CIM Mancomunidade de Santa Águeda

CIM Mancomunidade de Santa Águeda Atención Xurídica, Psicolóxica e dinamización en igualdade da Mancomunidade de concellos Santa Águeda

O CIM da Mancomunidade de Santa Águeda é un servizo que se crea co fin de informar, orientar e asesorar ás mulleres da Mancomunidade de Santa Águeda sobre calquera cuestión que lles suscite dúbidas ou curiosidades, en definitiva, facilitarlles información e asesoramento rápido, individualizado e gratuíto, sobre aspectos xurídicos, sociais e psicolóxicos, que lles permitan o exercicio e desenrolo dos seus dereitos. PRINCIPIOS QUE REXEN O CIM:
- Anonimato
- Gratuitidade
- Respecto á vontade da persoa
- Confidencialidade

SERVIZOS DO CIM:
- ASESORAMENTO XURÍDICO: en diferentes áreas como a familiar (separacións, divorcios, herdanzas, impago de pensións de alimentos, violencia de xénero...); laboral, civil e outras cuestións administrativas.

- ASESORAMENTO PSICOLÓXICO: que pode consistir en intervencións terapéuticas: individuais, de parella ou familiares, asistencia e acompañamento psicolóxicos, intervencións en situacións de risco, atención a vítimas de violencia de xénero, entre outros.

- ASESORAMENTO SOCIAL: acerca de prestacións e recursos sociais, convocatorias de axudas económicas, etc., nas diferentes áreas de actuación: saúde, emprego, vivenda, formación, conciliación, ocio e tempo de lecer, violencia de xénero..., así como a tramitación e xestión destes recursos.

- HORARIO:
Horario de atención ó público: de luns a venres de 8:00 a 16:00 h
Horario de atención psicolóxica: de luns a venres de 9:00 a 13:00 h
Horario de asesoría xurídica: de luns a venres de 9:00 a 13:00 h

Acción subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo 2014-2020 segundo a Resolución do 8 de outubro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións ás entidades locais da Comunidade Autonóma de Galicia para a promoción da igualdade.

💜💜💜
01/04/2025

💜💜💜

El delegado territorial de la Xunta, Manuel Pardo, participó en el acto en Vilamarín

🟣Onte o noso CIM, como cada ano, entregou os premios do quinto certame do noso concurso de debuxo en igualdade "Enchemos...
01/04/2025

🟣Onte o noso CIM, como cada ano, entregou os premios do quinto certame do noso concurso de debuxo en igualdade "Enchemos de cor a Mancomunidade", á cativada de artistas dos catro concellos, que este ano estiveron moi repartidos entre o CPI Antonio Faílde de Cambeo, con alumnado de Concello de Coles e Concello de Vilamarín, o CEIP Ramón Otero Pedraio de Concello de Amoeiro, e o CEIP Roberto Blanco Torres de Concello de A Peroxa.
Moitas grazas ós representantes municipáis, alcaldes e concelleiras/os, ó profesorado e orientadoras dos diferentes centros educativos, ás nais e pais dos artistas premiados, e especialmente ó Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, por acompañarnos e pola implicación na labor de sensibilización da igualdade, desde os máis pequenos/as.
Tamén queremos destacar os fermosos debuxos dos gañadores/as, pero tamén de todo o alumnado que demostrou en cada ilustración, ademáis dun gran talento, o camiño para un futuro máis xusto e igualitario 💜.

A pasada semana estivemos no Ceip Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro, no Concello de Amoeiro, e tamén no CPI Antonio Faílde ...
17/03/2025

A pasada semana estivemos no Ceip Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro, no Concello de Amoeiro, e tamén no CPI Antonio Faílde de Cambeo, con alumnado de Concello de Coles e Concello de Vilamarín, para facer o contacontos "O País dos Mandóns", e a cativada argallou as súas propias leis da gualdade, e a sús propia Constitución para contribuir na construcción dunha sociedade libre de prexuízos e máis xusta.
Moitas grazas ao profesorado e nenos e nenas pola súa implicación 💜.

13/03/2025
13/03/2025

asas

13/03/2025

Dirección

Villamarín

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIM Mancomunidade de Santa Águeda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram