Plataforma galega de afectados pola hepatite c

Plataforma galega de afectados pola hepatite c Asociación galega que articula a loita polos dereitos sanitarios, e a asitencia dos enfermos da hepatite C.

A Asemblea Xeral Extraordinaria da asociación decidiu por unanimidade a disolución da Plataforma, unha vez que todos os ...
22/05/2022

A Asemblea Xeral Extraordinaria da asociación decidiu por unanimidade a disolución da Plataforma, unha vez que todos os obxectivos polos que se consituíu e que foron a base da súa loita foran acadados.
Foron anos de loita decidida, ás veces moi difícil, cheos de momentos duros, mais tamén de cariño, solidariedade e apoio mutuo. De loitar pola vida, a dignidade e a xustiza. Estamos, xa que logo, moi contentas de poder pór un punto e final á nosa actividade reivindicativa.
A asemblea acordou tamén por unanimidade facer doazón dos seus fondos á Asociación de Nenas e Nenos diabéticos de Galicia (ANEDIA) e á Federación Galega de Enfermidades Raras (FEGEREC).
Podedes ler o texto completo do comunicado de disolución nesta ligazón: https://drive.google.com/file/d/1ak3-2Zn8P6r8vOFyC3GB3C-nGPmFltAe/view?usp=sharing

Hoxe coñecemos o auto de arquivo ditado pola Audiencia Provincial da Coruña das dilixencias que se segu´ñian contra alto...
03/12/2020

Hoxe coñecemos o auto de arquivo ditado pola Audiencia Provincial da Coruña das dilixencias que se segu´ñian contra altos cargos do SERGAS polamorte de pacientes de Hepatite C. A nosa dor, a das familias das vítimas non será en van. Non conseguimos que se fixese xustiza mais, estamos seguras, contribuimos a evitar que cousas coma as que sucederon poidan volver repetirse.
Na ligazón podedes ler o comunicado que emitimos valorando o auto.

Desde a Plataforma congratulámonos por este recoñecemento a unha investigación que permitiu acabar por atopar unha soluc...
06/10/2020

Desde a Plataforma congratulámonos por este recoñecemento a unha investigación que permitiu acabar por atopar unha solución farmacolóxica a unha enfermidade que mata máis de 400.000 persoas anualmente no mundo. Alégranos especialmente que o premio recoñeza a investigación básica (feita, como moitas veces sostemos, maiormente no sector público) e non ao que pode parecer moito máis rechamante descubrimento da primeira molécula (Sofosbuvir) antiviral de acción directa contra o virus da Hepatite C (VHC). Hai que lembrar que os descubridores desta xa foron sobradamente compensados (Pharmaset, o laboratorio que desenvolveu o fármaco foi vendido ao xigante farmacéutico Gilead por 11.000 millóns de dólares) por unha industria que comercializou con voraz avaricia o remedio, lonxe de calquera criterio humanitario.
Ese recoñecemento dá pe a lembrar que nos atopamos diante dunha enfermidade que, grazas aos avances que permitiu a investigación dos premiados, podería ser erradicada (algo que só sucedeu na historia con otro virus: o da viruela). Mais para iso é preciso facer plans de cribado dunha enfermidade transmisible que moitos dos seus portadores aínda non son conscientes de padecer. Reclamamos políticas activas de cribado poboacional e, como primiero paso, que o SERGAS comece a localización de máis de 1.100 doentes diagnosticados aos que se perdeu o seguimento desde os servizos especializados das diferentes áreas de Galicia, tal e como xa está incorporado ás estratexias do Plan Estratéxico estatal.
Podemos acabar coa Hepatite C e este Premio Nobel ven lembrárnolo.

