AGAMFeC

AGAMFeC Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria A AGAMFEC busca sumar esforzos e ilusións.

A AGAMFEC é unha asociación médica científica e profesional, sen ánimo de lucro, que vela polo adecuado desenvolvemento da Medicina Familiar e Comunitaria en Galicia. É algo máis ca unha axencia prestadora de servicios ou que unha asociación defensora de intereses corporativos. Pretende reunir e representar a todo o colectivo médico de Atención Primaria e servir de canle para asumir a corresponsabilidade no proceso de mellora e modernización da nosa sanidade. A AGAMFEC quere xogar un papel fundamental no desenvolvemento da Medicina de Familia e Comunitaria e da Atención Primaria en Galicia, aglutinando aos especialistas en MFC e demais profesionais de Atención Primaria do noso país, e asumindo a súa defensa e representación. A AGAMFEC está dirixida por unha Xunta Directiva renovable cada dous anos. Articúlase en Seccións (Docencia, Investigación, PAPPS, Prensa e Relacións coa semFYC) e Grupos de Traballo, coa pretensión de canalizar a máxima participación dos seus asociados. A AGAMFEC está integrada na estructura federal da semFYC, sociedade que agrupa ás 17 sociedades autonómicas do estado, constituíndo a sociedade científica médica de maior actividade e implantación, chegando na actualidade (decembro do 2005) a reunir a máis de 17.000 profesionais de todo o estado español.

Os Comités organizador e científico das XXVIII Xornadas AGAMFEC preparamos con ilusión un programa que esperamos sexa do...
08/04/2026

Os Comités organizador e científico das XXVIII Xornadas AGAMFEC preparamos con ilusión un programa que esperamos sexa do voso agrado.

O envío dos vosos traballos é fundamental para compartir coñecementos , visibilizar o noso traballo e mellorar na nosa práctica diaria.

Envía os teus traballos (resultados e/ou proxectos de investigación, experiencias e casos clínicos), que nos inviten a debatir e sempre a aprender.

Ademáis o teu traballo fin de residencia pode ter premio.

Na páxina web das Xornadas tes as normas e as datas de envío. O prazo remata o vindeiro 19 de abril.

⏳ Aínda estás a tempo de participar.

Animate!! Non deixes as tuas comunicacións sen envíar, aprenderemos todos.

Comités Organizador e Científico das XXVIII Xornadas AGAMFEC.

agamfec.com

Un ano máis a semFYC organiza a Semana Sen Fume. Esta campaña anual enche os Centros de Saúde de accións para loitar con...
07/04/2026

Un ano máis a semFYC organiza a Semana Sen Fume. Esta campaña anual enche os Centros de Saúde de accións para loitar contra o consumo do tabaco e todos os problemas de saúde que están asociados ao mesmo.
Unha iniciativa dirixida tanto a equipos de Atención primaria como a pacientes para fomentar de maneira coordinada a loita contra o tabaquismo e a prevención dos problemas que conleva, para animar a todas aquelas persoas fumadoras a intentar deixar de fumar dado que esta decisión será a máis importante que poidan tomar pola súa saúde, actual e futura.
Pedimos a túa colaboración para deseñar accións que sexan efectivas e recoller datos relevantes da poboación fumadora.
Ata o 28 de abril pódese completar a enquisa na páxina web da Semana Sen Fume semanasinhumo.es onde tedes dispoñibles materiais de apoio e os resultados da enquisa do ano pasado.

semanasinhumo.es

📢 Mesa aberta ao público no Encuentro PACAP de Pontevedra: "Miradas y vivencias en la atención a las personas migrantes"...
06/04/2026

📢 Mesa aberta ao público no Encuentro PACAP de Pontevedra: "Miradas y vivencias en la atención a las personas migrantes".
16 de abril ás 18:45h no Salón de actos do Pazo da Cultura.
Animádevos a participar, compartindo experiencias e novas propostas para avanzar cara a unha atención máis humana.
QR de inscrición en agamfec.com

📢 Novo Curso: Códigos de emerxencias sanitarias do SERGAS o luns 4 de maio na Aula CSIS do Hospital Gil Casares de Santi...
30/03/2026

📢 Novo Curso:
Códigos de emerxencias sanitarias do SERGAS o luns 4 de maio na Aula CSIS do Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela en horario de tarde (en total 4 horas formativas).

Este curso ten como obxectivos identificar precozmente os signos e síntomas das patoloxías tempo-dependentes, estandarizar a comunicación entre niveis asistenciais seguindo os criterios do SERGAS e actualizar o manexo terapéutico inicial segundo as últimas guías clínicas integradas en cada código, dando unha visión xeral da coordinación da Atención Primaria co 061 e os Servizos de Urxencias do Hospital.

+ info e inscricións en agamfec.com

AGAMFEC, a principal sociedade dos medicos/as de familia galegos, quere amosar ante a opinión pública o seu apoio ás mob...
18/03/2026

AGAMFEC, a principal sociedade dos medicos/as de familia galegos, quere amosar ante a opinión pública o seu apoio ás mobilizacións pola Atencion Primaria que se están a levar adiante. Énchenos de orgullo comprobar que despois de tantos anos de loita pola dignidade da AP vemos o relevo nas novas xeracións de medicas de familia. É un novo pulo as reclamacions, manifestacións e folgas pasadas protagonizadas, dende a creación da especialidade, polos primeiros médicos de familia. Ver a coraxe das compañeiras pechadas no centro de saúde de Vigo merece todo o noso apoio e admiración.
A medicina de familia naceu con moitos atrancos e se graduou cun punto de rebeldía que agora recollen e amplían os novos médicos de familia. Con profesionais así de comprometidas a medicina de familia ten futuro e a consellería deberia telo en conta e deixarse de enquisas e grupos de traballo inútiles e arremangarse para tomar as medidas e o timón da Atención Primaria.

