Son Ilenia Canoura e axudo a estudar. Cos meus servizos de asesoría educativa os estudantes serán
26/02/2026
Técnicas e estratexias hai moitas, pero a ti vanche funcionar unhas mellor ca outras.
Non cremos en solucións máxicas, senón en atopar a túa clave particular para mellorar o estudo de forma significativa. Solicita a túa cita e avaliaremos o teu caso de forma individual para deseñar o plan que mellor se adapte ás túas circunstancias.
¡Empecemos hoxe!
Contacta no 605 482 918
25/02/2026
¿Presencial ou Online? Ti elixes.
Queremos que non teñas escusas para comezar. Por iso, as nosas sesións semanales son totalmente flexibles:
• Ao teu ritmo: As sesións que necesites.
• Á túa hora: Elixe o horario que mellor che veña.
• Onde queiras: Opción presencial ou online sempre dispoñible.
O método adáptase á túa vida, para que ti só te preocupes de progresar.
Contáctame no 605 482 918
24/02/2026
Ler e repetir unha e outra vez é agotador e pouco eficaz. Nós apostamos por estratexias activas de estudo para que logres unha aprendizaxe significativa.
O obxectivo é que logres lembrar mellor o que les e, polo tanto, que teñas que dedicar menos tempo a repasar. ¡Estuda de forma intelixente, non sufrida! 🧠
Presencial e online.
Contáctame no 605 482 918
23/02/2026
Moitas pais nos din: "Antes non o facía nin estando eu pendente".
Ese foi o caso dun alumno de 1º de ESO que, tras pasar polo programa, conseguiu organizarse só e levar todo ao día.
O maior alivio para unha familia é poder dicir: "Agora despreocúpome", porque saben que o seu fillo é autónomo no estudo.
Se queres conseguir estes resultados contáctame no 605 482 918
21/02/2026
Sentes que o día non ten suficientes horas?
O problema soe estar na planificación. Parte do noso método consiste en ensinarche a organizar o teu tempo e as túas actividades de forma realista. Aprenderás a calcular o tempo que necesitas para cada tarefa, evitando as maratóns de última hora.
Toma o control da túa axenda! ⏳
Contáctame no 605 482 918
Presencial e online
20/02/2026
O orgullo de estudar ben.
A xestión emocional é, para nós, a clave de todo. Non se trata só de sacar un 10, senón de sentir orgullo polo teu propio traballo.
Cando aprendes a manexar as túas emocións, o estudo deixa de ser unha carga e convértese nun proceso que ti lideras.
Cando foi a última vez que te sentiche orgulloso da túa xornada de estudo?
Se precisas axuda contáctame no 605 482 918
Presencial e online
19/02/2026
Caso de éxito: Da ansiedade á seguridade
É posible pasar de estudar toda a tarde con agobio a ter éxito con só unha hora e media? Si.
Unha das nosas alumnas de 1º de Bacharelato logrouno: pasou de suspender ou sacar un cinco, a traballar con constancia e, sobre todo, a ir TRANQUILA E SEGURA aos exames; o que supuxo un incremento nas notas.
A clave non é estudar máis, senón estudar mellor.
Contáctame no 605 482 918
18/02/2026
A veces, o maior obstáculo non é o tema difícil, senón as poucas gañas de abrir o libro.
Neste programa, cremos que a motivación é o motor do cambio.
Queremos que te poñas a estudar con máis ganas, que te aburras menos e que descubras que es moito máis capaz do que pensas.
Fai que o teu estudo teña sentido!
Solicita a túa cita no 605 482 918
17/02/2026
Que fai diferente a 'Estudiar con sentido'?
Baseámonos en tres pilares fundamentais:
1. Personalización absoluta: O método adáptase a ti e ás túas circunstancias, non ao revés.
2. As túas fortalezas: Non nos centramos só no que fas mal, senón en potenciar o que se che dá ben.
3. Autonomía: O obxectivo é que ti sexas o protagonista e responsable do teu estudo sen depender de ninguén máis.
Estás listo para descubrir do que es capaz?
Presencial e online
Contacta no 605 482 918
16/02/2026
O noso método non é "café para todos". Está deseñado para adaptarse a diferentes retos:
• ESO, Bacharelato e Universidade: Para quen busca organizar o seu tempo e mellorar a concentración.
• Opositores: Para quen necesita crear recordos duradeiros e manter a motivación a longo prazo.
• Familias e docentes: Para aqueles que queren axudar a que os seus fillos ou alumnos aproveiten mellor o tempo con recomendacións prácticas para casa e a aula. Sexa cal sexa a túa etapa, hai un lugar para ti aquí.
15/02/2026
¿Sentes que estudar non é o teu? A veces a frustración fainos crer que non temos capacidade, pero a realidade é outra: non hai malos estudantes, só persoas que non saben estudar ben.
No noso programa integral, axudámosche a solucionar os teus problemas de estudo en só 2 meses, optimizando o teu proceso con estratexias que realmente funcionan. ¡É hora de cambiar a túa perspectiva! 🚀
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ilenia Canoura - Educación publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.
Boas! Son Ilenia Canoura, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e cun máster en Psicopedagoxía da “Universidad Internacional de La Rioja”.
Estou certificada en Disciplina Positiva en familia e aula pola Positive Discipline Association e formo parte de Disciplina Positiva A Mariña.
Son una persoa en continua formación e gústame aprender sobre diferentes temáticas.
Abrín o meu propio centro psicopedagóxico no 2016 para axudar a que as nenas e nenos teñan éxito educativo, sen deixar de lado a parte emocional. Non concibo atender as áreas académicas sen ter en conta o conxunto da persoa.
A miña lingua materna é o galego, pero non o galego normativo; polo que ás veces exprésome de xeito non oficial. Gústame saber e poder comunicarme en distintas linguas tanto para poder chegar a diferentes persoas como para enriquecerme a min como persoa e ao meu cerebro (que estea activo).