El Instituto Karolinska ha reconocido el trabajo de los virólogos estadounidenses Harvey J. Alter y Charles M. Rice y el británico Michael Houghton

Toda a nosa solidariedade para as compañeiras e compañeiros da Plataforma Victimas del tren Alvia de Santiago de Compost...
23/09/2020

Toda a nosa solidariedade para as compañeiras e compañeiros da Plataforma Victimas del tren Alvia de Santiago de Compostela

Les atribuye 80 homicidios imprudentes y 144 delitos de lesiones. La causa se reabrió en noviembre por la denuncia del borrado de averías de un exempleado de Talgo, pero el juez cree que no hay pruebas que lo demuestren y que, en cualquier caso, no tendrían incidencia en el accidente

07/04/2020

Nós sabemos mellor que case ninguén o valor do voso traballo. Coñecemos como suplistes e suplides coa vosa entrega e esforzo as carencia de medios a que algúns vos condenaron. Nós sabemos como case ninguén que OS RECORTES MATAN.
Por iso a nosa homenaxe agradecida ás mulleres e os homes que nos coidades na Sanidade Pública neste

O domingo estamos todas e todos convocados a manifestarnos ás 12:00 horas na Alameda de Compostela en defensa da Sanidad...
05/02/2020

O domingo estamos todas e todos convocados a manifestarnos ás 12:00 horas na Alameda de Compostela en defensa da Sanidade Pública. É necesario que nos mibilice3mos para evitar o seu deterioro e desmantelamento

Para q unha desfeita como a que sufrimos as e os doentes de hepatite C non se repita é preciso saber q fallou e quen foi...
29/01/2020

Para q unha desfeita como a que sufrimos as e os doentes de hepatite C non se repita é preciso saber q fallou e quen foi responsable do acontecido. Iso é o q esperamos da xustiza e por iso seguimos percorrendo o seu intrincado camiño. A memoria das e dos q non sobrevivieron non merecen menos e a saúde do conxunto da ciudadanía merece moito máis.

Plataforma e Ministerio Público presentan recurso despois de que o xuíz desestimase o de reforma presentado polos afectados e insisten en que hai indicios dabondo para que se abra xuízo oral. 

Recuperamos esta entrada de hai 4 anos da nosa compañeira Xulia Alonso. Tan actual hoxe coma daquela porque reflicte a p...
09/12/2019

Recuperamos esta entrada de hai 4 anos da nosa compañeira Xulia Alonso. Tan actual hoxe coma daquela porque reflicte a política que seguía para administrar os tratamentos:

"Eu maldígote, Felix Rubial Bernárdez.
Hai xusto un ano asinabas a notificación pola que se me denegaba o acceso ao tratamento contra o virus da hepatite C que o meu médico especialista tramitara semanas atrás. A xustificación para tal negativa foi (literalmente) que “a solicitude de inicio de tratamento NON CUMPRE os requisitos para iniciar esta terapia por: segundo os datos clínicos refectidos na documentación, a función hepática do paciente se correspondería cun Child-Pugh A5”.
Ser portadora do VHC durante máis de 20 anos, unha cirrose hepática, dúas hemorraxias internas provocadas por varices esofáxicas, un infarto no bazo, unha encefalopatía hepática… non foron suficientes para “cumprir os requisitos” e poder optar á posibilidade de eliminar ese virus ca**ón do meu corpo. O criterio do meu médico especialista foi fulminado por unha subcomisión, daquelas anónima, que ti presidías como Director Xeral de Asistencia Sanitaria.
E como tal, asinaches o veredicto, Felix Rubial.
A dor, a angustia, o medo, o terror e a ira que que vivín desde ese momento, non chos perdonarei no que me quede de vida. Os meses de durísimo combate que compartín con centos de doentes a as bágoas que saíron dos nosos ollos mentres arrastrabamos o no noso ferido corpo polas rúas de todo o territorio galego berrando para reclamar o dereito constitucional á protección da nosa saúde non teñen perdón; por non falar dos mortos, que deberían pesarche na conciencia, se a tiveras.
Pero hai algo máis que perdurará no tempo como consecuencia desa sinatura túa estampada en cada ditame de denegación: a percepción xeralizada, non só entre os doentes, do sistema sanitario como un obstáculo. E iso NUNCA se producira dunha forma tan agresiva. Se hai algo que sostén a unha persoa cando se enfronta á sensación de vulnerabilidade que provoca a enfermidade é sentir que ten acceso as ferramentas necesarias para loitar contra a ela, e iso é o que a Sanidade Pública representou SEMPRE.
Podes escudarte en que as decisións se tomaron por persoas con máis xerarquía que a túa, ou que contabas co “aval” de expertas e expertos. Pero quen asinou o documento que aínda hoxe arrepía o meu corpo foches ti. É unha sinatura é algo máis que un garabato. Se non, pregúntallo aos preferentistas!
Non só contas co meu desprezo. Tamén coa miña maldición, Felix Rubial Bernárdez."

