/formulario-inscricion-cursos-agefec-2025/

Dispodes de máis información no voso correo de socios/as.

Neste tempo de Nadal, dende a AGEFEC queremos facervos chegar unha agarimosa felicitación e os nosos mellores desexos pa...
22/12/2025

Neste tempo de Nadal, dende a AGEFEC queremos facervos chegar unha agarimosa felicitación e os nosos mellores desexos para estas festas e para o ano que está por comezar.

Que o novo ano veña cargado de saúde, forza e ilusión, pero tamén de avances reais para a nosa profesión. As enfermeiras de Familia e Comunitaria seguimos a demostrar, día a día, o noso papel esencial no coidado das persoas, das familias e das comunidades, e é de xustiza que ese valor sexa recoñecido e aproveitado no sistema sanitario.

Seguiremos traballando xuntas e xuntos para defender a especialidade, visibilizar o noso labor e reclamar o espazo que nos corresponde.

Bo Nadal e próspero Ano Novo.
Unha forte aperta.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

⬆️ ⬆️ Dispodes de toda a información ao respecto no voso correo de socios/as.A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e ne...
15/12/2025

⬆️ ⬆️ Dispodes de toda a información ao respecto no voso correo de socios/as.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

⬆️ ⬆️ Ao longo do día de hoxe os socios e socias recibiredes un correo con máis información ao respecto.A AGEFEC é neces...
03/12/2025

⬆️ ⬆️ Ao longo do día de hoxe os socios e socias recibiredes un correo con máis información ao respecto.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

Dirección

Avenida Linares Rivas, 16-17, 2°
A Coruña
15005

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Categoría