03/03/2026
Un breve resumo do acto de onte no concello de Moaña: a presentación do conto “Andresiño o porco galáctico” foi un acto moi entrañábel onde sentimos a súa boa pegada nas xentes que alí estaban quen manifestáronnos a súa sorpresa e a súa ledicia polo que alí aconteceu. Aproveitamos a efeméride do Día Mundial do Benestar mental en adolescentes para reivindicar que a saúde mental compre atendela dende cedo, especialmente nestas etapas onde comezan manifestarse caseque o 50% das mesmas.
Enviamos unha especial aperta á editorial Elvira por subirse á nave espacial desta nova aventura e outra ao concello de Moaña, en especial a súa concelleira de Igualdade e benestar social, María Sanluis, por estar sempre ahí infatigable e cun sorriso nos beizos para todos nós. Por último, grazas a todolos que quixestedes coñecer de primeira man as aventuras deste porquiño extraterrestre tan singular. Moitísimos bicos a todxs.