O pasado sábado 7 de marzo no Centro de Saúde de Concepción Arenal integrantes do Grupo de Traballo de Ecografía de AGAM...
17/03/2026

O pasado sábado 7 de marzo no Centro de Saúde de Concepción Arenal integrantes do Grupo de Traballo de Ecografía de AGAMFEC impartiron o curso “TALLER DE ECOGRAFÍA EN URXENCIAS” dirixido a residentes e médicos de Medicina Familiar e Comunitaria e recoñecido como Acto de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade.

Dedicámonos a practicar cos distintos ecógrafos en catro grupos reducidos con modelos reais. Os alumnos puideron mellorar as súas habilidades en ecografía aproximando esta práctica á atención dos pacientes da vida real.

Moitas grazas a todos pola vosa participación!

www.agamfec.com/grazas-pola-vosa-participacion-no-taller-de-ecografia-2026

Está aberto o prazo de envío de comunicacións ás XXVIII Xornadas AGAMFEC de 29 e 30 de maio de 2026 (A Coruña).Podes env...
20/02/2026

Está aberto o prazo de envío de comunicacións ás XXVIII Xornadas AGAMFEC de 29 e 30 de maio de 2026 (A Coruña).

Podes enviar o teu traballo nos seguintes apartados:
→ Resultados de Investigación
→ Proxectos de investigación
→ Comunicación de experiencias de interese (comunitarias, docentes…) no ámbito da Atención Primaria
→ Casos clínicos de especial interese no ámbito da Atención Primaria

+ info e instruccións en agamfec.com

Os próximos 16 e 17 de abril celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o XXIII Encuentro PACAP da semFYC baixo o lema...
17/02/2026

Os próximos 16 e 17 de abril celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o XXIII Encuentro PACAP da semFYC baixo o lema Territorios que cuidan, entornos que sanan, unha cita de referencia para todas as persoas implicadas na saúde comunitaria.

Moitos compañeiros de AGAMFEC teñen preparados obradoiros e actividades de promoción da Atención Comunitaria seguindo as tres liñas do encontro:

1- O urbanismo como contorna promotora de saúde: Oportunidades que as cidades e o ámbito rural teñen á hora de xerar contornas promotoras de saúde, facendo fincapé na sustentabilidade, a mobilidade e as brechas de acceso dos devanditos espazos.

2- Espazos que integran, comunidades que enriquecen, experiencias que sandan: Indagarase nas calidades daqueles espazos transformadores que promoven comunidades participativas e integradoras e como podemos servirnos delas para promover experiencias que sandan.

3- Xustiza social e políticas públicas: que foi da Saúde en todas as políticas? Vivenda, economía, educación, accesibilidade, medio ambiente… todo desde a lente da Saúde en todas as políticas.

Non o dubides e apúntate!
encuentropacap.semfyc.es

Día Mundial da Acción fronte ao Quecemento Terrestre28 de xaneiro Nos últimos anos oímos falar do quecemento terrestre, ...
28/01/2026

Día Mundial da Acción fronte ao Quecemento Terrestre
28 de xaneiro 
Nos últimos anos oímos falar do quecemento terrestre, pero poucas persoas saben explicar que é, en que consiste e que importancia ten, dunha maneira fidedigna. Ademais nestes tempos existen moitas fake news sobre este asunto e outro tanto delas directamente negan este gravísimo problema.
E o máis importante de todo é que a maioría das persoas cre que pouco a nada pode facer para revertelo.
Neste artigo imos explicar brevemente estas cuestións dende a óptica do sector Sanitario (responsable de máis do 4% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro) e intentar sinalar cómo podemos reducir a contaminación atmosférica.

Isabel Barrio
Grupo de traballo de Saúde Planetaria de AGAMFEC

Consulta o documento completo en agamfec.com

Aberto o prazo de inscrición no taller presencial do sábado 7 de marzo no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago ...
23/01/2026

Aberto o prazo de inscrición no taller presencial do sábado 7 de marzo no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago de Compostela en horario de 09:30h a 13:30h (en total 4 horas formativas).

Este obradoiro ten como finalidade o adestramento no emprego da ecografía no ámbito da atención en Urxencias.

Ofrecerá aos asistentes a oportunidade de facer exploracións ecográficas reais, con modelos reais, e manexar equipos e sondas nas condicións habituais da práctica clínica en Urxencias. Require a participación activa do alumnado.

Dirixido por Vicente Fernández Rodríguez, coordinador do Grupo de Traballo de Ecografía de AGAMFEC.

+ INFO E INSCRICIÓNS en agamfec.com

Dirección

Rúa Menéndez Pelayo 32-34
Vigo
36211

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:00
Martes 10:00 - 13:00
Miércoles 10:00 - 13:00
Jueves 10:00 - 13:00
Viernes 10:00 - 13:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando AGAMFeC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a AGAMFeC:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Categoría