Hoxe Praza Pública publica máis datos dos recursos interpostos.
05/12/2019

Hoxe Praza Pública publica máis datos dos recursos interpostos.

O Ministerio Fiscal e a plataforma entenden que o xuíz pechou a causa malia haber "indicios suficientes" de posibles delitos, que é o que se busca na fase de instrución, e tras cometer "erros técnicos" no auto.

A Fiscalía coincide connosco en que hai elementos suficientes na instrución para que os feitos sexan xulgados. Agora toc...
04/12/2019

A Fiscalía coincide connosco en que hai elementos suficientes na instrución para que os feitos sexan xulgados. Agora toca esperar tanto a resposta do xuíz ao noso recurso de reforma como a decisión da Audiencia Provincial.

La Fiscalía y la plataforma de afectados han recurrido el archivo de las actuaciones respecto a los cargos del Sergas --Félix Rubial y Carolina...

Hoxe Nós tv entrevistou ao noso compañeiro Quique Costas. Nela dá algunhas claves do auto de arquivo do sumario e respos...
29/11/2019

Hoxe Nós tv entrevistou ao noso compañeiro Quique Costas. Nela dá algunhas claves do auto de arquivo do sumario e resposta á esixencia do PP de que se lle pidan desculpas.

Quique Costas senta ante as cámaras de Nós Televisión para avaliar o punto no que se atopa a loita das afectadas

No día de hoxe coñecemos o auto dictado polo maxistrado titular do Xulgado de instrución no3 de Santiago de Compostela d...
27/11/2019

No día de hoxe coñecemos o auto dictado polo maxistrado titular do Xulgado de instrución no3 de Santiago de Compostela decretando o arquivo provisional da causa que se instruía nese xulgado desde hai 3 anos e 8 meses en relación coa morte de pacientes a quen se lle atrasara inxustificadamente a ispensación de tratamentos para a Hepatite C.
En opinión da plataforma, pendentes de estudar en profundidade o auto de 24 páxinas, este arquivo e as razóns que no mesmo se expoñen por parte do Instrutor non se corresponden co que se viu evidenciando no
transcurso do procedemento aberto no xulgado. Por iso, a Plataforma anuncia a súa intención de presentar recurso contra este auto de arquivo provisional.
Por último, desde as Plataforma de Afectados pola Hepatite C de Galicia queremos manifestar a nosa total solidariedade coas familias das vítimas e reafirmarlles o noso compromiso de continuar loitando ata o fin porque se esclarezan as circunstancias da súa morte de xeito que se fag xustiza e poidan ser reparadas.
Queremos, tamén, agradecer publicamente o traballo de firme defensa do coñecemento da verdade feito pola Fiscal do caso.

O instrutor non considera probado máis de tres anos e medio despois de iniciarse o caso que “o falecemento dos doentes lles sexa imputable causalmente aos investigados

Endereço

Encarnação

Website

Notificações

Seja o primeiro a receber as novidades e deixe-nos enviar-lhe um email quando Plataforma galega de afectados pola hepatite c publica notícias e promoções. O seu endereço de email não será utilizado para qualquer outro propósito, e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Entre Em Contato Com A Prática

Envie uma mensagem para Plataforma galega de afectados pola hepatite c:

Compartilhar

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram