12/11/2025
Entre o cómico e o tráxico, “Helena” propón unha viaxe polo absurdo dos deuses e a astucia dos mortais. Unha historia de amor, guerra e identidade, onde o destino se confunde coa farsa e o riso nace da traxedia.
📅 Domingo, 16 de novembro
📍 Auditorio Municipal de Ribeira (Galicia)
🕗 20h
No marco do Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia — FITAGAL.
Sinopse:
Un pomo dourado cae nun banquete de deuses como faísca no feno. Despeitada por non ser convidada, a deusa da discórdia lanzao coa inscrición “á máis fermosa”. Hera promete poder, Atenea gloria; Afrodite susurra ao troiano Páris – entón pastor, ignorante da súa ascendencia real – a promesa máis perigosa: Helena, a muller máis fermosa. Páris escolle Afrodite.
Anos despois, xa recoñecido como príncipe, Páris é recibido en Esparta baixo a hospitalidade sagrada. O rei Menelao auséntase por un día; basta ese intervalo para que o destino se cumpra. As versións diverxen – sedución ou rapto, feitiço ou vontade –, pero o xesto é o mesmo: Helena embarca rumbo a T***a e, con ela, parten caixóns, perfumes e rumores. Traizoado, Menelao invoca o Xuramento de Tíndaro e reúne os reis gregos; cando a frota por fin se solta, leva máis que ferro e lanza, leva a idea de que un rostro pode mover exércitos.
Porén, hai quen conta outra historia: a de Eurípides. Nesta adaptación, só o fantasma de Helena chega a T***a; a verdadeira, intacta, e a verdadeira, intacta, agarda por Menelao no Exipto, baixo tutela do finado rei, mentres o seu fillo, Teoclímeno, quere tomala por esposa. Anos despois, Menelao naufraga no Exipto e atópaa. Entre o cómico e o tráxico, Helena deféndese polo seu nome: a súa astucia será a única arma para enganar o rei e escapar desta farsa divina, mentres os deuses, ao lonxe, ríen dos mortais.
🎭 Ven e acompáñanos nunha noite onde mito e rito convértense en escena. Esperámoste!